domingo, 2 de diciembre de 2018

CON-CIENCIA POÉTICA NO MES DA CIENCIA


Os Equipos de Traballo de VOZ NATURA E BIBLIOTECA ESCOLAR organizaron as actividades que se levaron a cabo no noso Centro no Mes da Ciencia. 

   Dende a Biblioteca do Centro púxose a disposición da Comunidade Educativa a bibliografía referida a ciencia e experimentación.

   Dende o Equipo de Voz Natura, propuxéronse diferentes retos matemáticos (DALLE AO COCO) e curiosodades relacionadas coas ilusións ópticas.

   Nas diferentes aulas realizáronse distintos experimentos, maquetas e actividades, relacionados coas áreas de CCSS E NATURAIS, entroncándoas coa temática que se estaba traballando nas aulas (O UNIVERSO, A ALIMENTACIÖN, A ASAÜDE)

   O alumnado de sexto curso elaborou poesías relacionadas cos medicamentos e moitos experimentos que foron traballados  nuns OBRADOIROS CIENTÍFICOS, NA BÚSQUEDA DO PORQUÉ DAS COUSAS  e expostos na Biblioteca do Centro ao alumnado de 3º e 4º nivel  tendo unha fantástica acollida.

   Presentamos DOUS  vídeos  dalgunhas das actividades.