Os Faladoiros no Muíño continúan a sorprendernos! Nesta ocasión, da man da familia de Nuno, o alumnado de 1º C de Educación Primaria recibiu unha visita moi especial: Moncho, un simpático hámster.
Os nenos e nenas convertéronse en auténticos investigadores e investigadoras, descubrindo curiosidades sobre o mundo dos hámsters e aprendendo como coidalos con responsabilidade, respecto e moito cariño.
Ademais, para que Moncho se sentise coma na casa, cada neno e nena elaborou coas súas propias mans un simpático ratiño inspirado no noso pequeno protagonista.
Tras superar con éxito a súa misión na escola dos hámsters, o alumnado recibiu un tesouro moi especial: o seu diploma oficial de licenciado ou licenciada en Hamsteroloxía!
Unha xornada chea de ilusión, aprendizaxe, creatividade e moita maxia.
Moitísimas grazas á familia de Nuno por compartir esta experiencia tan especial e por formar parte dos nosos Faladoiros no Muíño!
PREME NA IMAXE
