domingo, 25 de febrero de 2018

CONFERENCIA SOBRE O PATRIMONIO LÚDICO GALEGO. RELATOR: PACO VEIGA



Paco Veiga:  Investigador do patrimonio lúdico galego, membro da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional  e de Nova Escola Galega e  Profesor de Lingua e Literatura Galega do IES Melide,  achegouse desinteresadamente ao noso cole para presentarnos os seus traballos sobre o patrimonio lúdico galego, o valor dos xogos na construción da identidade e as posibilidades de traballar para que o alumnado coñeza os xogos tradicionais  e tratar de recuperalos.


    O noso Centro considera de gran importancia promover un sinxelo traballo de investigación que procure a recolleita dos xogos da contorna .

    Grazas aos membros da Asociación que o acompañaron