Rematou o mes de novembro e tamén "AS FESTAS DA CIENCIA".
Así pasámolo neste mes de novembro, experimentando e experimentando....
Rematou o mes de novembro e tamén "AS FESTAS DA CIENCIA".
Así pasámolo neste mes de novembro, experimentando e experimentando....
Nesta ocasión, que mellor que aprender de dous irmáns maiores que ademais comparten o seu coñecemento científico. Kostka e Jordan realizaron varios experimentos na aula de 4 anos A co seu irmán.
Son 3 grandes científicos!!!
Grazas por compartir e pola vosa visita!!!
Preme na imaxe para velo
Ao longo da semana pasada estivemos traballando sobre o tema do Día en contra da violencia de Xénero.
Para facer visible a violencia contra mulleres e nenas, dende o centro propúxose que o alumnado, de xeito voluntario, viñera vestido de negro.
Grazas ás familias pola súa colaboración.
Preme na imaxe para vernos
Nesta ocasión recibimos a visita de Verónica e Isabel que fixeron varios experimentos na clase de 4 anos A.
Preme ma imaxe para velo
Para esta ocasión, en relación co noso PDI: "Pasiño a pasiño facemos o camiño" e en colaboración cós diferentes equipos de traballo, achegamos a proposta, de realizar dous camiños "violetas", sinalizados cunhas flechas e partindo dunha lista de palabras positivas e negativas, relacionados co tema da VIOLENCIA DE XÉNERO, onde cada aula, coa súa palabra, reflexionou sobre a situación actual ante este tema.
Estes dous camiños, se colocaron polo corredor do centro, que se xuntaban nun mural central e o lema escollido foi:
E TI, QUE CAMIÑO ELIXES?
NON CAMIÑEMOS POLO CAMIÑO DA VIOLENCIA
Tamén, non queríamos esquecer o noso pasado, o pasado da figura da Muller Celta e o seu papel tan relevante.
MATERIAIS DA BIBLIOTECA
Tarde de formación do noso profesorado en AGROBIBLIO de
NEUROEDUCACIÓN
da man de Lara Arribas e Eva Muñoz.
Como neste mes é o Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas Escolares, nesta ocasión, o papá Xoán Ramón, fíxonos un espectacular experimento.
Preme na imaxe para velo
Moitas grazas pola túa visita!!!
Hoxe o alumado de 4º A tivo a sorte de contar cun "Obradoiro sobre Mulleres Científicas", da man de Fátima Rodríguez Piña, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Este obradoiro deunos a
coñecer as expedicións que realizaron dúas mulleres científicas galegas Isabel
Zendal Gómez e Ánxeles Alvariño González. Explicou a súa biografía e
realizou dous experimentos científicos nos que se abordaron os
conceptos de microbioloxía e inmunoloxía.
O obxectivo deste obradoiro é dar visibilidade e recoñecemento a través dos experimentos
científicos a estas dúas mulleres Científicas e Galegas en Galicia , posto que
os seus descubrimentos e expedicións son un exemplo de constancia, traballo e
filantropía, que son valores que de maneira transversal, xunto coa educación en
igualdade entre homes e mulleres, educación en saúde e educación polo medio
ambiente se pretendeu potenciar neste obradoiro.
preme na imaxe para ver o vídeo
Como sabedes, neste mes comezamos
"OS FALADOIROS NO MUÍÑO"
Nesta ocasión, coa avoa científica Irene, que veu a facer uns experimentos na aula de 4 ANOS A.
Moitas grazas pola túa participación!!!
NOVEMBRO, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas - 2021
Cartel realizado por Noela 2º B
Durante o mes, a ciencia será a protagonista e encheremos a nosa Agrobiblio de ciencia e "pequecientificxs", de todas as idades.
Para comezar este camiño de Ciencia en GALEGO, dispoñemos a "Maleta de primeiros experimentos de ciencia Snacklab" do CAFI.