VISITA LIBRARÍA COUCEIRO on PhotoPeach
domingo, 8 de xuño de 2014
VISITA LIBRARÍA COUCEIRO
O alumnado de 2º ciclo realizou unha visita á LIBRARÍA COUCEIRO. Foi unha estupenda experiencia, seleccionaron libros, colléronos dos andeis, leron e comentaron...posteriormente asistiron a un taller de encadernación no que lle explicaron as técnicas da encadernación, os instrumentos utilizados, o material das cubertas e tapas, o cosido... Finalmente asistiron á presentación do libro O NENO E A ESTRELA . Toda a xornada foi de expectativa e emoción.
Grazas libreiros por abrirnos as vosas portas e darnos a posibilidade de colarnos no voso recuncho lector.
domingo, 18 de maio de 2014
CONTO: RECUPERACIÓN DO RÍO SAR
O alumnado de 1º de Ed. Primaria, elaborou un conto no que dou peixiños, Lili e Colorín e a súa amiga Dona Garza, fannos deter a pensar no estado no que se atopa o río Sar, e a maneira de poder recuperalo entre todos. Cunha mirada infantil, pero con moita vontade e moitos ánimos, os pequenos atopan rápido a solución : LIMPAR O RÍO
Agardamos e desexamos unha pronta recuperación para este río
sábado, 17 de maio de 2014
EXPERIMENTOS CON AUGA
Todo alumnado do Centro realizou experimentación coa auga. Observou, fíxose preguntas, buscou respostas... Gustoulle moito experimentar, sentir, supoñer. Bonita forma de desenvolver a creatividade e a curiosidade e sentar as bases dun coñecemento científico.
Amosamos as experiencias realizadas por un aula de 6º de Ed Primaria
Amosamos as experiencias realizadas por un aula de 6º de Ed Primaria
martes, 6 de maio de 2014
O CICLO DA AUGA (P.Interdisciplinar, Riada de Libros)
O alumnado e profesorado de 2º nivel realizaron unha presentación multimedia sobre o ciclo da auga.
Traballaron moito na experimentacion dos procesos de evaporación e condensación e na elaboración dunha maqueta e dun mural sobre esta temática.
Traballaron moito na experimentacion dos procesos de evaporación e condensación e na elaboración dunha maqueta e dun mural sobre esta temática.
luns, 5 de maio de 2014
RÍOS DE REFRÁNS (RIADA DE LIBROS)
Dende a biblioteca, a nosa mascota LEOPOLDO, embarcou ás familias nunha nova aventura. Nesta ocasión solicitáballe ditos e refráns que tiveran a auga coma protagonista. Centos foron os que chegaron ao noso cole, e que foron ilustrados polo alumnado dende 6º de ED Primaria ata 4º. Recompilamos todos e encadernámolos nun fermoso libro. Podedes visionar unha pequeniña mostra nesta presentación.
domingo, 4 de maio de 2014
"RIADA DE LIBROS" (PRESENTACIÓNS MULTIMEDIA)
AMOSAMOS DÚAS PRESENTACIÓNS MULTIMEDIA REALIZADAS POLO ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA SOBRE O RÍO SAR E OS DIFERENTES TIPOS DE EMBARCACIÓNS
sábado, 3 de maio de 2014
AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ (PREMIO TRASALBA)
Nunca esqueceremos as palabras de Agustín Fernández Paz nas diferentes conferencias que escoitamos, que nos emocionaron, coas que sentímonos tan identificadas en diferentes momentos da nosa infancia. Tivo o poder de provocar en nós moitas lembranzas lembranzas e recordos.
Admiramos a Agustín e por iso sentímonos felices da concesión deste novo recoñecemento,o
Admiramos a Agustín e por iso sentímonos felices da concesión deste novo recoñecemento,o
PREMIO TRASALBA .
Grazas MESTRE por toda a túa adicación aos ensinantes a ao ensino.
Neste enlace de CANAL LECTOR hai unha conferencia de Agustín que a nós nos encanta e que recomendamos moito a todas as persoas que amamos e queremos o ensino. Sentádevos, pechade os ollos e escoitade con moita atención. No seu remate, de seguro que acabaredes amando máis a lectura e vendo o camiño para espertar o mundo dos soños no noso alumnado.
xoves, 1 de maio de 2014
RAPEANDO A ROSALÍA
mércores, 30 de abril de 2014
O RÍO SAR CON MIRADA PERIODÍSTICA
Presentamos o dossier de prensa que o alumnado de 5º de Ed Primaria elaborou con todas as actividades realizadas para o estudo do río Sar e as saídas realizadas ao longo do curso para o estudo medio-ambiental do río, a súa depuración e a súa recuperación.
Como decides nos vosos artigos ¡PASÁMOLO XENIAL!
Deixámosvos tamén unha presentación da visita realizada por este alumnado á Planta Depuradora de Bertamiráns, na que lles explicaron todo o relativo á depuración de augas e a potabilización.
Como decides nos vosos artigos ¡PASÁMOLO XENIAL!
Deixámosvos tamén unha presentación da visita realizada por este alumnado á Planta Depuradora de Bertamiráns, na que lles explicaron todo o relativo á depuración de augas e a potabilización.
martes, 29 de abril de 2014
POEMAS DE AUGA
Con motivo do día do libro fixemos unha escolla de poemas relacionados coa auga e co río, decorámolos e ilustrámolos nas aulas para facer un fermoso libro.
sábado, 26 de abril de 2014
ESTUDO DO ESTADO DO RÍO SAR
O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA REALIZOU UN ESTUPENDO TRABALLO SOBRE UN TRAMO DO RÍO SAR QUE PASA MOI PRETO DO NOSO CENTRO.
AGRADECEMOS A PATRICIA, TÉCNICO DE MEDIO-AMBIENTE DO CONCELLO A SÚA DESINTERESADA E VALIOSA AXUDA.
O ESTUDO ESTIVO BASADO NOS SEGUINTES CONTIDOS:
SITUACIÓN SATELITAL DA ZONA DO RÍO.
VISITA AO RÍO
OBSERVACIÓN
ESTUDO CIENTÍFICO DO ESTADO DO RÍO SAR
BIODIVERSIDADE
FAUNA, FLORA E BOSQUE DE RIBEIRA
DEPURACIÓN DE AUGAS
ARQUITECTURA DO RÍO
TRABALLO REALIZADO EN GRUPOS POLO ALUMNADO DE 6º DE ED. PRIMARIA
venres, 25 de abril de 2014
O MICROSCOPIO NA SEMANA DA CIENCIA (FALADOIROS NO MUÍÑO)
Mª Dolores Mouriz Cereijo e Xesús Prieto Blanco do Dpto. de Física Aplicada da USC son pais dunha alumna do noso Centro. Asistiron ao noso cole para contarlle aos alumn@s de 5º de Ed Primaria a historia do microscopio, as súas partes, a función de cada un dos seus elementos. Aproveitaron tamén para ensinarlle diferentes mostras de sangue, almidón, bacterias...
Diexáronos para o Centro a presentación multimedia que prepararon.
MOITAS GRAZAS, LOLA E XESÚS
Diexáronos para o Centro a presentación multimedia que prepararon.
MOITAS GRAZAS, LOLA E XESÚS
O microscopio from xistina
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)




