venres, 15 de abril de 2011

XOGO DAS MEIGAS










Ao noso cole chegaron unhas meigas moi algareiras e travesas que se foron agochando nos corredores. Desexaban que os nenos/as de Ed. Infantil e 1º Ciclo as atopasen. Cada día durante unha semana ían deixando unhas pistas que os nenos/as tiñan que ler, despois irían na súa busca co fin de identificalas e poñerlles nomes. Foi unha actividade moi divertida. Aquí temos unha mostra de dúas das nosas intrusas...Se queres ver os traballos realizados polos nenos/as de Ed. Infantil clica AQUÍ

xoves, 14 de abril de 2011

A INVESTIGAR TOCA

A protagonista fundamental do SAMAÍN é a cabaza. Sería interesante no caso que nos ocupa, investigar sobre a cabaza peregrina: -De que planta se obtén? -Onde a levaba habitualmente o peregrino? -Para que a usaba? -Como se preparaba para este uso? Clica sobre estas palabras para obter a información que precisas:

CABAZA PEREGRINA CAMIÑO SAMAÍN

mércores, 13 de abril de 2011

INFORMACIÓN DOCUMENTAL


SE QUERES INFORMACIÓN SOBRE OS DIFERENTES CAMIÑOS CLICA AQUÍ

XOGO DAS MEIGAS




A ver se sodes quen de atopar a todas as meiguiñas que se perderon polos corredores do cole . Lembrade que para atopalas tedes que ler a información das súas características previamente.

martes, 12 de abril de 2011

FORMACIÓN DE USUARIOS




FORMACIÓN DE USUARIOS Se queres traballar cos nenos/as na FORMACIÓN DE USUARIOS estas actividades en JCLIC. serviranche de axuda.Clica pois no seguinte enlace e boa viaxe!!!!:

luns, 11 de abril de 2011

OS CAMIÑOS A COMPOSTELA


Nas aulas de Ed. Infantil e Ed. Primaria traballáronse os diferentes camiños.

No MAGOSTO cada etapa dos diferentes Camiños sirveu de estación para relizar nela un xogo medieval: badeo de ríos, tiro de lanzas, tiro de pedras, paso de ríos con zancos...

Previamente se daba lectura as características máis importantes dese lugar (fin de etapa) e se informaba do percorrido todavía pendente ata Compostela.
Esta é unha mostra do traballo no CAMIÑO PRIMITIVO para o alumnado de Ed. Infantil.

domingo, 10 de abril de 2011

PARA PENSAR


CONTOS, CANTOS E LENDAS NO CAMIÑO ( Os mosteiros)
É un bo vídeo para pasar un bo rato e como non para que xurda o debate. Nun mosteiro prodúcese o paso do pergamino ao libro e... A que nos recorda????? Novas tecnoloxías, libros en web tal vez???

sábado, 9 de abril de 2011

O SAMAÍN (EXPOSICIÓN DE CABAZAS)






Á TARDIÑA, COMO TEN QUE SER, AS LÁMPADAS ACESAS ILUMINARON AS CABAZAS MENTRAS CAÍA A NOITE. TODO UN PRIVILEXIO. OLLADE, OLLADE!!!! (VER FOTOS)

FOI UNHA EXPERENCIA FANTÁSTICA. MÁIS DE 400 CABAZAS TROUXERON AS FAMILIAS. ENVIAMOS UNHA NOTIÑA PEDINDO A SÚA COLABORACIÓN E A RESPOSTA FOI MASIVA.

ÁS 19:00 HORAS, UN REGUEIRO DE XENTE PERCORRÍA A EXPOSICIÓN.

PARABÉNS PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.

venres, 8 de abril de 2011

EXPOSICIÓN CONTOS DE MEDO


Coa chegada do Samaín e baixo o título AI MAMAIÑA QUE MEDO! fixemos esta exposición de libros de medo na planta baixa cole. Disfrutamos tod@s: nais, pais, profes e por suposto nen@s

mércores, 6 de abril de 2011

NOVO PROXECTO NA NOSA BIBLIO

Durante o curso 2010-2011 iniciamos un novo proxecto titulado : CANTOS, CONTOS E LENDAS NO CAMIÑO. Ao longo do curso imos deseñando diferentes actividades para conquerir os obxectivos deseñados.
Adquirimos os fondos documentais para desenvolver o noso traballo. Tamén podedes consultar no seguinte enlace para obter outras informacións:

martes, 5 de abril de 2011

PARA PENSAR



JOSÉ ANTONIO MARINA fai unha recomendación de lectura. Previamente fai unha reflexión para o debate. Interesante ¿non si?