xoves, 3 de novembro de 2022

TEMOS NOVOS XOGOS

 Nesta ocasión, presentamos os novos xogos que temos na biblioteca. 

Así que achégate a Agrobiblio nos recreos!!!


AS NOSAS CABAZAS DE SAMAÍN

 Este curso, en colaboración coas familias realizamos unha gran exposición de cabazas.

Este foi o resultado!!!


XA QUE O LEMA DESTE CURSO DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES É  "ESCRIBIR A BIBLII OTECA"  na festa pola tarde realizouse un conto colaborativo de samaín entre as familias que acudiron a festa!!! 

se queres saber como é...preme na imaxe


A CONTINUACIÓN, PODEDES VER ALGÚNS EXEMPLOS DOS TRABALLOS REALIZADOS NAS DISTINTAS AULAS POLO SAMAÍN!!!




mércores, 2 de novembro de 2022

AS MOCHILAS VIAXEIRAS

 O pasado venres 28 de outubro, iniciaron as viaxes das mochilas viaxeiras!!!

Este curso, unha vez mais, todo o centro desfrutaráas nas súas casas e , o mais importante de todo, compartirémolas coas familias.

Nas diferentes mochilas, os contidos escollidos fan referencia á temática do noso proxecto e mais temáticas, sendo seleccionados en colaboración co equipo de biblioteca e os propios titores e titoras adaptándose o máximo posible á idade, intereses e características dos nenos e nenas.

Preme na imaxe para ver como foi!!!



martes, 25 de outubro de 2022

ENREGUÉIFATE!!!

 Hoxe o noso alumnado de 6º realizou un obradoiro de regueifas, en colaboración co  Equipo de Dinamización da Lingua Galega, dentro do programa:


Enreguéifate é un proxecto impulsado polos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega.

Neste camiño, Enreguéifate súmase ao labor que xa veñen realizando diversas entidades públicas e privadas, así como moitas persoas do ámbito cultural e do ensino.

O obxectivo principal deste proxecto é que a cidadanía entre en contacto coa improvisación oral en verso a través da experiencia de regueifar, nomeadamente no ámbito escolar. Por iso, inclúe accións formativas para alumnado e profesorado, un certame regueifeiro e un encontro anual de regueifa.

Damos as grazas aos formadores Lupe Blanco e Cristian de Burela, porque sentímonos como verdadeiros regueifeiros e regueifeiras.

preme na imaxe para velo





luns, 24 de outubro de 2022

MATERIAIS SAMAÍN 2022

Mirade ben ao voso redor...achégase a noite máis arrepiante e terrorífica do ano cando as ánimas e demais criaturas do máis alá voltan ao mundo dos vivos...

Xa está aquí O SAMAÍN!!!

Aquí tes os nosos materias

Nota para a Festa



Día das Bibliotecas Escolares

 Reabrimos a nosa Agrobiblio !!!

Hoxe é o Día das bibliotecas escolares.

Leopoldo está a realizar unha gran viaxe e que mellor maneira que visitar as distintas bibliotecas que hai no mundo.

"ESCRIBIR a biblioteca" é importante como caderno de viaxe da nosa aprendizaxe e a BiblioTecuida, como protectora, fogar ou refuxio nalgúns países.

Imos coñecer eses lugares cheos de libros e de moitas historias: 

AS BIBLIOTECAS

xoves, 13 de outubro de 2022

Primeira Reunión

 Xa comezamos a nova andaina cun marabilloso equipo de BIBLIOAXUDANTES.  e hoxe tivemos a primeira reunión do curso 22/23.

Nesta reunión abordamos clasificación e organización dos fondos da biblio, organización e tarefas do equipo, programa Radio na biblio e recollemos tamén a súa voz.

Comezarán o luns para ir preparando diversas actividades.

Moitas grazas a todos pola vosa participación.

preme na imaxe


GUÍA






venres, 7 de outubro de 2022

Sorteo Biblioaxudantes

 Coa posta en marcha da Agrobiblio, faltábannos, os BIBLIOAXUDANTES.

Fixemos a petición ao alumnado de 6º, de forma voluntaria, e foron convocados a unha reunión para realizar o sorteo.

Grazas por participar!!!

preme na imaxe



luns, 3 de outubro de 2022

ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR

 A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional  e Universidades publica o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso 2022/2023. O lema elixido, ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR, quere poñer o foco en todas as formas de escrita que cuida e ofrece a biblioteca escolar . A escrita como medio de comunicación, expresión, creación, información e coñecemento.

 
A imaxe que interpreta este lema proposto para o curso 2022-2023 é obra da calígrafa, deseñadora gráfica e mestra de talleres de caligrafía e lettering Belén L. Méndez coñecida como nacu, que leva xa un tempo colaborando coas bibliotecas escolares en  obradoiros.


 

 
A biblioteca escolar ofrece oportunidades e recursos para escribir e escribirnos:
 
- Escribir para saber, para aprender.
- Escribir para comunicar e comunicarnos.
Escribir relatos, historias.
- Escribirnos, coñecernos a través da escrita: diarios, axendas,  biografía...
- Escribir xuntos en relatos colectivos, encadeados, libros viaxeiros, wikis…
- Escrita creativa: microrrelatos, haikus, collages, caligrafía…
- Escribir para deixar pegada e preservar a memoria individual e colectiva.
- Escribir para incluír e visibilizar.
- Traducir.
Reescribir, versionar e adaptar.
- Escribir no audiovisual: guións, escaletas.
- Escribir para  estimular a creación.
 
Escribir para ser (lido), para que o lector e a lectora dea vida ao libro, ao escrito.

venres, 30 de setembro de 2022

Despedida

 Hoxe é un día moi emotivo para os que levamos tempo no Agro. Despedimos á nosa compañeira Isabel Villar.

Foi moitos anos a nosa bibliotecaria rexistrando os fondos bibliográficos e facéndolle a nenos e profes os carnets de usuarios. Moitos nenos de Ames débenlle a Isabel a súa iniciación como usuarios dunha biblioteca, da nosa biblio, e polo tanto como potenciais lectores. Ese xa é un logro. Tamén a súa labor como mestra e a súa valía como compañeira.

Moita sorte nesta nova etapa da vida. O Agro sempre estará aberto para ti! Sorte Isa! 

Apertas grandes de todo o claustro de Agro e de Leopoldo!!!




mércores, 28 de setembro de 2022

Arrancamos!!!

 Rematamos o mes de setembro facendo a formación de usuarios tanto do profesorado como do alumnado para poder desfrutar este curso da nosa bilioteca que trae moitas novidades!!!

preme na imaxe


Ademais, buscamos biblioaxudantes:




luns, 19 de setembro de 2022

COMEZAMOS UN NOVO CURSO

 Benvid@s a este novo curso que estará cargado de moitos bos momentos e lembrade que:

"Cada vez que abres un libro...

pasas polo mundo abrindo fiestras á imaxinación, coñecementos, sentimentos, emocións, fantasía... todo o que queirades soñar".

Este curso 2022-2023, Leopoldo acompañaranos ollando por esa fiestra aberta ao mundo....

Abróchen os cinturóns... que Comezamos!!!

Boa viaxe!!!