venres, 24 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO: 23 DE ABRIL



O 23 de abril celébrase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor  e desde a Consellería de Educación, Universidade e formación Profesional edítase o díptico para conmemorar este día. Este  ano o escritor Manuel Gago foi o encargado de crear un texto centrándose no poder dos libros e na lectura:



"Cada libro que lemos queda gardado no noso peito como semente, paxaro ou xabarín"

Podedes premer na imaxe para ver a páxina de Bibliotecas escolares de Galicia con toda a información sobre este día.

No noso centro a pesares das circunstancias excepcionais  que estamos sufrindo continuouse traballando ao redor do libro e da lectura de xeito virtual.

As mestras de infantil contáronlles contos aos seus alumnos e propuxéronlles enviar unha foto ou vídeo co seu conto preferido. Podedes velo nas seguintes ligazóns:


En 1º de primaria fixéronlles varias propostas: recomendacións lectoras, contos e xogos, carteis de decoración da biblioteca, elaboración de marcapáxinas e unha tarefa integrada centrándose na biblioteca do cole: matemáticas, lingua, ciencias e plástica. Podedes velas nas seguintes ligazóns:
 





En 3º de E.P.  propuxéronlles que enviaran vídeos ou fotos  lendo e as profes foron as primeiras en facelo. Premede AQUÍ se queredes velo.







As profes de 4º de E.P. fixeron un precioso vídeo coas lecturas recomendadas polo seu alumnado. Mirade:



Tamén elaboraron e ilustraron numerosos poemas con diferentes temáticas e nos que amosaron gran creatividade. Poidemos ver chistes, adiviñas, pareados, poemas,... e ata recitados. Mirade:


NORABOA POLO VOSO TRABALLO!!!

xoves, 23 de abril de 2020

PREMIO A ANDREA MACEIRAS

Hoxe vén de publicarse unha resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se lle concede a ANDREA MACEIRAS o PREMIO DOS CLUBS DE LECTURA 2020. Dito premio recoñece á autora galega máis lida polos clubs de lectura no ámbito educativo.


Andrea con alumnos do noso centro

Desde o CEIP Agro do Muiño queremos trasladarlle a nosa noraboa e o noso recoñecemento polo premio recibido. Tivemos a sorte de recibir a súa visita o pasado 5 de marzo para falarlle ao alumnado de 6º da súa novela "CONTA NOVE ESTRELAS".

Podedes ter máis información sobre dito premio AQUÍ

FOI UN ENORME PRACER.

PARABÉNS!!!

martes, 21 de abril de 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Nestes días de confinamento son moitas as páxinas que chegan ás nosas mans recomendando numerosas lecturas. Benvidas son todas elas, porque o que pensamos de verdade é que estes tempos nos están achegando ao mundo do libro.
Ter un entre as nosas mans permítenos aprender, soñar, crear, descubrir, rir,.... Nun intre pasamos do mundo real ao imaxinario.
Por iso, disfrutemos dunha e mil historias que se agochan entre as súas follas,....
Aquí deixamos unhas recomendacións para os máis pequenos:

luns, 6 de abril de 2020

UNIDOS NO CONFINAMENTO


MANTÉMONOS UNIDOS


AMOSAMOS UNS VÍDEOS COS TRABALLOS REALIZADOS POLO ALUMNADO DE 4º DE ED. PRIMARIA DURANTE O CONFINAMENTE, CO ÚNICO OBXECTIVO DE SER CANLE PARA QUE POIDAN VERSE, EXPRESEN AS SÚAS EMOCIÓNS, COMPARTAN AS SÚAS LECTURAS,TEXTOS CREADOS E OS TRABALLOS QUE VAN REALIZANDO PARA COÑECEMENTO DOS COMPAÑEIROS.

xoves, 2 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL


Conmemoramos cada  2 de abril, aniversario do nacemento do escritor Hans Christian Andersen,  o Día Internacional do Libro Infantil (DILI)
O obxectivo é promocionar a boa literatura infantil e xuvenil e a lectura entre os máis novos.
A sección patrocinadora deste ano é Eslovenia que difunde a mensaxe de Peter Svetinai lustrada por Damijan Stepancic: Fame de palabras. 
GÁLIX, Asociación do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a tradución ao galego de  Héctor Cajaraville. 



DENDE O CEIP AGRO DO MUIÑO QUEREMOS SUMARNOS A ESTA CELEBRACIÓN E FACILITARVOS UNHA SERIE DE RECURSOS PARA QUE POIDADES DISFRUTAR DA LECTURA NESTE TEMPO DE CONFINAMENTO.

GALICIA LE

A  rede de bibliotecas públicas de Galicia pon ao noso servicio o préstamo de libros dixitais de forma totalmente gratuita, só tes que rexistrarte.  Ofrece máis de 4.500 títulos de libros, revistas ou películas.




LIBROS DE BALDE DURANTE A CORENTENA


Algunhas editorias subiron á rede diferentes títulos, e mesmo nalgúns casos clasificados por idades. Clicade en cada editorial e buscade a lectura que vos agrade:




XERAIS :   catro títulos en galego da literatura infantil e xuvenil.

EDITORIAL ANAGRAMA: cinco títulos en formato dixital

SALVAT: Contido  de balde na corentena

PENGUIN AUDIO:   Audio libros de balde todos os xoves


PLANETA DE LIBROS: Para nenos e adultos 




OLGA DE DIOS: Permite descargar tres dos seus libros: LEOTOLDA,  EN FAMILIA e PÁJARO AMARILLO e de debuxos para colorear


CONTOS PARA A INICIACIÓN Á LECTURA









PANDEMIA DE CONTOS  (tradición oral galega)









HISTORIAS PARA A INCLUSIÓN EDUCATIVA

Bailaremos sobre una estrella : Preténdese que interioricen as precaucións que hai que tomar estes días fronte ao Covid_19.

¿Dóndes está el gato? : Conto interactivo subtitulado con pictogramas de ARASAAC no  que  se vai "debuxando" pouco a pouco o gato coas fichas do Tangram.

Sabela e as zocas máxicas e o coronavirus :  Sabela ten que quedar na casa por mor do coronavirus. Descubre como pasa o tempo e canta a súa canción!


CÓMIC


Esperamos que con tanta lectura vos sexa máis levadeira esta corentena.  Moito ánimo e xa sabedes, un día máis é un día menos.




luns, 30 de marzo de 2020

QUEDAMOS NA CASA

Estimados pais/nais e comunidade educativa do Ceip Agro do Muíño:

Nestes días de incerteza queremos mandar unha mensaxe de esperanza... esperanza para que volva canto antes o bulicio ás nosas aulas, para que as rutinas diarias (nos nosos traballos e nas nosas casas) volvan o máis cedo posible e mentres tanto  COIDÉMONOS MOITO.

Disfrutemos dos nosos/as fillos/as, da nosa familia próxima, e que entre as nosas mans non falte un libro para ler, unha poesía para recitar, un conto para contar e por suposto.... sentémonos en familia a ver unha peli.



venres, 13 de marzo de 2020

VISÍTANOS A GUIONISTA ARACELI GONDA

O pasado día 12 de marzo, tivemos a sorte de contar no noso centro coa guionista ARACELI GONDA. A cal participou en numerosos guións de series tan coñecidas como: Serramoura, Padre Casares, Pazo de familia,.... e máis recentemente co guión de HIERRO, unha das series máis relevantes da actualidade.
Explicoulle ao alumnado de 5º e 6º de E.P. como é o proceso para chegar dende o guión á posta en escea en 3 pasos:

  • Amosoulles unha escaleta (lista de esceas ou secuencia dunha historia) onde hai uns pasos previos de como se vai producir a escea
  • A continuación poideron ver os diálogos perfectamente establecidos, como os teñen que memorizar os actores.
  • Por último, visionado dunha escea rodada da película, tal como aparece logo na serie (poideron ver unha conversa entre nai e fillo nunha cociña)
Para rematar contestou ás dúbidas do alumnado.
Agora podedes ver un anaquiño da súa explicación:

Foi un enorme pracer contar con ela.
GRAZAS ARACELI!!

martes, 10 de marzo de 2020

TOCA SESIÓN DE MAQUILLAXE CON CHICHA BLANCO

  O DÍA 10 DE MARZO O ALUMNADO DE 1º E 2º DE E. PRIMARIA RECIBIU A VISITA  DE CHICHA BLANCOMAQUILLADORA PROFESIONAL DE PELÍCULAS E SERIES TAN COÑECIDAS  COMO LA SEÑORA,GRAN RESERVA O TIERRA DE LOBOS, ENTRE OUTRAS MOITAS MÁIS.

   NA SÚA VISITA AO CENTRO, OS NENOS E NENAS PUIDERON APRENDER MOITOS DOS TRUCOS DE MAQUILLAXE QUE SE EMPREGAN NO CINE E NA TELEVISIÓN PARA CREAR EFECTOS VISUAIS, TALES COMO, FACER UNHA CICATRIZ, QUE DUNHA FERIDA SAIA SANGUE, SEMELLAR QUE UN DEDO ESTÁ AMPUTADO...

   FOI UNHA VISITA MOI AMENA NA QUE ALGÚNS E ALGUNHAS AFORTUNADOS/AS PUIDERON LEVAR DE RECORDO PARA A CASA UNHA MAQUILLAXE FEITA "IN SITU" POR UNHA GRAN PROFESIONAL.

   MOITAS GRAZAS POR ESTA VISITA EN NOME DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.

luns, 9 de marzo de 2020

RODANDO EN IGUALDADE (8 MARZO, DÍA DA MULLER)





AO LONGO DA SEMANA , TRABALLOUSE  NAS AULAS A PROBLEMÁTICA ASOCIADA Á MULLER (CULTURAL, ECONÓMICA E SOCIAL) CENTRÁNDOA NO TEMÁTICA DESTE CURSO NO AGRO : O CINE.

AMOSAMOS O VÍDEO COS TRABALLOS REALIZADOS E O MATERIAL PREPARADO POLO ALUMNADO DE 3º DE ED. PRIMARIA PARA ESTE FIN. 


MATERIAL ELABORADO

ACCEDE CLICANDO NO ENLACE:


domingo, 8 de marzo de 2020

ROSA ANEIROS: "XELÍS, O GUIEIRO DAS BOTELLAS DE MAR"

Rosa asinando exemplares do seu libro
O venres 6 de marzo, recibimos no centro a Rosa Aneiros, autora de “Xelís, o guieiro das botellas de mar”. 

Trátase dunha historia relacionada directamente coa temática abordada neste curso por Voz Natura, xa que fala das illas de plásticos que hai nos océanos do planeta Terra. 
A exposición por parte de Rosa, estivo orientada, ademais de resolver dúbidas propias do libro, a dar a coñecer a realidade mundial sobre esta problemática, descubrindo por exemplo, os plásticos máis comúns nas costas. 

sábado, 7 de marzo de 2020

JOSITO PORTO E VÍCTOR MOSQUEIRA FÁLANNOS DE CINE.

 










JOSITO PORTO E VÍCTOR MOSQUEIRA VISITARON AO ALUMNADO DE 3º DE ED. PRIMARIA  NO NOSO CENTRO .


FALARON DAS SÚAS EXPERIENCIAS NO TEATRO E CINE E NOS PROXECTOS QUE ESTÁN DESENVOLVENDO ACTUALMENTE.

VÍCTOR FIXO MOITAS VOCES E ASUBÍOS, IMITANDO OS CANTOS DOS PAXAROS.

CANTARON CON ELES/AS A CANCIÓN DE RECICLAR TODO TEN UNHA SEGUNDA VIDA DA SÚA OBRA CARTOONS.
J
            
   

venres, 6 de marzo de 2020

CONTA NOVE ESTRELAS (ANDREA MACEIRAS)




ANDREA MACEIRAS, AUTORA DAS SEGUINTES NOVELAS INFANTÍS E XUVENÍS:

  Proxecto bolboreta, Violeta tamurana (Premio Meiga Moira), O segredo do lagarto arnal, Nubes de evolución (Premio Fervenzas literarias), Volverás, golfiño, Miña querida Sherezade (Premio Meiga Moira), Europa Express (Premio Jules Verne) y O que sei do silencio. En 2018 gana el Premio Lazarillo por Cuenta nueve estrellas.

O día 5 de marzo visita a biblioteca do CEIP Agro do Muíño para falarlle ao alumnado de 6º da súa novela "CONTA NOVE ESTRELAS".

Un libro moi ben acollido por parte do alumnado, que narraba as peripecias dunha nena nun mundo distópico no cal as viaxes estelares son posibles. A exposición tentou de explicar as orixes da historia, de onde viñan as ideas, o cal fixo que Andrea conectase moito con todos e todas xa que os seus gustos eran parellos aos dos nenos e nenas, relacionados co cine e ca literatura fantástica. Por exemplo, o libro inspírase en planetas de Star Wars e incluso unha das personaxes principais está baseada en Stich, da película de Disney. Ademais, fixémoslle un pequeno vídeo de opinión acerca do libro.
Os rapaces quedaron encantados e ao final a escritora asinoúllelos libros facéndolles un pequeno debuxo dunha das personaxes da historia. Déronlle os dous agasallos do centro e por último, plasmou a súa firma no libro de firmas do centro. 

Aquí podedes ver o vídeo: