O carro dos contos e as aventuras do gato Crac en 1.º A
Na aula de 1.º A volveron gozar de O carro dos contos, unha iniciativa de Agrobiblio que achega os libros ás aulas e favorece o hábito lector no día a día.
Ademais de gozar da lectura, os nenos e nenas encárganse de comprobar que estean todos os exemplares e de coidalos, fomentando así a responsabilidade e o respecto polo material común.
Pero as aventuras lectoras non rematan aquí! O gato Crac, a mascota da aula, continúa a súa viaxe na mochila polos fogares do alumnado. Xa visitou tres casas e, á súa volta, comparten con moita ilusión as súas aventuras, as fotografías e as experiencias recollidas no diario da mascota.
Esta bonita iniciativa favorece a expresión oral e escrita, a escoita activa, a empatía e a participación das familias, conectando a lectura e a escritura coa vida cotiá.
Ambas as propostas contribúen ao desenvolvemento do Plan de Lectura, Escritura e Acceso á Información (PLEA) do noso centro, facendo da lectura e da escritura experiencias compartidas e significativas.
Seguiremos moi atentos ás próximas aventuras do gato Crac!
PREME NA IMAXE
