domingo, 4 de noviembre de 2018

SAMAÍN ENTRE CONTOS


O día 31 de outubro celebramos no Centro a FESTA DO SAMAÍN.  Ao longo da semana estiveron expostas as cabazas nos corredores do Centro e traballamos o medo nas aulas a través dos contos.

Leopoldo, a mascota da biblioteca, envioulle coma sempre unha carta ás familias pedindo a súa colaboración para elaborar as cabazas, facendo alusión aos CONTOS. As familias non deixan de sorprendernos coa súa cretividade e participación masiva. Carapuchiña, o Patiño Feo, Pinocho, O Monstro de Cores, A Cincenta, 101 Dálmatas, entre outros,  foron personaxes de contos recreados con grande imaxinación

Ademais, foi unha xornada de portas abertas para a toda a Comunidade Educativa  que se prolongou ata as nove da noite.

Coa colaboración inestimable da ANPA realizamos unha festa a partir das 6 e media da tarde. As familias colaboraron novamente, realizando comidas propias destas datas, nas que volveron a amosar a súa capacidade artística. O alumnado veu disfrazado para a ocasión.

Damos as grazas en nome da ANPA  a empresa láctea FEIRACO, que aportou iogures bebibles para todos.

Presentamos o vídeo a toda a Comunidade Educativa para que poidades disfrutalo.

PARABÉNS E MOITAS GRAZAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario