luns, 13 de abril de 2026

FALADOIRO: "XOGANDO CO UNIVERSO" 5 ANOS B

 Hoxe,  visitounos Paula, a mamá de Nora, que veu compartir con nós unha actividade moi divertida relacionada co universo: UN BINGO ESPACIAL, no que, en vez de números, tiñamos imaxes e elementos do universo: planetas, estrelas, foguetes, astronautas, extraterrestres,... e ata FORMITAS (a nosa mascota)

Cada vez que xiraba, estabamos en silencio como no bingo de verdade e atentos para ver se tiñamos esa imaxe no noso tarxetón e poder tachala. Que emoción!!!! Todos querían ser os primeiros en completalo,....  

A sorte quixo que fose LIRA  a primeira en cantar bingo, pero serviunos para recordar algo moi importante: o mellor dos xogos non é gañar, senón participar e pasalo ben xuntos. 

Despois, con Nora, xogamos ás adiviñas,  cos planetas do noso sistema solar. A solución tiñaas ela moi ben representadas e decoradas por ela mesma en cartulinas negras moi vistosas.

Grazas pola túa colaboración.

PREME NA IMAXE