viernes, 21 de febrero de 2020

OS DE 3º FAN TEATRO

Con motivo da visita ao centro dos compoñentes do programa televisivo galego "Era visto", o alumnado de 3º de E.P. preparou unha representación teatral na que reivindican a importancia da toponimia:

"O señor Xosé cae desmaiado e chaman á ambulancia para que vaia a Ames- igrexa, pero cando chega alí non hai ninguén e danse conta que deron a información mal, non era no concello de Ames senón na parroquia de Ames,..."

Rematan dita representación cun "Era visto..." que provocou as risas de todo o público asistente, incluidos os actores da serie que tanto éxito está a ter na TVG. Eles foron os primeiros en aplaudir e agradecer a actuación dos nosos pequenos, pero grandes artistas.

Disfrutade vós tamén coa obra:


Dámoslle a noraboa tamén á súa mestra e directora da obra Mari. 
Sodes o futuro cultural do noso país!!