domingo, 7 de febrero de 2016

A NOSA PEQUENA HOMENAXE AOS REFUXIADOS

"Desde a Convención de 1951, seguida do Protocolo de 1967, as nacións participantes contraeron o compromiso de proporcionarlles asilo humanitario ás mulleres e homes, nenos e nenas que o precisen e soliciten. A día de hoxe, a maioría dos estados membros da Unión Europea, así como o resto de potencias internacionais con capacidade de acollida, non cumpre con estes tratados, e por consecuencia tampouco coa Declaración Universal dos Dereitos Humanos (1948), como deixou ver en 2015 a denominada “crise dos refuxiados sirios”.

PORQUE DESEXAMOS QUE ESTES TRATADOS SE CUMPLAN VAIA A NOSOA HOMENAXE A TODAS AS PERSOAS QUE UN BO DÍA TEÑEN QUE ABANDONAR POR DIFERENTES MOTIVOS TODO O QUE TEÑEN  EN BUSCA DUNHA MANEIRA MELLOR DE VIDA PARA ELES E OS SEUS FILLOS/AS. DENDE O MÁIS PROFUNDO DOS NOSOS CORAZÓNS. 
                                       A COMUNIDADE EDUCATIVA DO C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO.

CADA AULA ELABOROU LIBREMENTE UN TRABALLO PLÁSTICO NUN ANACO E MADEIRA PARA FACER  ESTE PEQUENO MONUMENTO AO REFUXIADO.