martes, 17 de novembro de 2026

DOUS EXPERTOS EN MITOLOXÍA ASESORAN A AGROBIBLIO

 Nesta ocasión, Agrobiblio contou coa colaboración de dous asesores moi especiais: Dante e David Fontenla, de 2º C de Educación Primaria, grandes apaixonados e auténticos expertos no mundo da mitoloxía.

Grazas aos seus coñecementos e ao seu entusiasmo por este tema, axudáronnos a decidir que libros sobre mitoloxía, lendas e seres fantásticos sería interesante incorporar aos fondos da nosa biblioteca, enriquecendo así as lecturas relacionadas co PDI deste curso, «O Muíño encantado: seres mitolóxicos e lendas».

En Agrobiblio queremos que o alumnado sexa partícipe da construción da súa biblioteca, tendo en conta os seus gustos, intereses e recomendacións.

Moitas grazas, Dante e David, por compartir connosco a vosa paixón pola mitoloxía!

PREME NA IMAXE