EDUCACIÓN FÍSICA
Obra de teatro:
"A SEREÍÑA ARIEL, A HEROÍNA DOS OCÉANOS"
É a adaptación do conto da serea. Elaborouse na área de E.F. para levarse a
cabo co alumnado de sexto. É un pequeno musical que trata o tema da
contaminación dos océanos e a necesidade de que a humanidade se una para buscar
solucións a este problema para a vida mariña e submarina. Así mesmo, a heroína
é unha muller. Rómpese deste xeito co estereotipo de que a muller é a
débil e debe ser salvada. A educación física, abarca a maioría dos contidos da
materia con esta obra. Realízanse actividades de mimo, expresión dramática,
danza con distintas coreografías, ximnasia, acrosport...
A área de música, colaborou cunha canción que fixo e
interpretou o grupo de 6º A.
O 16 de xuño representouse no centro, e para as familias,
fíxose onte, o 18 pola tarde, no salón de actos de Bertamiráns. É o acto de despedida
do alumnado de sexto do que foi o seu centro durante 9 cursos.
Se queres ver un pequeno resumo da obra de teatro interpretada no centro para o alumnado
preme aquí
Se queres ver un pequeno resumo da obra de teatro interpretada na Casa da Cultura de Bertamiráns para as familias
preme aquí