FALADOIRO: "PESCA E MOVEMENTO"
Continuamos cos Faladoiros e esta vez tivemos a sorte de
contar con toda a familia de NORA. Sí, o seu irmán que ten 3 mesiños
tamén.
Trouxéronnos
un xogo de pesca para levar a cabo por equipos, cada un tiña asignado unha cor
e tiña que pescar as tarxetas correspondentes a dita cor que á súa vez se
correspondían cunha temática diferente: profesións, deportes, cousas da praia
ou animais mariños.
Unha
vez formados os equipos puxémonos mans á obra e por quendas tivemos que ir
pescando ata conseguir as oito tarxetas correspondentes á cada cor.
Todos
os equipos conseguimos o reto e de premio conseguimos un carné de
pescador.
Grazas pola vosa colaboración.
Preme na imaxe