Páginas

Páginas

mércores, 18 de decembro de 2019

GUÍA DE LECTURAS PARA NADAL


A REDE DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DOS CENTROS PÚBLICOS DE AMES, VEN DE PUBLICAR A GUÍA DE LECTURAS PARA ESTE NADAL.

RECOMENDÁMOSVOS A LECTURA DALGÚN DESTES LIBROS. QUE DE SEGURO  VOS ENCANTARÁN.

O EQUIPO DE BIBLIOTECA APROVEITA PARA DESEXARVOS UN BO NADAL E UNHAS FELICES FESTAS.


GUÍA DE LECTURA NADAL 2019



xoves, 28 de novembro de 2019

LUIS ZAHERA EN AGRO DO MUÍÑO


FOI UNHA EXPERIENCIA FANTÁSTICA PODER CONTAR CON LUIS ZAHERA NO NOSO CENTRO.

O ACTOR ACHEGOUSE GRAZAS ÁS XESTIÓNS DA PROFE  ALICIA, Á QUE DAMOS AS GRAZAS. 

 QUEDAMOS TODOS ABRAIADOS NON SÓ POR TEN DIANTE A UN ESTUPENDO ACTOR (POPULAR, COMO EL HUMILDEMENTE DI) SENON  TAMÉN  POLA SÚA CALIDADE PERSOAL: CERCANO, SINXELO, ALEGRE E MOI DIDÁCTICO. DURANTE  MÁIS DE DÚAS HORAS O ALUMNADO DE 4º, 5º E 6º DE ED PRIMARIA  NON SE CANSOU  DE FACER PREGUNTAS E  CUNHA DELICADEZA EXTRAORDINARIA FOI CONTESTANDO A CADA UNHA DELAS.

PREVIAMENTE NAS AULAS O ALUMNADO TRABALLARA SOBRE A FIGURA DO ACTOR E A SÚA FILMOGRAFÍA. APROVEITAMOS A VISITA COMO RECURSO PARA TRABALLAR A NOTICIA E A ENTREVISTA

AS PREGUNTAS FORMULADAS POLOS NENOS/AS FORON DO MÁIS INTERESANTES E VERSARON SOBRE A FIGURA DO ACTOR, COMO CHEGARA A ESE MUNDO, DOS SEUS SENTIMENTOS, INQUEDANZAS, O MELLOR E PEOR DA SÚA PROFESIÓN, DA SÚA FILMOGRAFÍA  E INCLUSO SOBRE O SEU SENTIR NUN TEMA TAN DELICADO COMO AS DROGAS.

O ACTOR APROVEITOU PARA FALARLLE DA EDUCACIÓN NOS SEUS TEMPOS, NAS DIFERENZAS QUE OBSERVABA NOS RECURSOS E NA METODOLOXÍA, DO DESTINO, DA NECESIDADE DE TRABALLAR DURO E DE NON RENDERSE NUNCA, DO MOMENTO NO QUE A UN SE LLE ABREN OS OLLOS E SE PRODUCE UN "CLIK" QUE CHE MANIFESTA O QUE REALMENTE CHE GUSTARÍA SER NO FUTURO E ANTE UNHA DAS PREGUNTAS FORMULADAS APROVEITOU PARA INCIDIR NA NECESIDADE DE  SEPARARSE SEMPRE DO MUNDO DAS DROGAS.

VAIA PARA TI, LUIS, O  AGRADECEMENTO MÁIS PROFUNDO DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO.


luns, 25 de novembro de 2019

OBRADOIROS DE IGUALDADE. 25 NOVEMBRO 2019



DURANTE A ÚLTIMA SEMANA DE NOVEMBRO TRABALLAMOS NO CENTRO OBRADOIROS PARA A IGUALDADE.

O ALUMNADO DE ED. INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA FIXERON LECTURAS DE LIBROS COEDUCATIVOS. TIVERON TAMÉN UN OBRADOIRO DE CONTACONTOS SOBRE A IGUALDADE DE XÉNERO.

O ALUMNADO DE 2º CICLO PARTICIPOU  NO  OBRADOIRO "XINCANA POLA IGUALDADE". A TRAVÉS DE DIFERENTES PROBAS QUE FACÍAN EN DOUS EQUIPOS REALIZARON AS TAREFAS PROPIAS DA CASA: POÑER A MESA, CAMBIAR CUEIROS, VESTIR AOS NENOS/AS, PEITEALOS, VARRER, RECOLLER, DOBRAR A ROUPA, MEDIR, POÑER A MESA...

COMPROBARON QUE COLABORANDO TODOS OS MEMBROS DA FAMILIA AS TAREFAS SON MÁIS DOADAS E QUE TODOS PODEMOS TRABALLAR CONXUNTAMENTE. DECATÁRONSE E TOMARON CONCIENCIA  DA CANTIDADE DE TAREFAS PROPIAS DO FOGAR.

O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA ELABOROU UN CARTAZ SOBRE AS FORMAS MÁIS SUTILES E MÁIS VIOLENTAS DE VIOLENCIA CONTRA A MULLER, AS FORMAS OCULTAS E AS VISIBLES, RECOLLIDAS EN FORMATO DUN ICIBERG (AMNISTÍA INTERNACIONAL)

EN TODAS AS AULAS FIRMÁRONSE COMPROMISOS DE RECHAZO A TODA FORMA DE MACHISMO DENTRO DO COLEXIO, DE COLABORAR COAS TAREFAS DENTRO DE FOGAR  E DA OBRIGA DE NON PECHAR OS OLLOS E COMUNICALO AOS TITORES/AS ANTE SINAIS MACHISTAS PARA COMENTALO E FALALO NAS AULAS.

mércores, 20 de novembro de 2019

MES DA CIENCIA



AO LONGO DO MES DE TRABALLAMOS NA CIENCIA NO NOSO CENTRO.

NAS DIFERENTES AULAS FIXÉRONSE DIFERENTES EXPERIMENTOS SOBRE A MATERIA, OS MATERIAIS, TÉCNICAS DE SEPARACIÓN DE MATERIAIS PREVIAMENTE MESTURADOS , MEDICIÓNS DE SÓLIDOS, LÍQUIDOS...

TAMÉN APROVEITAMOS PARA REALIZAR PINTURAS CON MESTURAS DE AUGA E PRODUCTOS NATURAIS (CAFÉ, REMOLACHA, ACELGAS, ETC)  PARA REALIZAR OS DIFERENTES TINTES E CREAR LOGO  UNHAS FERMOSAS PINTURAS RUPESTRES.

O ALUMNADO DE 5º REALIZOU DIVERSAS  MAQUETAS SOBRE AS PARTES DA CÉLULA QUE ESTIVERON EXPOSTAS AO LONGO DO MES NOS CORREDORES DO CENTRO.

O ALUMNADO DE ED. INFANTIL COMBINOU, RECICLAXE,  PELÍCULAS E  CIENCIA REALIZANDO  DIFERENTES REPRESENTACIÓNS DE PELÍCULAS A MODO DE XOGOS MANIPULATIVOS, NO QUE EN BOTELLAS PLÁSTICAS MESTURARON AUGA, PURPURINAS E PERSONAXES DE PELÍCULAS.

DENDE A BIBLIOTECA  PARA FACER UNHA EXPOSICIÓN DE LIBROS DE CIENCIA.

martes, 19 de novembro de 2019

VAI DE CINE


DISFRUTAMOS DO CINE
GÚSTANOS O CINE

O alumnado de Ed Infantil de 4 e 5 anos fomos o día 10 de outubro a ver a película MANOU. Manou é unha anduriña criada por unhas gaivotas. Esta anduriña, medra coa falsa idea de que é unha gaivota, ata que pouco a pouco vai descubrindo de que nunca vai ser aceptada como tal...Ante un problema común gaivotas e anduriñas  olvidan as diferenzas e teñen que unirse fronte a un inimigo común.

O alumnado de 1º de Ed Primaria asistiron o día 18 de outubro  a Curtocircuito no que viron 9 curtas de valores.

Foi unha experiencia ben interesantes para reflexionar e traballar logo nas aulas.


domingo, 10 de novembro de 2019

SAMAÍN DE CINE

COMO TODOS OS ANOS CELEBRAMOS A FESTA DO SAMAÍN.


ESTA FESTA NON PODERÍA SER, SEN A AXUDA E COLABORACIÓN DE TODAS AS FAMILIAS, ÁS QUE DENDE O EQUIPO DA  BIBLIOTECA DAMOS AS GRAZAS UN ANO MÁIS.

AGRADECEMOS  A COLABORACIÓN DE ANPA,  QUE SEMPRE PREOCUPADA, XESTIONOU A ADQUISICIÓN DE BATIDOS E AUGA DAS EMPRESAS FEIRACO E FROIZ PARA A FESTA DE DISFRACES REALIZADA POLA TARDE-NOITE.

O NOSO AGRADECEMENTO A TODOS OS PAIS-NAIS QUE AXUDARON NA PREPARACIÓN DA FESTA E NA RECOLLIDA.

AMOSAMOS UNHA MOSTRA DA CALIDADE CREATIVA DAS FAMILIAS DO C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO.

TEMA : UN CURSO DE PELÍCULA

domingo, 3 de novembro de 2019

GUÍA DE USUARIOS

REALIZAMOS A GUÍA DE USUARIOS DO CURSO 2019-20 ADAPTÁNDOA PARA A NOSA BIBLIOTECA  DA RECOLLIDA DO C.E.I.P. PLURILINGÜE A CRISTINA   O RECUNCHO DE NUNO,  AO QUE DAMOS AS GRAZAS.

AÍNDA QUE XA A LEVÁSTEDES PARA CASA EN FORMATO PAPEL, DECIDIMOS COLGALA EN FORMATO DIXITAL  PARA QUE POIDADES VISIONALA CANDO QUEIRADES.




sábado, 2 de novembro de 2019

XA PODEDES VER AS PRIMEIRAS NOVIDADES


VEÑA, QUE XA EMPEZAMOS

ANIMÁDEVOS A VER AS PRIMEIRAS NOVIDADES QUE MERCAMOS PARA A BIBLIOTECA. ENGADIREMOS ALGUNHA MÁIS ESTADE ATENTOS!!!!
XA SABEDES QUE MENTRAS ESTÁN EN EXPOSICIÓN NON PODEDES LEVALOS, PERO AXIÑA IRÁN PARA A BIBLIO.

xoves, 31 de outubro de 2019

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

VALORAMOS O CINE

PROPOSTA DO MINISTERIO DE CULTURA E DEPORTE NESTE ANO 2019, INCORPORANDO O LEMA "APTAS PARA TODOS OS PÚBLICOS" CO OBXECTIVO DE SALIENTAR O PAPEL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES NA PROMOCIÓN DA IGUALDADE DE XÉNERO


O día 24 de outubro celebramos no centro o día das bibliotecas escolares. Seguindo o lema B.E.G.A. 

BIBLIOTECAS ESCOLAR,VIVEIRO DE CIDADANÍA

E APROVEITANDO O CINE COMO RECURSO DECIDIMOS VISIONAR  NAS AULAS DIFERENTES CURTAS OU PELIS, COMO RECURSO, PARA TRABALLAR VALORES, QUE LLES ENSINEN A CONVIVIR COS OUTROS.

 ADEMAIS DURANTE ESA SEMANA REPARTIMOS  OS CARNÉS DE BIBLIOTECA AO PROFESORADO E ALUMNADO, FIXEMOS  A FORMACIÓN DE USUARIOS EN TODOS OS CURSOS E A FORMACIÓN DO PROFESORADO NO USO DO PROGRAMA MEIGA. E COMO NON SAÍRON AS MOCHILAS VIAXEIRAS .


AMOSAMOS UN VÍDEO DO TRABALLO REALIZADO.



luns, 30 de setembro de 2019

A ED. FÍSICA TAMÉN FALA DE CINE A TRAVÉS DE XOGOS DE ORIENTACIÓN

Á BUSQUEDA DA FOTOGRAFÍA CINEMATOGRÁFICA

ESTA ACTIVIDADE REALIZOUSE NO PASEO DO RÍO E PARQUE  EN BERTAMIRÁNS.

O ALUMNADO EN GRUPOS DE CATRO SAEN CADA CINCO MINUTOS.

LEVAN UN PLANO DO PARQUE, NO QUE HAI MARCADOS OITO PUNTOS NUMERADOS DO UN AO OITO. 

EN CADA UN DOS PUNTOS HAI UNHA FOTOGRAFÍA DUNHA PELÍCULA, QUE DEBEN ATOPAR. CADA FOTOGRAFÍA TEN UNHA ESCEA QUE FAI ALUSIÓN A UN DOS XÉNEROS CINEMATOGRÁFICOS TRABALLADOS PREVIAMENTE.


CANDO ENCONTRAN A FOTOGRAFÍA (IRÁN POR ORDEN NUMÉRICO) ESCRIBEN NUNHA TARXETA QUE LEVAN, O XÉNERO AO QUE PERTECE A PELÍCULA.

PENALIZACIÓN: PASARSE DO TEMPO ESTIPULADO E NON TER ATOPADO NINGUNHA DAS FOTOGRAFÍAS.

xoves, 26 de setembro de 2019

AMBIENTACIÓN DO COLE




QUE MELLOR MANEIRA DE RECIBIR AO ALUMNADO CUN ADIANTO  DO TEMA  QUE VAI SER O EIXE FUNDAMENTAL DO CENTRO DURANTE ESTE CURSO!!!!!

ADEMAIS DE RECIBILOS EN TODAS AS ENTRADAS, SAÍDAS E CAMBIOS DE CLASE CON MÚSICA DE PELÍCULAS DECIDIMOS DECORAR O COLE E AS PORTAS DAS AULAS COA TEMÁTICA DE CINE.

AMOSAMOS NA PARTE SUPERIOR  UN COLLAGE CUNHA MOSTRA DA AMBIENTACIÓN.

luns, 16 de setembro de 2019

PROXECTO 2019 -20 UN CURSO DE PELÍCULA


UN CURSO DE PELÍCULA




O CINE VAI SER O NÚCLEO CENTRAL DO PROXECTO ANUAL NO NOSO CENTRO PORQUE  CREMOS NA IMPORTANCIA DE :

  • VALORAR A LINGUAXE VISUAL E PLÁSTICO COMO MEDIO DE EXPRESIÓN DE VIVENZAS, SENTIMENTO E IDEAS.
  • INTEGRAR A LINGUAXE VERBAL E NON VERBAL
  •  É UN MEDIO DENDE O QUE PODEMOS ACCEDER AO COÑECEMENTO.
  • SERVE   DE OCIO E DISFRUTE
  • O CINE COMO MOTIVACIÓN E EXPERIENCIA
  • RECURSO PARA TRABALLAR VALORES, CONFLITOS E DESENVOLVER A ANÁLISE CRÍTICA
  • ABORDAR O CURRICULO DE FORMA TRANSVERSAL.

venres, 14 de xuño de 2019

MEMORIA FOTOGRÁFICA ENTRE CONTOS ANDA O CONTO

   XA NO REMATE DO CURSO PRESENTAMOS A MEMORIA FOTOGRÁFICA DE MOITAS DAS ACTIVIDADES LEVADAS A CABO NO CENTRO A TRAVÉS DO PROXECTO DA BIBLIOTECA ENTRE CONTOS ANDA O CONTO QUE VERTEBRA A PRACTICA DOCENTE ANUAL.

     O NOSO AGRADECEMENTO A TODO O ALUMNADO, AO PROFESORADO, AOS PAIS E NAIS, A AMPA, AO CONCELLO DE AMES, AOS CONFERENCIANTES, ILUSTRADORES E AUTORES QUE PASARON POLO CENTRO, Á REDE DE BIBLIOTECAS DE AMES, AO EQUIPO DIRECTIVO POR CRER NESTE PROXECTO E APOSTAR POLOS CAMBIOS NO ENSINO E A TODO O EQUIPO DE BIBLIOTECA. 

   DESEXAMOS FACER UN RECOÑECEMENTO SINXELO (COMO A ELA LLE GUSTAN AS COUSAS) MOI AGARIMOSO A ANA FARIÑAS, A NOSA COORDINADORA, QUE "CONTRA VENTO E MAREA" E LIBRANDO MOITAS DIFICULTADES, SEMPRE CON DOZURA E UN SORRISO NOS BEIZOS, DOULLE PULO E FIXO POSIBLE QUE CHEGARA AO SEU FIN.

  GRAZAS ANA.


 

martes, 11 de xuño de 2019

GUÍA DE LECTURAS VERÁN 2019

XA VAI TOCANDO UN BO E MERECIDO DESCANSO.

 É HORA DE ADICAR O TEMPO DE OCIO ÁS ACTIVIDADES QUE MÁIS NOS GUSTAN.

LER SEMPRE É UN PRACER E SE SE FAI Á SOMBRIÑA, CO RUMOR DA AUGA DUN RÍO, OU TOMANDO O SOL ARRULLADO POLAS ONDAS DO MAR, OU NA CASIÑA AO FRESCO MOITO MELLOR.

CADA QUEN QUE ELIXA O ESPAZO  QUE MÁIS LLE GUSTA PARA RELAXARSE, PARA  VIVIR AS INTENSAS AVENTURAS QUE NOS OFRECEN A NOS, PEQUENOS E GRANDES LECTORES, A MAXIA DA PALABRA DE TANTOS ESCRITORES.

A REDE DE BIBLIOTECAS DOS CENTROS PÚBLICOS DE AMES FIXEMOS UNHA ESCOLLA QUE AGARDAMOS SEXA DO VOSO INTERÉS.

A DISFRUTAR DA LECTURA.


xoves, 30 de maio de 2019

TRABALLOS PRODUCIDOS FIN DO PROXECTO ENTRE CONTOS ANDA O CONTO


Para  conseguir os obxectivos do Proxecto  Lector do Centro, todos os cursos  elaboramos un Plan de Lectura anclado en tres eixes principais:

 Programación de bibiblioteca escolar
 Itinerario lector 
 Proxecto interdisciplinar de centro

”ENTRE CONTOS ANDA O CONTO”

 Mediante o PLAN LECTOR DE CENTRO , fomentamos a lectura e a escritura, para desenvolver as competencias propias do currículum educativo:  ler  comprender, analizar e interpretar textos, promover actitudes reflexivas e críticas, etc. que axuden ao alumnado a facilitar  a adquisición de competencias para o uso da información: buscar, analizar, destacar, sintetizar….
 Unha boa comprensión lectora permite  entender de xeito máis eficaz os textos utilizados no resto das asignaturas, ademais de contribuír ao desenvolvemento cognitivo e social do individuo. Por iso, a lectura e a escritura son consideradas elementos prioritarios na formación dos máis pequenos e eixes transversales e inseparables a todas as áreas.

Consideramos que  con este PLAN LECTOR coseguimos:
  • Espertar o interese pola lectura
  • Axudar a crear un hábito lector e concibir a lectura como unha actividade de pracer. 
  • Fomenta a lectura e a escritura, desenvolvendo competencias lectoras necesarias para a vida cotiá. 
  •  Contribuir a compensar as desigualdades
  •  Proporcionar os materiais e ferramentas necesarias a aqueles que non dispoñen de recursos, promoviendo así unha educación de equidad. 
  •  Difundir cultura: Grazas aos libros, a documentación e as tecnoloxías .
  •  Fomentar valores:  como un espazo plural e aberto, onde poidan participar todos os axentes educativos intercambiando experiencia

É moi importante que todos os membros da comunidade educativa do centro aposten pola  biblioteca escolar e de aula para que poidan estar repletas de libros, recursos e ferramentas digitales…..






 RECOMPILATORIO DOS TRABALLOS REALIZADOS

3 ANOS B  



5 ANOS A 

1º ED PRIMARIA  


2º  A ED. PRIMARIA 

4º ED. PRIMARIA    


5º DE ED PRIMARIA 


6º DE ED. PRIMARIA 


TODO O ALUMNADO DO CENTRO   



sábado, 25 de maio de 2019

BIBLIOCONTORNA


   


BOLETÍN ANUAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DA CONTORNA DE AMES 

   DENDE HAI VARIOS CURSOS AS BIBLIOTECAS DOS CENTROS EDUCATIVOS DE AMES DE  ED. INFANTIL, PRIMARIA E SECUNDARIA DECIDIMOS COLABORAR A TRAVÉS DE REUNIÓNS TRIMESTRAIS CO OBXECTIVO DE DAR A COÑECER O TRABALLO DESENVOLTO NOS CENTROS.
 
ESTE CURSO ADEMAIS DE PUBLICAR AS GUÍAS DE LECTURA EDITAMOS DE XEITO CONXUNTO UN NÚMERO ESPECIAL QUE RECOLLE AS ACTIVIDADES SALIENTABLESS LEVADAS A CABO AO LONGO DO CURSO.


xoves, 23 de maio de 2019

ANTONIO FRAGUAS LETRAS 2019


AO LONGO DE TODA A SEMANA TODO O ALUMNADO DO CENTRO TRABALLOU DIFERENTES TEXTOS DE ANTONIO FRAGUAS, PERSOA  QUE EN PALABRAS DE VÍCTOR FREIXANES, "reivindicou as raíces da nosa  cultura a través do seu compromiso con Galicia e coa lingua galega"


Contador
E AO QUE ESTE ANO SE LLE ADICOU O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

   O DÍA 16 DE MAIO CELEBRAMOS TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA O FESTIVAL DE LETRAS. COMEZARON OS ACTOS ÁS 11 DA MAÑÁ CO SEGUINTE PROGRAMA:

SE QUERES VELOS CLICA NOS ENLACES

  • RECITADO DO POEMA "O PIOLLO E A PULGA" DE ANTONIO FRAGUAS ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA.
  • TEATRO ED. INFANTIL. CARAPUCHIÑA VERMELLA E OUTROS CONTOS (ADAPTACIÓN MERCEDES MOURE)
AMOSAMOS UN RECOMPILATORIO DE FOTOGRAFÍAS DESTE ACTO.



mércores, 22 de maio de 2019

EXPOSICIÓN DOS PROXECTOS DA ED. INFANTIL

   O ALUMNADO DE ED. INFANTIL REALIZOU VARIOS PROXECTOS AO LONGO DO CURSO RELACIONADOS CO UNIVERSO, OS SERES VIVOS, A PREHISTORIA...

   UNHA VEZ TRABALLADOS   EXPUXÉRONLLO AO ALUMNADO DE 4º DE ED. PRIMARIA A TRAVÉS DE PRESENTACIÓNS ELABORADAS POLA PROFE COS SEUS TRABALLOS.

   DEIXÁMOSVOS UN ENLACE AO SEU BLOGUE DE AULA PARA QUE POIDADES VELO.

   ENLACE: CONFERENCIAS DO ALUMNADO DE ED. INFANTIL

martes, 21 de maio de 2019

FALADOIROS NO MUÍÑO



ESTA ACTIVIDADE ESTASE LEVANDO A CABO DENDE HAI XA VARIOS CURSOS CUNS EXCELENTES RESULTADOS.

   NO PRINCIPIO DO CURSO NAS REUNIÓNS INICIAIS INVÍTASELLES AOS PAIS/NAIS A VIR ÁS AULAS PARA QUE CONTEN EXPERIENCIAS RELACIONADAS CO PROXECTO DO CURSO, NESTE CASO ENTRE CONTOS ANDA O CONTO, QUE ASISTAN A CONTAR CONTOS, POESÍAS, OU BEN QUE IMPARTAN ALGUNHA CLASE RELACIONADA CON TEMAS CURRICULARES OU EXTRACURRICULARES QUE POIDAN ENRIQUECER AO NOSO ALUMNADO.


   ESTA EXPERIENCIA GÚSTALLE MOITO AO ALUMNADO XA QUE INTRODUCE NAS  AULAS  OUTROS CONTIDOS DIFERENTES(CASO DE CARDIOLOXÍA,ARQUEOLOXÍA, ROBÓTICA, SOCORRISMO, TÉCNICAS DE REANIMACIÓN, TRADICIÓNS GALEGAS  ETC...) E  NOVAS APRENDIZAXES .

  FORON MOITOS OS PAIS/NAIS QUE ASISTIRON DURANTE ESTE CURSO, TANTO EN ED INFANTIL COMO EN ED. PRIMARIA PÒLO QUE LLE ESTAMOS MOI AGRADECIDOS. 

   COMO AGRADECEMENTO ENTREGÁMOSLLE UN PEQUENO DIPLOMA RECOÑECENDO A SÚA APORTACIÓN E COLABORACIÓN.

   AMOSAMOS  UN COLLAGE CUNHA  PEQUENA MOSTRA DE ACTIVIDADES IMPARTIDAS EN ED. INFANTIL E ED. PRIMARIA.








venres, 3 de maio de 2019

YOLANDA CASTAÑO COLLER AS RENDAS.



"Con este conto de Yolanda Castaño pódese traballar a poesía dunha maneira orixinal e divertida. Ademais grazas aos debuxos alegres e coloridos dáselle sentido ás palabras que están escritas e permítelles aos máis pequenos/as entender o seu significado. Outra das potencialidades do libro é aprender a variedade de animais que existen e que non se lle da tanto valor como a outros. E por último acompañar o remate da lectura do libro cunha reflexión por parte de todos/as do significado do final e do que é para eles/as a liberdade."









YOLANDA CASTAÑO ESTIVO CONNOSCO O DÍA 2 DE MAIO.

CONTOUNOS ALGUNHAS CURIOSIDADES SOBRE OS ANIMAIS QUE APARECEN NO SEU LIBRO 

"COLLER AS RENDAS"

RECITOUNOS POEMAS E ANIMOUNOS A QUE FOSEMOS POETAS COMO ELA.

MOITAS GRAZAS YOLANDA 


AMOSAMOS UN PEQUENO VÍDEO 



xoves, 2 de maio de 2019

A MAXIA DOS APADRIÑAMENTOS LECTORES


A LECTURA É UNHA DAS MELLORES HABILIDADES QUE PODEMOS ADQUIRIR.

LER ÁBRENOS AS PORTAS DO COÑECEMENTO E DA ÁS Á NOSA IMAXINACIÓN.

GRAZAS ÁS LECTURAS COMPARTIDAS INTERACTUAMOS ENTRE NOS, MEDRAMOS COMO PERSOAS, FACILITAMOS A COMUNICACIÓN E COMPARTIMOS EMOCIÓNS E SENTIMENTOS ENTRE OS DIFERENTES ALUMNOS/AS.

AO LONGO DO ANO REALIZAMOS APADRIÑAMENTOS LECTORES EN DIFERENTES DATAS. OS MAIORES FAN MAXIA ENTRE OS MÁIS PEQUECHOS CONTÁNDOLLE OS CONTOS ESCOLLIDOS POR ELES MESMOS.

FERMOSA ACTIVIDADE COMUNICATIVA, NON HAI MÁIS QUE VER AS SÚAS CARIÑAS NO VÍDEO QUE VOS AMOSAMOS.

domingo, 28 de abril de 2019

MANUEL GAGO "DEUSES AGOCHADOS NA GALLAECIA"


O DÍA 23 DE ABRIL TIVEMOS A GRAN SORTE DE CONTAR NO NOSO CENTRO CON MANUEL GAGO 

DIRIXEUSE AO ALUMNADO DE 3º,5º E 6º DE ED. PRIMARIA QUE ESTABAN TOTALMENTE ABRAIADOS CO QUE LLES CONTABA.

O TÍTULO DA CONFERENCIA "DEUSES AGOCHADOS NA GALLAECIA" LEMBROUNOS A EXISTENCIA DE DEUSES ESQUECIDOS: REUE, BRANDUA, COSSUE, POEMANA...

MANUEL DICIALLE AOS NENOS/AS QUE COÑECÍAN DEUSES COMO ZEUS OU THOR, PERO DESCOÑECÍAN OS DEUSES CASTREXOS. COMENTOULLE QUE OS DEUSES SEGUÍAN AGOCHADOS ENTRE NOS.

FIXO UNHA  PEQUENA PRESENTACIÓN DO SEU LIBRO VENTO E CHUVIA. MITOLOXÍA DA ANTIGA GALLAECIA NO QUE COBRAN VIDA  OS DEUSES QUE POBOARON OS MITOS DA ANTIGA GALLAECIA.

FALOUNOS DOS CASTROS,  DOS SEUS HABITANTES, DAS HISTORIAS QUE ALÍ FORON CONTADAS FAI MÁIS DE 2000 ANOS E TRANSMITIDAS DE XENERACIÓN EN XENERACIÓN, DOS MOUROS E MOURAS E DO TRABALLO QUE LEVAN A CABO OS ARQUEÓLOGOS.

CONTOUNOS DO PEDRÓN ( ARA ROMANA ADICADA E NEPTUNO)  QUE SE PODE VISITAR NA IGREXA DE SANTIAGO EN PADRÓN E DA LENDA DA RAÍÑA LUPA E O CASTRO LUPARIO.

FINALMENTE ANIMOUNOS A REALIZAR A VISITA AO CASTRO LUPARIO XA QUE ESTÁ MOI CERQUIÑA DO NOSO CENTRO.

FOI PARA TODOS UN AUTÉNTICO PRACER ESCOITALO.

O NOSO AGRADECEMENTO A AMPA DO C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO QUE O FIXO POSIBLE.

AMOSAMOS UN PEQUENO VÍDEO



sábado, 27 de abril de 2019

ENCONTRO CON ALICIA BORRÁS





O 4 DE ABRIL ALICIA BORRÁS DEIXOUNOS EN AGRO DO MUÍÑO O DOCE SABOR DE NATA E CHOCOLATE.


AO IGUAL QUE OS SEUS LIBROS GUSTOUNOS A EMPATÍA QUE TRANSMITE A AUTORA, COMO ABORDA A AUTOESTIMA, O COMPAÑEIRISMO A HUMANIDADE E A EVOLUCIÓN DE PERSOAS E PERSONAXES.

FOI UNHA ESTUPENDA XORNADA PARA COMPARTIR.

luns, 22 de abril de 2019

EN ABRIL, VERSOS NATURAIS



A PROPOSTA DO  EQUIPO DE  VOZ NATURA,  CADA AULA BUSCOU  POEMAS  RELACIONADOS  CON ELEMENTOS DA  NATUREZA (ÁRBORES, FLORES, CHOIVA, LÚA ...)  .  UNHA VEZ SELECCIONADO TRABALLOUSE NA AULA E POSTERIORMENTE ESCRIBEUSE UNHA ESTROFA NUNHA LOUSA  PARA ACOMPAÑAR AS FLORES, PLANTAS E ARBUSTOS  QUE FORON PLANTADAS POLO ALUMNADO  NO PATIO ESCOLAR .

 CON MÚSICA DE MALVELA A GOTIÑA DÁUGA, DEIXÁMOSVOS UN VÍDEO CON   VERSOS DOS  POEMAS RECOLLIDOS.

AGARDAMOS QUE VOS GUSTE.


xoves, 11 de abril de 2019

VISITA LIBRARÍA COUCEIRO



NOS ACTOS PREVISTOS PARA CONMEMORAR O MES DO LIBRO,  OS CURSOS DE 1º,2º,3º E 5º DE ED PRIMARIA VISITAMOS A LIBRARÍA COUCEIRO.

MARÍA, EXPLICOUNOS A DIFERENZA ENTRE A LIBRARÍA E A BIBLIOTECA E FALOUNOS DOS FONDOS QUE SE PODÍAN ADQUIRIR NUNHA LIBRARÍA.

PUXÉMONOS MOI CONTENTOS CANDO NOS DIXERON QUE PODIAMOS MIRAR NAS ESTANTERÍAS E COLLER O LIBRO QUE MÁIS NOS GUSTARA PARA PODER LELO ALÍ.

ALGÚNS DESCUBRIMOS LIBROS NOVOS QUE NOS GUSTARON MOITO.

DESPOIS DE PASAR MEDIA HORA DE ENTRETIDA LECTURA, MARÍA LEVOUNOS Á PARTE DE ARRIBA DA LIBRARÍA.


ALÍ EXPLICOUNOS QUE OS LIBROS QUE ESTABAMOS VENDO ERAN MOI ANTIGOS E MOITOS TIÑAN MOITO VALOR.

CONTOUNOS QUE REPARABAN LIBROS QUE O PASO DO TEMPO DEIXARA DANADOS. ENSINOUNOS A TÉCNICA DE COSIDO QUE USABAN E TAMÉN COMO OS ENCADERNABAN NOVAMENTE UTILIZANDO PEL. O TÍTULO E OS ADORNOS FACIANOS CON PAPEL DOURADO PARA DEIXALOS OUTRA VEZ COMO NOVOS.

A VISITA GUSTOUNOS MOITO E APRENDEMOS MOITAS COUSAS NOVAS.

A COMUNIDADE EDUCATIVA DO C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO DÁMOSLLE AS GRAZAS Á LIBRARÍA COUCEIRO POR TAN BOA ACOLLIDA.

domingo, 31 de marzo de 2019

LEDICIA COSTAS E A SEÑORITA BUBBLE


VISITA DE LEDICIA COSTAS 



O 26 de febreiro do 2019 os cursos de 5ºA, B e C recibiron a visita da escritora Ledicia Costas, autora do libro “A señorita Bubble”

CARTEL ELABORADO POLO ALUMNADO DE 5º DE ED. PRIMARIA

Logo de facer unha pequena presentación, onde expuxo a súa traxectoria, a autora adicouse a ir respostando a decenas de preguntas que lle fixeron as nenas e nenos, quenes tiñan moita curiosidade por saber como creou a historia, canto tempo lle levou, en que se inspirou para facer as personaxes, e  incluso se habería ou non a segunda parte. Alégranos saber que a historia continuará e estaremos atentas e atentos á súa publicación para continuar sabendo das peripecias e aventuras das protagonistas. 






Ao rematar a charla, algunhas tiveron a sorte de levar a firma da propia autora nos seus exemplares. 

Para recibir a Ledicia Costas como merecía a ocasión, o alumnado elaborou un cartel de benvida onde se expuseron algunhas das opinións sobre o libro

martes, 19 de marzo de 2019

MURIEL E MARÍA CANOSA NA BIBLIOTECA




OS ALUMNOS/AS DE 4º DE ED. PRIMARIA RECIBIMOS Á ESCRITORA MARÍA CANOSA O XOVES 14 DE MARZO DE 2019.



 A AUTORA ESTIVO CON NÓS, POR SEGUNDO ANO,CONTÁNDONOS COMO FORA A EXPERIENCIA DE GAÑAR O PREMIO MERLÍN POLA SÚA OBRA MURIEL.



DIVERTÍMONOS MOITO ESCOITANDO AS SÚAS ANÉCDOTAS E APRENDEMOS CANDO COMPARTIU CON NÓS O DESAFÍO QUE LLE SUPÓN ESCRIBIR UN LIBRO.



   FOI UN PRACER RECIBILA NO CENTRO.


xoves, 7 de marzo de 2019

EU NON QUERO SER A PRINCESA DO TEU CONTO - MULLER 2019




O ALUMNADO DE 3º DE ED. PRIMARIA FOI O ENCARGADO DE ELABORAR O MURAL PARA CONMEMORAR O DÍA DA MULLER. 

COMO ESTE ANO O PROXECTO DO CENTRO E SOBRE OS CONTOS O QUE INTENTAMOS FACER FOI CAMBIAR O ROL DOS PERSONAXES FEMININOS QUE APARECEN EN MOITOS DOS CONTOS CLÁSICOS COMO A CINCENTA, CARAPUCHIÑA, RAPUNZEL, A RATIÑA PRESUMIDA, A SEREÍÑA ETC . PARA ELO TRABALLAMOS PREVIAMENTE COMO RECURSO NA AULA O CONTO A CINCENTA QUE NON QUERÍA COMER PERDICES. 

LOGO O ALUMNADO FOI O ENCARGADO DE ELABORAR AS ILUSTRACIÓNS E OS TEXTOS DÁNDOLLE UN NOVO ROL A MOITOS DOS PERSONAXES DOS CONTOS FEMININOS. 

 TAMÉN TRABALLAMOS AS ESCRITORAS E POETAS AO LONGO DO TEMPO CENTRÁNDONOS MOITO NAS ACTUAIS. PREVIAMENTE O ALUMNADO VISITOU A BIBLIOTECA ESCOLAR PARA TOMAR NOTA DAS ESCRITORAS AUTORAS DE CONTOS, NOVELAS E POESÍAS. LOGO OS NOMES FORON RECOLLIDOS EN SOPORTE DE FOLLAS PARA DARLLE VIDA Á ÁRBORE DAS ESCRITORAS.

 O ALUMNADO DE 5º TRABALLOU COA PROFESORA DE ED. FÍSICA A EXPRESIÓN CORPORAL, ROMPENDO ESTEREOTIPOS DE XÉNERO EXISTENTES TAMÉN NOS CONTOS E NA LITERATURA. SE QUEREDES PODEDES VISIONALO NESTE VÍDEO, CON MÚSICA DE SÉS



venres, 1 de marzo de 2019

UN ENTROIDO DE CONTO



E...COMO NON CELEBRAMOS UN ENTROIDO DE CONTO.

CARAPUCHIÑA, OS TRES PORQUIÑOS, O REI LEÓN, 101 DALMATAS, SOLDADIÑOS E BAILARINAS E MOITOS MÁIS PERSONAXES DE CONTOS DESFILARON E FIXERON DIFERENTES ACTUACIÓNS PARA CELEBRAR O ENTROIDO. ESTA ACTIVIDADE FOI DE PORTAS ABERTAS, ASISTINDO UN GRAN NÚMERO DE PAIS E NAIS.

APROVEITAMOS NOVAMENTE PARA AGRADECER AOS PAIS E NAIS DO NOSO ALUMNADO A SÚA COLABORACIÓN.