ESTA ACTIVIDADE ESTASE LEVANDO A CABO DENDE HAI XA VARIOS CURSOS CUNS EXCELENTES RESULTADOS.
NO PRINCIPIO DO CURSO NAS REUNIÓNS INICIAIS INVÍTASELLES AOS PAIS/NAIS A VIR ÁS AULAS PARA QUE CONTEN EXPERIENCIAS RELACIONADAS CO PROXECTO DO CURSO, NESTE CASO ENTRE CONTOS ANDA O CONTO, QUE ASISTAN A CONTAR CONTOS, POESÍAS, OU BEN QUE IMPARTAN ALGUNHA CLASE RELACIONADA CON TEMAS CURRICULARES OU EXTRACURRICULARES QUE POIDAN ENRIQUECER AO NOSO ALUMNADO.
ESTA EXPERIENCIA GÚSTALLE MOITO AO ALUMNADO XA QUE INTRODUCE NAS AULAS OUTROS CONTIDOS DIFERENTES(CASO DE CARDIOLOXÍA,ARQUEOLOXÍA, ROBÓTICA, SOCORRISMO, TÉCNICAS DE REANIMACIÓN, TRADICIÓNS GALEGAS ETC...) E NOVAS APRENDIZAXES .
FORON MOITOS OS PAIS/NAIS QUE ASISTIRON DURANTE ESTE CURSO, TANTO EN ED INFANTIL COMO EN ED. PRIMARIA PÒLO QUE LLE ESTAMOS MOI AGRADECIDOS.
COMO AGRADECEMENTO ENTREGÁMOSLLE UN PEQUENO DIPLOMA RECOÑECENDO A SÚA APORTACIÓN E COLABORACIÓN.