mércores, 26 de febreiro de 2025

APRENDENDO A SER XORNALISTAS

 O alumnado do 2° ciclo tivo a sorte de poder escoitar a Eladio G. Lois, ex alumno do noso centro e xornalista coordinador do Diario de Compostela. Esta rapazada está elaborando un xornal na aula para a semana da prensa polo que Eladio resolveu todas as dúbidas de como facer un xornal ou en que consiste a profesión. Esta actividade será publicada no diario de Compostela. Mil grazas, Eladio por volver ó teu cole para colaborar con nós. 

Preme na imaxe




🗣 O responsable de Diario Compostela, @eladiolois, estivo este martes no @ceip_agromuino para compartir co alumnado o labor que se leva a cabo desde o xornal

👉 Ademais, coa idea de fomentar o interese polo xornalismo entre as novas xeracións, presentou a proposta dun concurso froito da colaboración co profesorado e a dirección do centro

1️⃣ Por grupos, o estudantado que participa na actividade enviará á nosa redacción unha nova relacionada coa actualidade compostelá.

2️⃣ O equipo de Diario Compostela elixirá a que mellor se adapte aos criterios xornalísticos que foron explicados polo coordinador do medio no faladoiro.

3️⃣ Despois de ser revisadas, publicaranse nesta mesma web firmadas polos estudantes gañadores.

📅 A nova gañadora publicarase o vindeiro 5 de marzo

🖊 Grazas polo convite, polo interese e por permitirnos coñecer a esa gran xeración de xornalistas que teremos nuns anos!

Preme na imaxe para ver a noticia


AQUÍ TES O RESULTADO DA NOTICIA GAÑADORA

martes, 25 de febreiro de 2025

DÍA DE ROSALÍA

 

O día 23 de febreiro, celebramos o "Día de Rosalía",  nacida en Santiago de Compostela (1837-1885), e que pasou os primeiros anos de vida aquí en Ortoño, coas súas tías.
É a escritora galega máis recoñecida a nivel mundial tanto pola súa poesía como polas súas novelas.

No noso centro, o luns 24 de febreiro, fixemos unha gala na súa honra !
Presentación de Canva deseñada por Iria e Candela.

Preme na imaxe

Nas aulas traballamos a figura desta gran escritora a través de diferentes actividades ...

Preme na imaxe

E ademais, pola tarde, o alumnado de 5º e 6º de E.P participou na "Gala de Rosalía" que organiza o Concello de Ames.
Nesta Gala participaron todos os centros educativos de Ames, a asociación cultural de Bugallido, Anxo Angueira, Uxía Senlle e Santi Cribeiro, Xabier Estévez,...
Foi unha Gala moi fermosa donde se homenaxeou por todo o alto a figura da nosa Rosalía de Castro.

Preme na imaxe

O alumnado polo Día de Rosalía de 5º e 6º Curso de E.P. presenta neste podcast a súa versión do poema "Adiós ríos, adiós fontes" o cal transformaron nunha muñeira.

PREME NA IMAXE




domingo, 23 de febreiro de 2025

DÍA DE ROSALÍA, CANCIONEIRO POPULAR GALEGO

O alumnado polo Día de Rosalía de 5º e 6º Curso de E.P. presenta neste podcast a súa versión do poema "Adiós ríos, adiós fontes" o cal transformaron nunha muñeira.

venres, 21 de febreiro de 2025

FALADOIRO DO MUÍÑO 16

 FALADOIRO " O PEIXE GLOBO"

Os papás de Iván estiveron  na aula para facer un experimento sobre o peixe globo. Trouxéronnos a PUFI ( un peixe globo) e  contáronnos un conto no que este era o protagonista e onde se poñía en valor a importancia de compartir.  
Poidemos coñecer algunhas curiosidades deste peixe e  comprobar como se inflan  golpeando globos que contiñan unha mestura de bicarbonato e vinagre. 

Foi moi divertido!! 

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Preme na imaxe



mércores, 19 de febreiro de 2025

NOVA INSTALACIÓN DA RADIO AGROONDA

Coas obras de ampliación da biblioteca, agora  a nosa Radio Agroonda, sitúase nunha nova peixeira situada nun recanto da nosa biblio.








venres, 14 de febreiro de 2025

FALADOIRO DO MUÍÑO 15

 FALADOIRO : " A PESCA NOS RÍOS"

O día 14 de febreiro  tivemos un faladoiro co avó de Valentina, que nos contou unha morea de cousas sobre os ríos, a pesca neles, diferentes peixes dos ríos galegos,.....

Tamén nos falou dos variados tipos de embarcacións e os seus usos e  do ciclo da auga. Despois poidemos practicar a pesca con diferentes xogos que nos trouxo. 

Moitas grazas pola túa colaboración.

Preme na imaxe



Retos do MODO GALEGO ACTÍVAO!

 Aquí quedan recollidos algúns dos retos plantexados dende 

e que recolleu o noso Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

Estes retos, en concreto, están relacionados coa expresión escrita e oral en Galego.

RETO 7:  Por moitas voltas que dea o mundo, a nosa lingua non se traba, por iso fomos quen de crear unha chea de trabalinguas ben xeitosos cos que podemos exercitar a lingua e botar unhas risas.

O reto de hoxe foi  traer aprendido un trabalinguas e compartilo co resto da aula. Tamén se podían traer as máis orixinais e divertidas adiviñas.

RETO 8: A xente da Real Academia Galega sempre anda na procura de palabras novas para agrandar o noso dicionario. Axudámoslles? O reto de hoxe foi  inventar unha definición divertida para unha palabra que xa existe ou inventar palabras novas graciosas.

RETO 8: ENLACE AQUÍ

RETO 15:

Este si,é o último reto que se nos  propón.

O reto consistiu en poñer as frases motivadoras ou lemas elixidos  nuns soportes ben  chulos! E todas e todos fachendeando co noso lema ou coa nosa frase.

Aquí podedes ver esa creatividade amesá !!

RETO 15: ENLACE AQUÍ

Aqui neste vídeo, tamén atoparedes outras frases e lemas

Preme na imaxe



martes, 11 de febreiro de 2025

FALADOIRO DO MUÍÑO 14

 A familia de Lara Pardo, realizou o faladoiro “O mundo da pesca: barcos e especies mariñas”, na aula de 6º C.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Preme na imaxe



martes, 4 de febreiro de 2025

FALADOIRO DO MUÍÑO 13

 Vanesa, a nai de Emma Regueiro, realizou o faladoiro" Aparatos do corpo humano", na aula de 4º A.

Moitas grazas pola túa colaboración.

Preme na imaxe



mércores, 29 de xaneiro de 2025

FALADOIRO DO MUÍÑO 12

 FALADOIRO: "UN BARCO DE PESCA"

Óscar, o avó de Alejandra, veu á clase a contarnos como é un barco de pesca por dentro. Que sorte tivemos! Ensinounos moitísimas fotos do interior do barco e tamén vídeos do proceso de pesca de gambas e merluzas,... como os clasifican, empaquetan e conxelan en alta mar. 

Ademais, como estivo na Patagonia, puido ver de cerca pingüíns e leóns mariños. Contounos moitas cousas dos seus costumes: a onde van aniñar, como se emparellan, etc.

Moitas grazas pola túa colaboración.

Preme na imaxe



xoves, 16 de xaneiro de 2025

MODO GALEGO ACTÍVAO!

 

Hoxe, día 16 de xaneiro, tivo lugar o acto de presentación da nova edición  do proxecto "Modo galego, actívao! " no C.E.I.P "A Maía" 


Ao acto asistiron o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes; o alcalde e concelleiro de Normalización Lingüística de Ames, Blas García; a concelleira de Planificación e Xestión Educativa, Carmen Porto; a técnica do Servizo de Normalización Lingüística de Ames, Rosa Moreiras; a directora do CEIP A Maía, Isabel Abelleira; o lingüísta Henrique Monteagudo e  representantes dos equipos directivos e de dinamización e normalización lingüística dos centros de ensino, así como das ANPAS e do alumnado.


Con este proxecto impulsado pola Real Academia Galega e o Concello de Ames preténdese impulsar a inmersión lingüística durante 21 días é dicir, falar galego o máximo posible con todo o mundo e en todos os contextos da vida cotiá, dentro e fóra das aulas, xogando e conversando coas amizades, nas tendas, nas actividades extraescolares, etc.

ACTIVEMOS O MODO GALEGO !

mércores, 8 de xaneiro de 2025

ANO DE CASTELAO


 A Xunta de galicia declarou 2025 como "Ano de Castelao" en homenaxe a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, a gran figura intelectual, política e histórica do nacionalismo antifascista galego, por cumplirse 75 anos da súa morte este 7 de xaneiro.

O alumnado de 6º de E.P fixo esta fermosa exposición titulada 

"Palabras de Castelao":