Páginas

Páginas

martes, 25 de outubro de 2022

ENREGUÉIFATE!!!

 Hoxe o noso alumnado de 6º realizou un obradoiro de regueifas, en colaboración co  Equipo de Dinamización da Lingua Galega, dentro do programa:


Enreguéifate é un proxecto impulsado polos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago de Compostela e Teo que apoia a difusión da improvisación oral en verso (regueifa) para contribuír, por medio dela, á promoción do uso da lingua galega.

Neste camiño, Enreguéifate súmase ao labor que xa veñen realizando diversas entidades públicas e privadas, así como moitas persoas do ámbito cultural e do ensino.

O obxectivo principal deste proxecto é que a cidadanía entre en contacto coa improvisación oral en verso a través da experiencia de regueifar, nomeadamente no ámbito escolar. Por iso, inclúe accións formativas para alumnado e profesorado, un certame regueifeiro e un encontro anual de regueifa.

Damos as grazas aos formadores Lupe Blanco e Cristian de Burela, porque sentímonos como verdadeiros regueifeiros e regueifeiras.

preme na imaxe para velo