COMO ESTE ANO O PROXECTO DO CENTRO E SOBRE OS CONTOS O QUE INTENTAMOS FACER FOI CAMBIAR O ROL DOS PERSONAXES FEMININOS QUE APARECEN EN MOITOS DOS CONTOS CLÁSICOS COMO A CINCENTA, CARAPUCHIÑA, RAPUNZEL, A RATIÑA PRESUMIDA, A SEREÍÑA ETC . PARA ELO TRABALLAMOS PREVIAMENTE COMO RECURSO NA AULA O CONTO A CINCENTA QUE NON QUERÍA COMER PERDICES.
LOGO O ALUMNADO FOI O ENCARGADO DE ELABORAR AS ILUSTRACIÓNS E OS TEXTOS DÁNDOLLE UN NOVO ROL A MOITOS DOS PERSONAXES DOS CONTOS FEMININOS.
TAMÉN TRABALLAMOS AS ESCRITORAS E POETAS AO LONGO DO TEMPO CENTRÁNDONOS MOITO NAS ACTUAIS. PREVIAMENTE O ALUMNADO VISITOU A BIBLIOTECA ESCOLAR PARA TOMAR NOTA DAS ESCRITORAS AUTORAS DE CONTOS, NOVELAS E POESÍAS. LOGO OS NOMES FORON RECOLLIDOS EN SOPORTE DE FOLLAS PARA DARLLE VIDA Á ÁRBORE DAS ESCRITORAS.
O ALUMNADO DE 5º TRABALLOU COA PROFESORA DE ED. FÍSICA A EXPRESIÓN CORPORAL, ROMPENDO ESTEREOTIPOS DE XÉNERO EXISTENTES TAMÉN NOS CONTOS E NA LITERATURA. SE QUEREDES PODEDES VISIONALO NESTE VÍDEO, CON MÚSICA DE SÉS