domingo, 8 de enero de 2017

IRMANDADE PALABRA DO ANO 2016


IRMANDADE


Irmandade foi elixida a Palabra do Ano 2016 na votación popular promovida polo Portal das Palabras, o proxecto que comparten a Real Academia Galega e a Fundación Barrié para a modernización do traballo lexicográfico e a difusión da nosa lingua. Os participantes nesta iniciativa quixeron así renderlles homenaxe, no centenario da súa fundación na Coruña, ás Irmandades da Fala, e tamén salientar a vixencia das súas reivindicacións. Este movemento pulou no primeiro terzo do século XX pola modernización e a dignificación da lingua e da cultura galegas, defendo o uso do idioma propio de Galicia en todos os contextos.
PARA MÁIS INFORMACIÓN CLICA NO ENLACE : IRMANDADE



No ano 2016 conmemorouse os cen anos  das Irmandades da Fala, iniciativa popular galega que entre 1916 e 1936 traballaron, a través dunha  rede de organizacións  locais, pola reivindicación e recuperación da língua, promovendo todo tipo de iniciativas sociais e culturais .