Páginas

Páginas

venres, 16 de novembro de 2018

BOCALÁN E O TRABALLO COAS EMOCIÓNS

BOCALÁN  É  UNHA FUNDACIÓN QUE DESENVOLVE PROGRAMAS ADICADOS Á INTEGRACIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE A TRAVÉS DE TERAPIAS ASISTIDAS CON ANIMAIS E CANS DE ASISTENCIA
O ALUMNADO DE 3º PARTICIPOU E INTERACTUOU CON MULÁN E NICOLETTA, CANS DA FUNDACIÓN BOCALÁN,  NUN PROXECTO SOBRE O TRABALLO COAS EMOCIÓNS. 

REALIZARON VARIOS XOGOS: A OCA DAS EMOCIÓNS E SENTIMENTOS DOS CANS E DAS PERSOAS, OUTRO XOGO INTERACTIVO ENTRE DOUS EQUIPOS DE ALUMNOS/AS UTILIZANDO  COMO MEDIADORES OS CANS, NO QUE SE TRABALLOU A IDENTIFICACIÓN DAS EMOCIÓNS BÁSICAS E PARA QUE SERVEN CADA UNHA DELAS, E O XOGO DE "PES QUIETOS" NO QUE SE TRATABA DE AGASALLAR AOS COMPAÑEIROS CON DIFERENTES ETIQUETAS POSITIVAS PARA REFORZAR A SÚA AUTOESTIMA.

TODOS OS XOGOS SE REALIZAN UTILIZANDO COMO FÍO CONDUCTOR OS CANS, QUE PARTICIPAN ACTIVAMENTE CO ALUMNADO.

É UNHA EXPERIENCIA FANTÁSTICA, NON SÓ POLO SEU CARACTER LÚDICO SENON POLA  APRENDIZAXE EMOCIONAL QUE APORTA E POLA VALORACIÓN E ESTIMA  QUE O ALUMNADO FAI CARA AOS ANIMAIS