Hoxe tivemos na aula unha actividade preparada polos papás de Aroa, que quixeron compartir connosco un anaco de maxia do universo. Primeiro ensináronnos a crear a nosa propia galaxia dentro dun bote. Para iso utilizamos: algodón, colorante e purpurina brillante.
Pouco a pouco, mesturando e colocando as capas, fomos vendo como dentro do bote aparecían espirais de cores, luces e pequenos puntos que semellaban estrelas. Parecía que tiñamos o universo atrapado entre as mans!
Para rematar, sorprendéronnos cun agasallo: unhas libretiñas con motivos do universo, ideais para debuxar estrelas, planetas, foguetes ou escribir pequenas aventuras espaciais.
Grazas pola vosa colaboración.
PREME NA IMAXE
