lunes, 29 de marzo de 2010

A BIBLIOTECA ESCOLAR

  • O noso modelo de Biblioteca Escolar.
  • Entendemos a Biblioteca Escolar como un espacio educativo que provee de recursos curriculares e non curriculares ó alumnado, ó profesorado e ás familias, facilitando oportunidades para a aprendizaxe, o enriquecemento persoal e comunitario,así como o ocio e a creatividade.É servicio prioritario común do Centro que se presta á comunidade educativa para cumprir os fins do Proxecto Educativo de Centro.
  • A nosa Biblioteca pretende ser un centro de información,, documentación e recursos que de servizos a tódolos membros da comunidade educativa;organiza de forma centralizada tódolos documentos impresos,audiovisuais,dixitais, e outros recursos para o aprendizaxe; é xestionada por mestres bibliotecarios cualificados e da resposta a través de infraestructuras,
  • recursos e servizos de calidade ás necesidades educativas, informativas, culturais, de investigación, e recreativas da comunidade educativa.
  • As actividades da Biblioteca Escolar intégranse plenamente nos procesos pedagóxicos do Centro e recollénse ,polo tanto,no Proxecto Educativo,no Proxecto Curricular e na Programación Xeral Anual. E debe relacionarse co seu entornosocial e cultural colaborando con outras Bibliotecas escolares ou públicas de Ames, para organizar actividades en común, e procurarse informacións e documentos que interesen á Comunidade educativa

No hay comentarios:

Publicar un comentario