Páginas

Páginas

venres, 16 de novembro de 2018

BOCALÁN E O TRABALLO COAS EMOCIÓNS

BOCALÁN  É  UNHA FUNDACIÓN QUE DESENVOLVE PROGRAMAS ADICADOS Á INTEGRACIÓN DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE A TRAVÉS DE TERAPIAS ASISTIDAS CON ANIMAIS E CANS DE ASISTENCIA
O ALUMNADO DE 3º PARTICIPOU E INTERACTUOU CON MULÁN E NICOLETTA, CANS DA FUNDACIÓN BOCALÁN,  NUN PROXECTO SOBRE O TRABALLO COAS EMOCIÓNS. 

REALIZARON VARIOS XOGOS: A OCA DAS EMOCIÓNS E SENTIMENTOS DOS CANS E DAS PERSOAS, OUTRO XOGO INTERACTIVO ENTRE DOUS EQUIPOS DE ALUMNOS/AS UTILIZANDO  COMO MEDIADORES OS CANS, NO QUE SE TRABALLOU A IDENTIFICACIÓN DAS EMOCIÓNS BÁSICAS E PARA QUE SERVEN CADA UNHA DELAS, E O XOGO DE "PES QUIETOS" NO QUE SE TRATABA DE AGASALLAR AOS COMPAÑEIROS CON DIFERENTES ETIQUETAS POSITIVAS PARA REFORZAR A SÚA AUTOESTIMA.

TODOS OS XOGOS SE REALIZAN UTILIZANDO COMO FÍO CONDUCTOR OS CANS, QUE PARTICIPAN ACTIVAMENTE CO ALUMNADO.

É UNHA EXPERIENCIA FANTÁSTICA, NON SÓ POLO SEU CARACTER LÚDICO SENON POLA  APRENDIZAXE EMOCIONAL QUE APORTA E POLA VALORACIÓN E ESTIMA  QUE O ALUMNADO FAI CARA AOS ANIMAIS

xoves, 15 de novembro de 2018

CONVIVIMOS CON CONTOS


APRENDEMOS CONVIVINDO



O ALUMNADO DE 6º DE ED. PRIMARIA ELABOROU UNS CARTEIS CON DIFERENTES NORMAS  QUE  NOS AXUDAN  A CONVIVIR  Á HORA DAS    ENTRADAS E DAS SAÍDAS DO CENTRO, PERMITINDO QUE INTERACTUEMOS CON RESPECTO E AMABILIDADE  CARA OS DEMAIS.





APROVEITANDO O PROXECTO DO CENTRO "ENTRE CONTOS ANDA O CONTO" O ALUMNADO MÁIS MAIOR CARACTERÍZASE CON DETERMIÑADOS COMPLEMENTOS DE PERSONAXES DE CONTO E SITUASE EN TODOS OS ACCESOS DE ENTRADA E NOS CORREDORES SAUDANDO AOS NENOS E LEMBRÁNDOLLE DIARIAMENTE AS NORMAS PARA FACER MÁIS EFECTIVO O SEU CUMPRIMENTO.






 ARGALLAMOS ESTA IDEA PARA INTENTAR QUE O SEU CUMPRIMENTO SEXA MÁIS EFECTIVO, POIS ENTRE IGUAIS O CARACTER É MÁIS LÚDICO, PERO NO POR ISO MENOS EFECTIVO.














APRENDER A CONVIVIR COS DEMAIS, ADEMAIS DE CONSTITUIR UNHA FINALIDADE ESENCIAL NA EDUCACIÓN, REPRESENTA UN DOS PRINCIPAIS RETOS PARA O SISTEMA EDUCATIVO, XA QUE PROPORCIONA O ENTORNO AXEITADO PARA DESENVOLVER A ACCIÓN EDUCATIVA.


mércores, 14 de novembro de 2018

A ROBÓTICA TAMÉN CONTA.


             

No marco do tema xeral do ano "Entre Contos anda o Conto" hoxe en Faladoiros no Muíño tivemos unha visita moi especial.

Roberto Iglesias, investigador en intelixencia artificial na Universidade, trouxo un robot que nos contou un conto e bailou para nós.

Roberto falounos dos distintos tipos de robots e contestou a moitas preguntas. Viña para axudalo Eva Pereira. Ámbolos dous son pais de Nieves Iglesias, alumna de 4º

PUBLICAMOS UN PEQUENO VÍDEO DA ACTIVIDADE. CO NOSO AGRADECEMENTO

domingo, 4 de novembro de 2018

SAMAÍN ENTRE CONTOS


O día 31 de outubro celebramos no Centro a FESTA DO SAMAÍN.  Ao longo da semana estiveron expostas as cabazas nos corredores do Centro e traballamos o medo nas aulas a través dos contos.

Leopoldo, a mascota da biblioteca, envioulle coma sempre unha carta ás familias pedindo a súa colaboración para elaborar as cabazas, facendo alusión aos CONTOS. As familias non deixan de sorprendernos coa súa cretividade e participación masiva. Carapuchiña, o Patiño Feo, Pinocho, O Monstro de Cores, A Cincenta, 101 Dálmatas, entre outros,  foron personaxes de contos recreados con grande imaxinación

Ademais, foi unha xornada de portas abertas para a toda a Comunidade Educativa  que se prolongou ata as nove da noite.

Coa colaboración inestimable da ANPA realizamos unha festa a partir das 6 e media da tarde. As familias colaboraron novamente, realizando comidas propias destas datas, nas que volveron a amosar a súa capacidade artística. O alumnado veu disfrazado para a ocasión.

Damos as grazas en nome da ANPA  a empresa láctea FEIRACO, que aportou iogures bebibles para todos.

Presentamos o vídeo a toda a Comunidade Educativa para que poidades disfrutalo.

PARABÉNS E MOITAS GRAZAS