OBRADOIRO DE XESTIÓN DE RESIDUOS ELÉCTRICOS E ELECTRÓNICOS PARA O
ALUMNADO DE 3º DE ED. PRIMARIA
TEXTO DE SARA, ALUMNA DE 3º DE ED. PRIMARIA, ELABORADO PARA O BLOG LOGO DO OBRADOIRO
OS ELECTRECOS DOS BOLECHAS
OS NENOS E NENAS DE 3º DE ED. PRIMARIA FOMOS Á BIBLIOTECA O DÍA 17 DE XANEIRO PARA FACER UNHA ACTIVIDADE SOBRE RECICLAXE.
AO CHEGAR Á BIBLIOTECA ESPERÁBANOS UN CIENTÍFICO DE NOME ATOMILLO.
cON ATOMILLO FIXEMOS MOITAS COUSAS: PRIMEIRO EXPLICOUNOS O QUE SIGNIFICABA R.A.E.E. E SIGNIFICABA RESIDUOS DE APARELLOS ELÉCTRICOS E ELECTRÓNICOS, LOGO VIMOS UN VÍDEO DOS BOLECHAS, NO QUE FACÍAN UN CONCURSO SOBRE XESTIÓN DOS RESIDUOS DOS APARELLOS ELÉCTRICOS E ELECTRÓNICOS EW FINALMENTE FIXEMOS UN RAP.
CANDO MARCHABAMOS DÉRONNOS: UN CADERNO DE ACTIVIDADES, DOUS CONTOS, UNHA PEGATICA E UN CARNET DE ELECTRECOS PARA QUE LLE ENSINARAMOS AOS DEMAIS NENOS/AS O QUE APRENDERAMOS.
CON ESTA ACTIVIDADE APRENDÍN E DIVERTINME MOITO.
SE QUERES MIRA O VÍDEO DA ACTIVIDADE, AO FINAL PODES ESCOITAR O RAP