O 23 de abril celébrase o Día Mundial
do Libro e do Dereito de Autor e desde a Consellería de Educación,
Universidade e formación Profesional edítase o díptico para conmemorar este
día. Este ano o escritor Manuel Gago foi
o encargado de crear un texto centrándose no poder dos libros e na lectura:
"Cada libro que lemos queda gardado no noso peito
como semente, paxaro ou xabarín"
Podedes premer na imaxe
para ver a páxina de Bibliotecas escolares de Galicia con toda a información
sobre este día.
No
noso centro a pesares das circunstancias excepcionais que estamos sufrindo continuouse traballando
ao redor do libro e da lectura de xeito virtual.
As mestras de infantil contáronlles contos aos seus
alumnos e propuxéronlles enviar unha foto ou vídeo co seu conto preferido.
Podedes velo nas seguintes ligazóns:
En 1º de primaria fixéronlles varias propostas: recomendacións
lectoras, contos e xogos, carteis de decoración da biblioteca, elaboración de
marcapáxinas e unha tarefa integrada
centrándose na biblioteca do cole: matemáticas, lingua, ciencias e
plástica. Podedes velas nas seguintes ligazóns:
- PROPOSTAS
- RECOMENDACIÓNS LECTORAS.
- CONTOS E XOGOS
- CARTEIS DE DECORACIÓN
- ELABORACIÓN MARCAPÁXINAS.
- TAREFA INTEGRADA
As profes de 4º de E.P. fixeron un precioso vídeo coas lecturas recomendadas polo seu alumnado. Mirade:
Tamén elaboraron e ilustraron numerosos poemas con diferentes temáticas e nos que amosaron gran creatividade. Poidemos ver chistes, adiviñas, pareados, poemas,... e ata recitados. Mirade:
NORABOA POLO VOSO TRABALLO!!!