O equipo de Actividades Complementarias do Centro, Normalización Lingüística, Biblioteca Escolar E ANPA organizaron a campaña BOCADIÑOS SOLIDARIOS. Tratábase de concienzar ao alumnado sobre o valor da SOLIDARIEDADE. Fixemos un concurso de lemas solidarios, e realizouse unha campaña entre toda a Comunidade Educativa de recollida de alimentos no Centro, que serán xestionados para o seu reparto por diferentes organizacións sociais do noso Concello. Desexamos que este Nadal compartido faga máis levadeira a situación económica pola que atravesan moitas familias.
martes, 16 de decembro de 2014
venres, 12 de decembro de 2014
PASEO POLA GASTRONOMÍA DO MUNDO NO NADAL
DENDE O EQUIPO DA BIBLIOTECA PROPÚXESE TRABALLAR DURANTE ESTE MES A RECEITA. LOGO DE INFORMARNOS E DE INVESTIGAR SOBRE AS COMIDAS TÍPICAS DE NADAL EN DIFERENTES PAÍSES DO MUNDO ,O ALUMNADO SELECCIONOU A QUE MÁIS LLE GUSTABA E DISPÚXOSE A FACER UN PEQUENO TRABALLO NO QUE ADMÁIS SE INCLUÍA ALGÚNS OUTROS ASPECTOS RELEVANTES: SITUACIÓN DO PAÍS, BANDEIRA, MONUMENTOS IMPORTANTES, FORMA DE VIDA, ETC . ALGUNHAS AULAS ELABORARON UN PEQUENO POWER POINT PARA METERSE EN MATERIA E OUTRAS CONTARON COA AXUDA DAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE ORIXEN ESTRANXEIRO
BO PROVEITO!!!!!!!!
AMOSAMOS UNHA PARTE DO TRABALLO FEITO PREVIAMENTE SOBRE NIGERIA
mércores, 10 de decembro de 2014
TRADICIÓN ORAL EN NOVEMBRO E DECEMBRO
A avoa de Andrés Barreiro alumno de 2º , a Sra. María, ten unha sabedoría infinita sobre o mundo da agricultura. De profesión coma ela mesma di agricultora adicou toda a súa vida ao traballo da terra e froito da experiencia de tantos anos é unha enciclopedia viva nesta materia. Ela contestou amablemente á nosa chamada e visitounos no colexio. Previamente o alumnado de 2º preparou unha enquisa sobre todo o que desexaban saber sobre o mundo das plantas ao que ela contestou cun sorriso amable e cheo de tenrura. Explicounos como se plantaban as cebolas, as leitugas, os tomates, as cenorias... cando se recollían, como tiña que estar preparada a terra, a época mellor para sementer "POLO SAN VICENTE BÖTASE A SEMENTE" repetía, a influencia da lúa, as ferramentas utilizadas... e toda unha chea de cousas que fixeron que o alumnado disfrutase unha hora escoitando todo o que tiña que transmitir. Recolleu finalmente o diploma de participación outorgado polo Centro brindándose a participar sempre que así o requeriramos. Moitas grazas Sra María por estar tan preto de nós e polas súas ensinanzas.
martes, 11 de novembro de 2014
V XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
O venres e o sábado, días 7 e 8 de novembro tivo lugar no Pazo de Congresos de Santiago as V Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia. Contou coa asistencia dun milleiro de profesionais do ensino que tiveron a ledicia de compartir experiencias variadas realizadas dende as bibliotecas escolares dos diferentes Centros Educativos. Escoitamos tamén a voz de expertos: Mónica Baró, Javier Guillar, José Manuel Pérez Tornero e Ricardo Gómez que abreu as Xornadas cunha deliciosa conferencia que levaba por título:
"A Mazá Envelenada de Brancaneves". Deixounos a reflexión de que outro mundo é posible no eido educativo.
Se queres acceder aos materiais preme na imaxe.
mércores, 5 de novembro de 2014
BRUXAS E APÓCEMAS POLO SAMAÍN
Dende o Equipo da Biblioteca propuxemos a todas as aulas do Centro a realización dun traballo sobre BRUXAS E AS SÚAS APÓCEMAS tendo en conta os seguintes obxectivos:
- TRABALLAR TEXTOS DE DIFERENTE TIPOLOXÍA
- ELABORAR TEXTOS DESCRITIVOS SOBRE PERSOAS.
- UTILIZAR AS APÓCEMAS COMO RECURSO PARA TRABALLAR A RECEITA.
- DESENVOLVER A CREATIVIDADE DO ALUMNADO
- DISFRUTAR DAS PRODUCIÓNS PLÁSTICAS PROPIAS
- COÑECER AS FESTAS E TRADICIÓN PROPIAS DE GALICIA .
luns, 3 de novembro de 2014
PARABÉNS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA
PREMIADOS
NO CONCURSO PARA O IMPULSO E RECOÑECEMENTO DE TRABALLOS POR PROXECTOS, NO CONTEXTO DO PLAN LÍA 2010-2015 DE BIBLIOTECAS ESCOLARES.
A COMUNIDADE EDUCATIVA do C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO sentímonos moi contentos e satisfeitos ao ser galardoados na Primeira Convocatoria do Concurso de Traballos por Proxectos, dentro da temática PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS, COORDINADOS DESDE A BIBLIOTECA ESCOLAR na temática CIENCIAS co proxecto desenvolvido no Centro no curso 2013-14 que leva por título :
RIADA DE LIBROS
Queremos dar as grazas a todos vós rapaces e rapazas, titores, especialistas, auxiliares coidadoras, pais, nais, e institucións (Anpa, Concello de Ames, Adega) por facelo posible.
Vaia tamén o noso agradecemento á Asesoría de Bibliotecas Escolares polo pulo dado ás Bibliotecas Escolares nos Centros Educativos de Galicia e por sementar a importancia educativa dos proxectos multiciplinares tendo como eixo a BIBLIOTECA ESCOLAR, no contexto dun traballo colaborativo
PARABÉNS A TODOS OS CENTROS GALARDOADOS
sábado, 1 de novembro de 2014
SAMAÍN (EN COLABORACIÓN COAS FAMILIAS)
Ao igual que nestes anos anteriores pedimos a colaboración das familias para a elaboración das cabazas para celebrar o SAMAÍN. Solicitamos que a ser posible tiveran relación co proxecto multidisciplinar deste curso BOCADIÑOS DE PALABRAS. Coma sempre fixeron gala dunha grande creatividade nos seus traballos: A horta, a alimentación e os alimentos estiveron presentes nas súas ralizacións plásticas. Fixemos unha pequena presentación con aquelas que entendíamos estaban máis relacionadas co Proxecto. Damos as grazas as familias por implicarse sempre nas tarefas educativas propostas.
venres, 31 de outubro de 2014
EXPOSICIÓN: MÁXICO MUNDO DOS COGUMELOS
EXPOSICIÓN NA BIBLIO : "MÁXICO MUNDO DOS COGUMELOS"
A ASOCIACIÓN MICOLÓXICA SENDEIRIÑA "NICRARIA TAMARA" TIVO A XENTILEZA DE DAR A COÑECER AOS NOSOS CATIVOS A TRAVÉS DUNHA EXPOSICIÓN ITINERANTE O MUNDO DOS COGUMELOS. BELI, AUXILIAR COIDADORA NO NOSO CENTRO QUE PERTENCE A DITA ASOCIACIÓN, FIXO AS XESTIÓNS PARA QUE O NOSO ALUMNADO POIDERA DISFRUTAR DO COÑECEMENTO DAS DIFERENTES VARIEDADES DE COGUMELOS. ADEMAIS FOI A ENCARGADA DE TRANSMITIR TODO O SEU SABER SOBRE ESTA TEMÁTICA AOS RAPACES QUE DISFRUTARON UN MONTÓN ESCOITANDO O QUE LLES CONTOU SOBRE AS SÚAS PARTES, AS DIFERNTES VARIEDADES, A FUNCIÓN NA CADEA TRÓFICA, A IMPORTANCIA DO SEU COIDADO...DEIXOUNOS ULIR, TOCAR,CONTOULLE ALGÚN SINXELO E PEQUENO TRUQILLO PARA APRENDER A IDENTIFICALAS E PREGUNTARON TODO O QUE QUIXERON SABER.
DENDE O EQUIPO DA BIBLIOTECA APROVEITAMOS PARA DARLLE AS GRAZAS A BELI, OLGA E BEGOÑA, AUXILIARES COIDADORAS NO NOSO CENTRO, POLA SÚA GRAN IMPLICACIÓN NESTA FERMOSA TAREFA DE ENSINAR.
CO NOSO AGRADECEMENTO Á ASOCIACIÓN MICOLÓXICA SENDEIRIÑA POR FACELA POSIBLEmartes, 28 de outubro de 2014
GÚSTAME IR Á BIBLIOTECA
CANTO INXENIO A PARTIR DUNHA PEQUENA PROPOSTA!
DENDE O EQUIPO DA BIBLIOTECA PROPÚXESE A TODAS AS AULAS UNHA PEQUENA MEDITACIÓN SOBRE OS MOTIVOS POLOS QUE AO ALUMNADO LLE GUSTABA IR Á BIBLIOTECA OU QUE ESPERABAN CONSEGUIR AO ASISTIR A ELA O POR QUÉ OU O PARA QUÉ. O RESULTADO EXPUXOSE NO CENTRO CON MOTIVO DO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. PODEDES VELO NA SEGUINTE PRESENTACIÓN.
domingo, 26 de outubro de 2014
EXPOSICIÓN: LIBROS DE BRUXAS
Como cada ano as festas do SAMAÍN veñen cargadas de medo.
"A través de los cuentos, el niño se identifica con el protagonista,y siente, al empatizar con él, una tensión y ansiedad
crecientes que ceden en el desenlace, aunque éste no sea tan bonito o triunfal como hubiera deseado. Luego, una vez
conocido el cuento, gusta de repetirlo una y otra vez, y la emoción siempre crece y se resuelve, aunque puede que con
matices distintos. Así va trabajando e interiorizando sucesos planteados y resueltos por otros; conoce situaciones imaginarias
y cómo “otro” las ha afrontado, poniendo en juego una serie de recursos personales que, en la mayoría de los
casos, desconocía por no haber necesitado utilizarlos hasta ese momento…"(Centro de Documentación e Investigación de Literatura
Infantil y Juvenil Salamanca, 2006 Fundación Germán Sánchez Ruipérez) Recomendamos a lectura deste P.D.F :
Agradecemos a colaboración das familias de Ed.Infantil que contribuiron no deseño e na realización das bruxas que forman parte do decorado da exposición.
venres, 24 de outubro de 2014
QUE ALEGRÍA!!!! XA SAEN AS MOCHILAS
Pois si... Logo de realizar a formación de usuarios prevista neste mes, que xa comentamos na entrada anterior, saíron as mochilas para as casas cargadiñas de libros, revistas, películas... Ledicia para rapaces e familias que foron afortunados en iniciar esta nova andaina. Tranquis todos!!!!!! Logo vos tocará.
luns, 20 de outubro de 2014
ABRIMOS A BIBLIO (FORMACIÓN DE USUARIOS)
ABRIMOS A BIBLIO
DURANTE ESTA SEMANA ABRIREMOS AS PORTAS DA BIBLIOTECA . TODO O ALUMNADO DO CENTRO FARÁ A FORMACIÓN DE USUARIOS PARA LEMBRAR O FUNCIONAMENTO E AS NORMAS. REALIZARÁN ACTIVIDADES DESEÑADAS POLO EQUIPO DE BIBLIOTECA QUE LLE AXUDARÁN A COÑECER OS RECURSOS E AS POSIBILIDADES QUE ÉSTA OFRECE, TRATANDO DE PROPORCIONARLLE AUTONOMÍA NA BÚSQUEDA DE INFORMACIÓN.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



