martes, 18 de xaneiro de 2022

Nova sección: MANGA/ANIME

 Hoxe na biblioteca inauguramos unha nova sección debido a numerosas peticións do alumnado a "SECCIÓN MANGA".


Pouco a pouco iremos completando a nosa colección con títulos interesantes.


O cartel desta sección foi deseñado a partir de 2 grandes artistas deste xénero Manga/Anime que son Carme Basante e Nerea Muleiro alumnas de 4º A.


Grazas pola vosa colaboración e polos vosos debuxos!!!Están xeniais!!!



venres, 14 de xaneiro de 2022

Concurso Mascota da Radio Escolar

 Como sabedes, este curso participamos no programa "Radio na biblio" e para comenzar Leopoldo necesita unha amiga que lle axude na radio de Agrobiblio.

Esperamos a túa participación!!!



martes, 11 de xaneiro de 2022

MALETA CIENTÍFICA DO CAFI

 Hoxe publicaron na aula virtual do CAFI, o traballo que levamos a cabo coa maleta de primeiros experimentos como un exemplo de "Boas prácticas co Kit SnackLab". 

Noraboa a todxs!!!

mércores, 22 de decembro de 2021

NADAL 2021

 Presentámosvos algúns dos nosos traballos deste Nadal 2021

luns, 20 de decembro de 2021

ENTREGA DE AGASALLOS

 Hoxe tivemos a entrega dos agasallos dos gañadores e gañadoras do "Concurso de Postais de Nadal" na biblioteca. Asistiu Lucía, en representación da ANPA, as coordinadoras dos equipos de Dinamización da Lingua Galega e  Biblioteca e Mari, a directora do centro.

Esperamos que vos gustasen!!!

Preme na imaxe para velo



CHARLA PARA ALUMNADO DE 4º E 6º

 O pasado venres, tivemos a sorte de contar coa gran experiencia da psiclóloga, Belén Montesa Lou, xa que deunos unha charla sobre "Educación afectivo sexual" ao alumnado de 4º e 6º de Primaria.






venres, 17 de decembro de 2021

EXPOSICIÓN DAS POSTAIS DE NADAL 2021

 O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do cole, organizou o 

"Concurso de Postais de Nadal".

Neste primeiro vídeo podedes ver a imaxinación e creatividade 

do noso alumnado.

E neste vídeo 

AS POSTAIS GAÑADORAS!!!!

Parabéns aos gañadores e participantes!!!

luns, 13 de decembro de 2021

CHARLA PARA AS FMILIAS

 Mañá comezamos cunha primeira charla para familias 

organizado conxuntamente polo Centro, CAFI e ANPA. 



NADAL PEREGRINO DE CONTOS: GUÍA DE LECTURA DE NADAL 2021

 XA CHEGARON AS RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA ESTE NADAL!!!



Neste documento deixámosvos as nosas recomendacións para os diferentes niveis que dende os equipos de Bibliotecas Escolares dos centros públicos de Ames eleboramos. 

Pretenden ser unha recomendación de libros que nos parecen interesantes!!!



A NOSA ÁRBORE DE NADAL

Algúns d@s nos@s "Biblioaxudantes" deste curso axudaron e confeccionaron a nosa ÁRBORE DE NADAL.

Mirade o maravilloso resultado!!!



Preme na ábore para ver aos "Biblioaxudantes"

Moitas grazas a todas e todos por colaborar e axudar!!!

Sodes xeniais!!!

xoves, 9 de decembro de 2021

FALADOIROS NO MUÍÑO 5

 Nesta ocasión, visitounos Carolina Moscoso, na aula de 1º C, para ensinarnos  a aplicación "PictoXacobeo" e explicounos que é unha aplicación para Android deseñada específicamente para facilitar a interacción dos peregrinos do Camiño de Santiago con necesidades comunicativas especiais (trastornos da fala, comprensión lectora e escritora, dificultades da linguaxe, etc.).

Preme na imaxe para velo


Moitas grazas pola túa visita!!!


martes, 7 de decembro de 2021