Os Equipos de Traballo de VOZ NATURA E BIBLIOTECA ESCOLAR organizaron as actividades que se levaron a cabo no noso Centro no Mes da Ciencia.
Dende a Biblioteca do Centro púxose a disposición da Comunidade Educativa a bibliografía referida a ciencia e experimentación.
Dende o Equipo de Voz Natura, propuxéronse diferentes retos matemáticos (DALLE AO COCO) e curiosodades relacionadas coas ilusións ópticas.
Nas diferentes aulas realizáronse distintos experimentos, maquetas e actividades, relacionados coas áreas de CCSS E NATURAIS, entroncándoas coa temática que se estaba traballando nas aulas (O UNIVERSO, A ALIMENTACIÖN, A ASAÜDE)
O alumnado de sexto curso elaborou poesías relacionadas cos medicamentos e moitos experimentos que foron traballados nuns OBRADOIROS CIENTÍFICOS, NA BÚSQUEDA DO PORQUÉ DAS COUSAS e expostos na Biblioteca do Centro ao alumnado de 3º e 4º nivel tendo unha fantástica acollida.
Presentamos DOUS vídeos dalgunhas das actividades.