Leopoldo, a mascota da biblioteca, envioulle coma sempre unha carta ás familias pedindo a súa colaboración para elaborar as cabazas, facendo alusión aos CONTOS. As familias non deixan de sorprendernos coa súa cretividade e participación masiva. Carapuchiña, o Patiño Feo, Pinocho, O Monstro de Cores, A Cincenta, 101 Dálmatas, entre outros, foron personaxes de contos recreados con grande imaxinación
Ademais, foi unha xornada de portas abertas para a toda a Comunidade Educativa que se prolongou ata as nove da noite.
Coa colaboración inestimable da ANPA realizamos unha festa a partir das 6 e media da tarde. As familias colaboraron novamente, realizando comidas propias destas datas, nas que volveron a amosar a súa capacidade artística. O alumnado veu disfrazado para a ocasión.
Damos as grazas en nome da ANPA a empresa láctea FEIRACO, que aportou iogures bebibles para todos.
Presentamos o vídeo a toda a Comunidade Educativa para que poidades disfrutalo.
PARABÉNS E MOITAS GRAZAS