Páginas

Páginas

mércores, 28 de outubro de 2020

ACTIVIDADE NA NATUREZA: SENDEIRISMO

 Outra actividade física ao aire libre promovida dende a área de educación física e moi vinculada co proxecto de centro “ Pasiño a pasiño facemos o camiño “ é a saída de sendeirismo. Desta vez, centrouse no camiño de Fisterra dado que pasa polo concello de Ames no traxecto de Santiago a Negreira. Faise por aulas dada a situación provocada pola pandemia para manter o grupo estable. Ata o momento levamos feitas varias e continuaremos co resto de grupos de terceiro a sexto de primaria, en función da climatoloxía.

Previamente á saída elaborouse un arquivo con información relacionada co camiño de Fisterra, facendo fincapé no tramo que pasa polo concello de Ames. Tanto este arquivo como o vídeo explicativo “ Sendeirismo unha actividade saudable “ foron  expostos na área de educación física na aula virtual para traballalos cos alumnos antes da saída.

Trátase dunha andaina dende Santiago ( onde podemos divisar as torres da Catedral ) ata o Alto do Vento ou ata Aguapesada no concello de Ames. É un percorrido de aproximadamente 9 ou 12 km respectivamente. Os cursos máis baixos realizan o máis curto e os máis altos o máis longo.