miércoles, 10 de diciembre de 2014

TRADICIÓN ORAL EN NOVEMBRO E DECEMBRO

                        


A avoa de Andrés Barreiro alumno de 2º , a Sra. María, ten unha sabedoría infinita sobre o mundo da agricultura. De profesión coma ela mesma di agricultora adicou toda a súa vida ao traballo da terra e  froito da experiencia de tantos anos é unha enciclopedia viva nesta materia. Ela contestou amablemente á nosa chamada e visitounos no colexio. Previamente o alumnado de 2º preparou unha enquisa sobre todo o que desexaban saber  sobre o mundo das plantas ao que ela contestou cun sorriso amable e cheo de tenrura. Explicounos como se plantaban as cebolas, as leitugas, os tomates, as cenorias... cando se recollían, como tiña que estar preparada a terra, a época mellor para sementer "POLO SAN VICENTE BÖTASE A SEMENTE" repetía, a influencia da lúa, as ferramentas utilizadas... e toda unha chea de cousas que fixeron que o alumnado disfrutase unha hora escoitando todo o que tiña que transmitir. Recolleu finalmente o diploma de participación outorgado polo Centro brindándose a participar sempre que así o requeriramos. Moitas grazas Sra María por estar tan preto de nós e polas súas ensinanzas.