Hoxe, veu á aula a mamá de Olaia, veu compartir con nós a súa afección polo universo. Primeiro explicounos como é o universo, e as marabillas que agocha: galaxias, estrelas, nebulosas… Despois descubrimos as constelacións, eses debuxos feitos con estrelas que as persoas observan dende hai moitos anos. Recreamos algunhas coa axuda dunha lanterna e uns vasiños onde había uns buracos e proxectaba a constelación no teito da aula.
Tamén nos ensinou un telescopio, explicando para que serve e como nos axuda a ver obxectos moi lonxano pero non poidemos usalo porque hoxe non había sol, aínda que no lo deixou na aula para que poidamos observalo outro día.
Para rematar, fixemos unha actividade creativa: cunha especie de plastilina que se seca ao aire, fixemos os nosos propios planetas ou outros corpos celestes.
Grzas pola túa colaboración.
PREME NA IMAXE
