viernes, 26 de octubre de 2018

24 OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


  TODO O ALUMNADO ESTABA PENDENTE DA CHEGADA DESTE DÍA, NO QUE FESTEXAMOS A APERTURA DA BIBLIOTECA.

  OS RAPACES SABEN BEN QUE COMEZA O PRÉSTAMO DE LIBROS E A BIBLIOTECA ABERTA  FUNCIONANDO  EN TODOS OS RECREOS E POLA TARDE. É MOI EMOCIONANTE PALPAR  A ILUSIÓN QUE PRESENTAN POR LEVAR AS MOCHILAS E A SORPRESA POR VER O NOVO MATERIAL BIBLIOGRÁFICO E VIDEOGRÁFICO.

TRABALLAMOS PREVIAMENTE NAS AULAS ESTA CONMEMORACIÓN FACENDO CARTEIS REPRESENTATIVOS, ENLAZANDO A TEMÁTICA  PRESENTADA POR B.E.G.A E A TEMÁTICA DO CENTRO.

CADA AULA FIXO  PAREADOS E POEMAS ALUSIVOS AO  CONTO OU CONTOS, LENDAS, CONTOS DE TRADICIÓN ORAL... QUE TRABALLARÁN AO LONGO DO CURSO.

PRESENTÁMOSVOS O VÍDEO:

POEMAS RIMADOS DE CONTOS CONTADOS


1 comentario: