venres, 20 de novembro de 2026

ESCRITURA MÁXICA NOS RECREOS DE AGROBIBLIO

 Como podemos ler unha mensaxe escrita con tinta invisible? Durante o Mes da Ciencia, o alumnado achegouse á Agrobiblio nos recreos para descubrilo co experimento «Escritura máxica».

Primeiro escribiron as súas mensaxes e, despois, comprobaron como aparecían as letras no papel. Así puideron ver como a ciencia pode facer visible o que parecía oculto.

Neste vídeo compartimos algúns momentos da actividade.