viernes, 23 de abril de 2021

CREAcción Día do Libro 2021

 

No CEIP Agro do Muíño démoslle vida a un novo espazo lector. Para iso, dentro do noso PDI “ Pasiño a pasiño facemos o Camiño”, mesturándoo co lema deste curso “Xeografías Lectoras” montamos o noso CAMIÑO POÉTICO,  empregando distintos recursos (plásticos, sonoros e literarios) e nel participaron a totalidade das aulas do centro. Trátase dun corredor que comunica o centro co pavillón  e nel creamos este espazo, que se fusiona co día da árbore e co proxecto Voz Natura: PASIÑO A PASIÑO FACEMOS O CAMIÑO DA POESÍA.

A actividade consistiu en recompilar ou inventar poesías relacionadas co Camiño, plasmalas nunha pedra de cartón pluma, decoralas, recitalas e gravalas. Todo isto acompañado dunha bota de peregrino decorada e chea de flores simbolizando a nosa peregrinaxe. Deste xeito, e tendo en conta a  situación de pandemia que estamos a vivir, buscamos que todo o alumnado poida gozar da totalidade das poesías das diferentes aulas, dándolle vida ao noso novo espazo  lector.