Páginas

Páginas

mércores, 3 de novembro de 2021

FESTAS DA CIENCIA

 NOVEMBRO, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas - 2021

E temos a sorte de que esta viaxe (a científica) se poida facer dende as bibliotecas, que non só acollen libros e outros materiais, senón que tamén acollen descubrimentos e camiños de aprendizaxe, cos éxitos e tamén os fracasos da ciencia e da tecnoloxía, porque cometer erros tamén é aprender. Amparo Alonso Betanzos
 
Desde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa difusión dun texto, a modo de MANIFESTO, de Amparo Alonso Betanzos, profesora, enxeñeira química e investigadora en intelixencia artificial. 

Cartel realizado por Noela 2º B

Durante o mes, a ciencia será a protagonista e encheremos a nosa Agrobiblio de ciencia e "pequecientificxs", de todas as idades.

Para comezar este camiño de Ciencia en GALEGO, dispoñemos a "Maleta de primeiros experimentos de ciencia Snacklab" do CAFI.