domingo, 5 de enero de 2014

ESCOLA CREATIVA


 MANUEL MIGUÉNS, COMPAÑEIRO EN PRÁCTICAS NO NOSO COLE FOI O PROMOTOR DESTE PROXECTO INNOVADOR NO NOSO CENTRO


 
Pretendemos,a través  desta iniciativa, a exploración e experimentación doutras posibilidades de facer escola. Isto é, doutras formas de vivir o centro e a aula, que nos permitan coñecernos e entendernos mellor, aprender mellor, ensinar mellor e convivir mellor, a partires da creatividade, da reflexión, da diversidade de motivacións e intereses persoais, da transformación da realidade que nos rodea e de moitas ganas de pasalo ben. O proxecto escolacreactiva é, en resumo, unha pequena e humilde aproximación transversal cara a incorporación e integración curricular de aspectos tan importantes como a creatividade, a intelixencia emocional, a autonomía, o pensamento crítico ou a procura dunha utópica felicidade sostible, tentando de reactivar, se cabe aínda máis, a vida do noso centro, en base a reflexionar, actuar e, tamén, a divertirnos. Con este obxectivo, serán unha constante no desenvolvemento deste proxecto ferramentas pedagóxicas como:  
  • O uso das artes como vehículo para unha aprendizaxe interdisciplinar.  
  • A procura de comportamentos creativos, buscando a orixinalidade dentro das motivacións máis íntimas e persoais.
  • A fabricación e posta en marcha de situacións orixinais e insólitas que provoquen expectación, diversidade de reaccións e emocións, sobre as cales reflexionar.
  • A estreita colaboración entre mestr@s de distintas áreas curriculares (e mesmo de diferentes ciclos) co obxecto de desenvolver experiencias de ensino globalizado, fomentando as relacións interpersoais e a mellora da convivencia.(Texto e fotografías Manuel MIguéns)