xoves, 26 de novembro de 2026

CATRO LAPIS E UNHA BOLSA CHEA DE AUGA

 Hoxe o alumnado de 3 anos de Educación Infantil achegouse á Agrobiblio para descubrir como se comporta o plástico nun experimento sobre a elasticidade dos polímeros. A actividade formou parte de «Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas - 2026».

As mestras encheron de auga unha bolsa de plástico con peche e lanzaron unha pregunta: «Que pasará se atravesamos a bolsa cun lapis?» A primeira hipótese foi que sairía a auga. Para comprobalo, as mestras cravaron un lapis, logo outro… Ata catro! Para sorpresa do alumnado, a auga quedou dentro da bolsa.

E que pasaría ao retirar os lapis? Cando as mestras os sacaron, os nenos e nenas viron como a auga saía polos buratos. Mentres os lapis estaban cravados, o plástico flexible axustábase arredor de cada un e impedía que a auga escapase.

PREME NA IMAXE