Páginas

Páginas

xoves, 29 de decembro de 2016

TRABALLO DO ALUMNADO (EXPOSICIÓN SALVADOR G.B. PEREIRA)


ESTA ESCULTURA, ESPERANDO, PRESIDE A ENTRADA DO CENTRO PARA CHAMAR A ATENCIÓN DO ALUMNADO E DE TODOS OS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA.

O ALUMNADO REALIZOU DIFERENTES TAREFAS :

  • VISITA Á EXPOSICIÓN.
  • NORMAS SOCIAIS NA VISITA A MUSEOS E EXPOSICIÓNS.
  • LECTURA DE INFORMACIÓN NOS PANEIS.
  • RESUMES E SÍNTESIS.
  • ESTUDO DA BIOGRAFÍA.
  • O AUTORRETRATO.
  • DESEÑO E DEBUXO DAS ESCULTURAS QUE MÁIS CHAMABAN A SÚA ATENCIÓN.
  • CONTOS SOBRE A FANTASÍA DA ESCULTURA QUE MÁIS LLE GUSTARA.
  • POSTA EN VALOR DA RECICLAXE..
  • VALORACIÓN DA RECICLAXE COMO MEDIO PARA CHEGAR Á MANIFESTACIÓN ARTÍSTICA.
NESTE VÍDEO PODEDES VER PARTE DA MOSTRA E DO TRABALLO REALIZADO. AGARDAMOS QUE SEXA DO VOSO INTERESE.


martes, 27 de decembro de 2016

EXPOSICIÓN SALVADOR GARCÍA BOLAÑO PEREIRA

DE QUEN FALAMOS?





SALVADOR G.B. PEREIRA


NACEU EN SANTIAGO EN 1962. VIVE E TRABALLA NA MESMA CIDADE.

É UN ARTISTA MULTIDISCIPLINAR QUE FAI ESCULTURA, PINTA E USA A CÁMARA DE FOTOS COMO INSTRUMENTO PARA FACER COMPOSICIÓNS ARTÍSTICAS.

RESCATA OBXECTOS E MATERIAIS DE REFUGALLO DIRIXÍNDOOS CARA UN MUSEO UTÓPICO DA FANTASÍA E PARA ELO CREA RADU ( Rescate Artístico Destiino  Utopía)seudónimo co que da título ás exposicións

luns, 26 de decembro de 2016

EXPOSICIÓN SALVADOR GARCÍA BOLAÑO PEREIRA


UN MUSEO NA NOSA BIBLIOTECA



A BIBLIOTECA DO NOSO CENTRO TRANSFORMOUSE EN SALA DE EXPOSICIÓNS PARA ACOLLER AS ESCULTURAS DE SALVADOR G.B.PEREIRA. ÉL FOI O ENCARGADO DE FACELO POSIBLE DESEÑANDO OS ESPAZOS E A UBICACIÓN DAS ESCULTURAS



GRAZAS ÁS XESTIÓNS DE MONCHO, DIRECTOR DO CENTRO, PUIDEMOS COMBINAR  OS DOUS PROXECTOS COS QUE CONTAMOS NESTE CURSO  DIXIDOS A TRABALLAR A ARTE E A  SUSTENTABILIDADE. 


O ALUMNADO PUIDO COMPROBAR COMO O AUTOR RESCATA OBXECTOS E MATERIAIS DE REFUGALLO DIRIXÍNDOOS CARA UN MUNDO UTÓPICO DA FANTASÍA.  




PENSAMOS QUE SERÍA MOI ENRIQUECEDOR PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA PARTICIPAR NESTA MOSTRA POLO QUE ELABORAMOS INVITACIÓNS PARA QUE PUIDESEN VISITAR EXPOSICIÓN.


xoves, 22 de decembro de 2016

GUÍA DE NADAL 2016

ESTIMADAS FAMILIAS:

    AÍNDA QUE A GUÍA DE NADAL, ELABORADA POLA REDE DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DOS CENTROS PÚBLICOS DE AMES,  XA FOI ENVIADA ÁS FAMILIAS O DÍA 21 DE DECEMBRO,  PUBLICÁMOLA  POR SE FÓRA DO VOSO INTERESE.



mércores, 7 de decembro de 2016

VISITA FUNDACIÓN ABANCA (OS ARTISTAS GALEGOS NA EMIGRACIÓN)


A FRONTEIRA INFINDA

OS ARTISTAS GALEGOS NA EMIGRACIÓN



O ALUMNADO DE ED. INFANTIL E DE 3º DE ED, PRIMARIA VISITAMOS UNHA EXPOSICIÓN DE CADROS DE ARTISTAS GALEGOS NA EMIGRACIÓN, QUE LEVA POR TÍTULO: " UN COMPÁS, UN SEXTANTE E UN MAPA" NA FUNDACIÓN ABANCA.

"A MOSTRA ACHÉGANOS A ARTE REALIZADA POR CREADORES GALEGOS NA EMIGRACIÓN. A HISTORIA DE GALICIA VINCULADA AO FEITO MIGRATORIO QUE DENDE O SÉCULO XIX ATA A ACTUALIDADE NOS FOI CONFIGURANDO COMO SOCIEDADE" 

A TRAVÉS DA ARTE OS NENOS-AS TOMARON CONCIENCIA DO FEITO MIGRATORIO E COÑECERON A OBRA DE DIFERENTES ARTISTAS COMO MANUEL PAILÓS, ISAAC DÍAZ PARDO, LAXEIRO, ARTURO SOUTO  E LUIS SEOANE.




AS MONITORAS EXPLICÁRONLLES O FEITO MIGRATORIO E COMO OS ARTISTAS EXPRESABAN NESTES CADROS AS SÚAS EMOCIÓNS, INQUEDANZAS E O QUE ÍAN OBSERVANDO NOS LUGARES QUE VISITABAN.

A TRAVÉS DE PEZAS DE PUZZLES QUE DEBERÍAN ENCAIXAR PARA FORMAR AO TRITÓN PINTAFONTES, FIXEMOS UN PERCORRIDO POLA OBRA DOS ARTISTAS ANTERIORMENTE MENCIONADOS. 


EXPLICÁRONLLE A COR, REPRODUCIRON OS CADROS CON PEZAS DE CREBACABEZAS, E XOGARON ÁS EMOCIÓNS NUN XOGO DE EMPATÍA CO SENTIMENTO DAS PERSOAS QUE TERÍAN QUE EMIGRAR. 


AO FINAL CONSEGUIRON FORMAR O PUZZLE DE PINTAFONTES 

xoves, 17 de novembro de 2016

EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA


 O NOSO CENTRO PARTICIPOU NO PROGRAMA: 

 EN NEGRO CONTRA A VIOLENCIA 

NO QUE OS MUNICIPIOS DA ÁREA DE COMPOSTELA CELEBRARON DIFERENTES ACTOS CON MOTIVO DO DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO. UN GRITO UNÁNIME E SOLIDARIO CONTRA UNHA LACRA QUE SE SEGUE A COBRAR AS  VIDAS DE MULLERES TODOS OS ANOS. PRETENDEMOS QUE PARTICIPEN  OS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA QUE ASÍ O DESEXEN, POLO QUE BAIXO O LEMA : CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO MANIFÉSTOME CO CORAZÓN 
 ESTÁN EXPOSTOS NA ENTRADA PRINCIPAL DO CENTRO TRES TABOLEIROS NOS QUE  PODEMOS MANIFESTAR  O NOSO REXEITAMENTE A TODO TIPO DE VIOLENCIA CONTRA A MULLER. 
PON O TEU NOME E MANIFÉSTATE CO CORAZÓN.




martes, 8 de novembro de 2016

MUNDOSUEÑO (ELÍAS NOEL)



NORABOA COMPAÑEIRO


Elias Noel, o noso compañeiro, ven de gañar na categoría xuvenil o PRIMEIRO CONCURSO DE NARRATIVA KIFBOOK 2016. Naceu  en Mondoñedo (Lugo), o 27 de decembro de 1987. Viveu inmerso na  terra máxica  de Álvaro Cunqueiro ata que terminou o instituto e  ao igual que os peregrinos, chegou a Santiago de Compostela para estudar na universidad formándose como educador. Actualmente continúa sendo o su lugar de residencia dende onde realiza a súa labor como profesor en diferentes colexios  galegos. No  tempo libre, a escritura e o teatro son as súas paixóns.  Nesta líña, a nivel teatral formou  parte de diversos grupos amateurs en Santiago de Compostela y tivo  a fortuna de crear e dirixir o guión do evento “La noche de Merlín”, adaptación da obra de Cunqueiro, “Merlín e familia”, no ano  2011.
Na  narrativa segue a deixar voar a su imaginación creando diversas historias de corte fantástico como no caso de Mundosueño, obra ganadora en la categoría juvenil del I Concurso de narrativa KIFBOOK 2016. ( http://kifbook.eu/web/elias-noel)

 

Elías é profesor do alumnado de 6º B, durante este curso, no noso Centro e  presentou en diferentes aulas a súa obra MUNDOSUEÑO ademais de contestar a todas as preguntas que o alumnado quixo facerlle. Nas seguintes imaxes  vémolo conversando co alumnado de 1º de Ed.Primaria.


Se queres consultar máis información :

ENTREVISTA REALIZADA NA BIBLIOTECA DO CENTRO PUBLICADA NA VOZ DE GALICIA




venres, 4 de novembro de 2016

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA


"A Arquitecta Isabel Aguirre de Urcola, Premio de Ciencia "María Josefa Wonenburger"- 2015, foi a científica convidada este ano para a elaboración do "Manifesto" a favor da ciencia en galego nas bibliotecas, que se edita e se distribúe polas bibliotecas de Galicia. Na presentación, Isabel Aguirre insistíu na importancia das bibliotecas como espazos de depósito do coñecemento, na diferencia entre información e coñecemento e na importancia de aprender a ciencia en galego nas escolas. Incidíu na sorte que temos os galegos de 
podermos contactar na nosa lingua con millóns de persoas por todo o mundo "algo que deberíamos darlle máis valor". 

FONTE :http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/ 

PARA MÁIS INFORMACIÓN CLICA NO ENLACE :


Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas-2016

mércores, 2 de novembro de 2016

SAMAÍN REUTILIZANDO

XA QUE ESTE CURSO ESTAMOS A TRABALLAR NO PROXECTO VOZ NATURA  A SUSTENTABILIDADE,  O EQUIPO DE BIBLIOTECA PROPUXO QUE SERÍA INTERESANTE QUE EN LUGAR DE CABAZAS SE REALIZARÁN CREACIÓNS ARTÍSTICAS DE TODO TIPO,   RELACIONADAS CON PERSONAXES DE MEDO TÍPICOS DESTAS DATAS: MEIGAS, PANTASMAS, HOMES DO SACO, ESQUELETOS, CASTELOS DE MEIGAS, UTILIZANDO MATERIAL DE REFUGALLO. DENDE O EQUIPO DE BIBLIOTECA MANDOUSE UNHA CARTA ÁS FAMILIAS SOLICITÁNDOLLE A COLABORACIÓN E EXPLICÁNDOLLE O PROXECTO DESTE CURSO.

 COMA NAS ANTERIORES CELEBRACIÓNS DÉRONNOS GRANDES MOSTRAS DA SÚA CAPACIDADE CREATIVA, QUE NOS ASOMBRA, E COMO NON DA SÚA CAPACIDADE DE COLABORACIÓN CO CENTRO EN TODO CANTO SE LLE SOLICITA.
 UN ANO MÁIS DENDE O EQUIPO DA BIBLIOTECA DÁMOSVOS AS GRAZAS POLA VOSA IMPLICACIÓN E A NORABOA POR ESE DERROCHE DE CREATIVIDADE MANIFESTADO ANO TRAS ANO.

 DEIXÁMOSVOS UN PEQUENO VÍDEO PARA GOZAR DAS VOSAS CREACIÓNS.

        
                                                                           GRAZAS

martes, 1 de novembro de 2016

ENCRUCILLARTE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2016

NESTE CURSO O EQUIPO DA BIBLIOTECA ESCOLAR PROPÚXONOS UNHA ACTIVIDADE BEN FERMOSA PARA INICIAR O CURSO.

O ALUMNADO TERÍA QUE REALIZAR UN EXERCICIO DE REFLEXIÓN NAS AULAS SOBRE O QUE PARA ELES SIÑIFICABA A ARTE.

NALGUNHAS AULAS VÍRONSE VÍDEOS PREVIAMENTE E OUTRAS PRESENTACIÓNS MULTIMEDIA PARA MOTIVALOS DAS QUE AMOSAMOS UNHA REALIZADA POLO PROFESORADO DO CENTRO.



LOGO O ALUMNADO TERÍA QUE PENSAR EN PALABRAS QUE EXPLICARAN O QUE ERA A ARTE PARA ELES/AS .  CADA AULA VOTOU A PALABRA QUE LLE PARECÍA MÁIS REPRESENTATIVA PARA A DEFINICIÓN DE ARTE.

CON TODAS AS PALABRAS ELABORAMOS UN ENCRUCILLADO DA ARTE

    ENCRUCILLARTE

FINALMENTE REALIZAMOS UNHAS REPRESENTACIÓNS PLÁSTICAS EN COLABORACIÓN CO EQUIPO DE VOZ NATURA, E COMO ESTE CURSO ESTAMOS  TRABALLANDO A SUSTENTABILIDADE DECIDIMOS QUE  FARÍAMOS OS CADROS CON MATERIAIS DE REFUGALLO. 

AGARDAMOS QUE VOS GUSTE 

luns, 31 de outubro de 2016

O MEDO

AMOSAMOS O TRABALLO REALIZADO SOBRE O MEDO. OS MEDOS DE TODOS OS NENOS FORON METIDOS EN MALETAS PARA CONXURALOS, BOTALOS CARA FÓRA E LIBERARSE FINALMENTE DISO QUE TANTO LLES ATERRA. HAI QUE VER CANTOS MEDOS TEÑEN OS NENOS/AS: Á MORTE, A ESCURIDADE, Á PERDA DA FAMILIA, Á SOEDADE, AOS BICHOS, AOS SOÑOS E PELIS DE MEDO... O MEDO, MEDO É . O ALUMNADO DE 6º ELABOROU CONTOS DE MEDO. OS LIBROS DE MEDO QUE TEMOS NA BIBLIOTECA TAMÉN OCUPARON UN ESPAZO NO CORREDOR. E COMO NON , LOGO RETRATÁRONSE CON EXPRESIÓNS DE MEDO NA REPRODUCIÓN DO CADRO DE "EL GRITO" DE Edvard Munch

domingo, 9 de outubro de 2016

EDUCARTE PROXECTO 2016-17


EDUCARTE




APRENDEMOS CAMIÑANDO :



Ao longo de todo o curso desenvolverase este proxecto multidisciplinar sobre a arte. Traballaremos sobre pintura e escultura así como profesións, museos… Este proxecto servirá como centro das diferentes actividades que se leven a cabo por parte do profesorado a nivel de aula, equipos docentes ou nos equipos de traballo, e serán incluídas nas diferentes programacións. Será o núcleo sobre o que xirarán ás diferentes actividades e propostas escolares para o curso 2016-2017. Procuraremos que toda a comunidade escolar (alumnado, profesorado, persoal non docente, nais e pais, servizo de comedor, concello…) comparta este proxecto e participe activamente en todas as actividades que se desenvolvan. As conmemoracións celebradas no ámbito escolar xirarán ao redor deste proxecto central, propoñendo unha temática uniforme para as diferentes actividades. Durante o presente curso seguiremos a traballar en diferentes tipoloxías de texto, os cales serán abordados en todas as aulas. O equipo de Biblioteca estará coordinado con todos os equipos do centro: E.D.L.G. , TICS, Extraescolares, e Voz Natura. 

martes, 12 de xullo de 2016

SEMPRE NAS AULAS, AGUSTÍN

«Queríamos cambiar o mundo desde as aulas, e algo fixemos»



OS QUE NALGÚN MOMENTO TIVEMOS A LEDICIA DE ESCOITARTE ENDEXAMAIS TE ESQUECEREMOS.

 A MIÑA LEMBRANZA PERSOAL.

 ALÓ POLO ANO 1987 EN VILAGARCÍA DE AROUSA NUNS ENCONTROS DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA, TIVECHES A HABILIDADE E A MAXIA DE CONTAXIAR A TODOS OS PRESENTES DA TÚA VOZ ENTUSIASTA EN DEFENSA DA NOSA LINGUA. LEMBRO AQUEL CADRO NO QUE NOS CONTABAS O MOTIVO POLO QUE A LINGUA GALEGA PERDÍA POUCO A POUCO O USO COLOQUIAL E COTIÁ. ENDEXAMAIS O VIRA ASÍ. FOI COMA A SAÍDA DUN TUNEL NO QUE A LUZ RESPLANDECE. PASARON MOITOS ANOS DENDE AQUELA, PERO CANDO PARTICIPO NUNHA CONVERSA NA QUE TODOS OS INTEGRANTES COÑECEMOS A LINGUA, E UN DELES FALA EN CASTELÁN E EU CONTESTO NESA LINGUA A TÚA VOZ SEGUE RESOANDO EN MIN : "XA O AMOLACHAES" 

GRAZAS POR TODO O APORTADO AO ENSINO, GRAZAS POLOS LIBROS QUE NOS DEIXAS, GRAZAS POR TODO O QUE NOS APRENDICHES, GRAZAS POR CONTAXIARNOS O AMOR Á NOSA LINGUA E GRAZAS POLA HUMILDADE QUE CHE CARACTERIZOU SEMPRE. 

QUE A TERRA CHE SEXA LEVE

xoves, 30 de xuño de 2016

MEMORIA FOTOGRÁFICA UNIVERSO DE PALABRAS

AMOSAMOS A MEMORIA FOTOGRÁFICA DO TRABALLO REALIZADO DURANTE ESTE CURSO POLA COMUNIDADE EDUCATIVA.
DAMOS AS GRAZAS A NENOS/AS, PAIS/NAIS, PROFES, ESPECIALMENTE A CARMU, COORDINADORA DA BIBLIOTECA, QUE AÍNDA NOS MOMENTOS MÁIS DIFÍCILES, TIROU CON FORZA PARA QUE ESTE PROXECTO SAISE ADIANTE, SEMPRE TENDENDO PONTES COA ALEGRÍA E ENTUSIASMO  QUE LLE CARACTERIZA.


domingo, 5 de xuño de 2016

A QUE ALTURA ESTÁ O CEO? CONFERENCIA DE JORGE MIRA


A QUE ALTURA ESTÁ O CEO   JORGE MIRA






Grazas á xestión de Dolores, coordinadora do Equipo de Dinamización de Lingua Galega, en colaboración con Carmu, coodinadora da Biblioteca Escolar, tivemos a sorte de contar coa presenza de JORGE MIRA no noso Centro para falarlles ao alumnado de 5º e de 6º sobre as preguntas e respostas que o ser humano se leva facendo dende a súa existencia sobre o Universo
Agradecemos a Jorge Mira a súa valliosa axuda para axudarnos a entendelo un pouquiño mellor .

AMOSAMOS O TRABALLO REALIZADO POR DANI BOSTAN , ALUMNO DE 5º DE ED. PRIMARIA SOBRE A CONTIDO DA CONFERENCIA.


domingo, 29 de maio de 2016

CONTO MULTIMEDIA DO PRINCIPIÑO REALIZADO POLO ALUMNADO


O PRINCIPIÑO

O ALUMNADO DE 5º C ELABORAMOS, DIRIXIDOS POLO PROFE DAVID, DURANTE UNHA BOA PARTE DO CURSO O CONTO QUE AGORA VOS PRESENTAMOS. AGARDAMOS QUE O DISFRUTEDES TANTO COMA NÓS, CANDO O REALIZAMOS.

           

mércores, 25 de maio de 2016

SEMENTANDO POEMAS


SEMENTANDO POEMAS



EN COLABORACIÓN CO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA UNÍMONOS Á PROPOSTA DO CONCELLO CONSISTENTE EN SEMENTAR POEMAS DE MANUEL MARÍA EN DIFERENTES LUGARES DO CONCELLO, CO FIN DE QUE TODOS OS VECIÑOS PUIDERAN LELOS E DISFRUTAR DELES E MESMO MOVELOS DE LUGAR PARA QUE SE ESPALLARAN POR DIFERENTES LUGARES DA XEOGRAFÍA GALEGA.

martes, 24 de maio de 2016

TRABALLO EXPOSITIVO SOBRE MANUEL MARÍA

O ALUMNADO DE 6º DE ED. PRIMARIA ELABORAMOS ESTA PRESENTACIÓN SOBRE A FIGURA DE MANUEL MARÍA PARA EXPOÑERLLA AO RESTO DO ALUMNADO DO CENTRO.

luns, 23 de maio de 2016

LETRAS GALEGAS 2016

FESTIVAL DE LETRAS






EN COLABORACIÓN CO EQUIPO DE NORMALIZACIÓN DA LINGUA GALEGA REALIZOUSE O FESTIVAL DE LETRAS PARA HOMENAXEAR A MANUEL MARÍA. O ALUMNADO DE 6º FOI O ENCARGADO DE EXPOÑER UNHA PRESENTACIÓN SOBRE O AUTOR E PRESENTAR O PROGRAMA DE ACTOS, NO QUE HOUBO MOITOS POEMAS RECITADOS E MUSICADOS DE MANUEL MARÍA  E A REPRESENTACIÓN DUNHA OBRA DE TEATRO SOBRE O UNIVERSO.

                           "O CUCO CUQUEIRO" 
3º ED. PRIMARIA

             

sábado, 21 de maio de 2016

UNIVERSO DE PALABRAS .PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS REALIZADOS

TRABALLOS DO ALUMNADO SOBRE O UNIVERSO 


 AMOSAMOS UNHA MOSTRA DALGÚNS DOS TRABALLOS REALIZADOS NAS AULAS SOBRE O PROXECTO DO UNIVERSO. BRAVO RAPACES, POLO VOSO TRABALLO!



SE QUERES VER OUTROS TRABALLOS REALIZADOS CLICA :

  XUPITER

  PLANETAS INTERIORES

  UN UNIVERSO DE ARTE

xoves, 19 de maio de 2016

UNIVERSO DE PALABRAS: EXPOSICIÓN MISIÓN LUNAR APOLO

EXPLICACIÓN DA MISIÓN ESPACIAL APOLO


RODRIGO, UN ALUMNO DE 3º EXPLÍCANOS TODO O QUE SABE SOBRE A MISIÓN ESPACIAL APOLO. AGRADECEMOS A COLABORACIÓN DA FAMILIA PARA FACERNOS CHEGAR AS MAQUETAS DO APOLO E DA LÚA.

VISIONADE O VÍDEO. É BEN INTERESANTE TODO QUE O ALUMNADO NOS PODE COMUNICAR.
                           

                       

venres, 13 de maio de 2016

PRESENTACIÓN DAS FAMILIAS : O SISTEMA SOLAR (FALADOIROS NO MUÍÑO)




BEATRIZ,  A NAI DE JORGE UN ALUMNO
 DE 3º, ACHEGOUSE POLO COLE PARA PARTICIPAR NOS FALADOIROS DO MUÍÑO. FÍXONOS UNHA ESTUPENDA PRESENTACIÓN DO SISTEMA SOLAR IMPLICANDO  MOITO AO ALUMNADO.









MEDIANTE UN XOGO SIMBÓLICO DE PISTAS ÍA VESTINDO DE DIFERENTE  MANEIRA AOS ALUMNOS, QUE OS DEMAIS TIÑAN QUE ADIVIÑAR O PLANETA AO  QUE ESTABA REPRESENTANDO. 

TAMÉN REALIZOU UN BREVE CONCURSO DE ADIVIÑAS SOBRE PLANETAS E SATÉLITES DO SISTEMA SOLAR

ACHEGAMOS PRESENTACIÓN AUTORIZADA POR BEATRIZ PARA O BLOG AGROBIBLIO



Sistema solar from xistina


CO AGRADECEMENTO DO ALUMNADO E PROFESORADO


xoves, 5 de maio de 2016

PLAN LECTOR. PRESENTACIÓN DE TRABALLOS

PLAN LECTOR 

 AMOSAMOS DÚAS PRESENTACIÓNS DOS TRABALLOS REALIZADOS POLO

  ALUMNADO DE ED. INFANTIL E DE ED. PRIMARIA DOS SEGUINTES LIBROS:

 -O PRINCIPIÑO (4º DE ED. PRIMARIA)

 -LOS VESTIDOS DE MAMÁ (6º DE ED. INFANTIL)


 LOS VESTIDOS DE MAMÁ          



 


O PRINCIPIÑO


 

sábado, 30 de abril de 2016

BENVIDO PRINCIPIÑO

O PRINCIPIÑO 





   Dentro do Plan Lector do curso 2015-16 propuxémonos traballar O PRINCIPIÑO en todas as aulas do Centro dende 3 anos ata 6º de Ed Primaria.

   Dende a Biblioteca Escolar  do Centro ofrecéronse  diferente libros adaptados aos distintos niveis para realizar esta tarefa nas aulas, así como unha recompilación de páxinas web nunha entrada específica do blog AGROBIBLIO.

   Logo da súa lectura, resumida, por capítulos oU completa cada aula debería facer unha recreación sobre este libro de lectura.

   Algunhas aulas decidiron realizar un texto refundido narrado polos alumnos/as e crear unha película, na que os personaxes eran os propios nenos-as. outras realizaron creativamente un novo capítulo adaptado as tecnoloxías do tempo que estamos a vivir, outras fixeron un kamishibai, teatros de monicreques en colaboración co profesorado de Ed Física, estudo dos personaxes, dos Planetas que visitaba, ou recreacións plásticas de frases célebres ou escenas que lle chamaron moito a atención. tamén contamos coa colaboración das familias nalgunha aula de Ed. Infantil.

  Se tedes intención de ver o producto final animámosvos a visionar os vídeos.



                                 



O PRINCIPIÑO NA NINTENDO 3DS


venres, 29 de abril de 2016

ANIMACIÓN Á LECTURA : CONTACONTOS ALUMNADO

A VERDADEIRA HISTORIA DOS SETE CABRITIÑOS E O LOBO

O alumnado de 6º, con moita cretividade, versiona o conto " LOS SIETE CABRITOS Y EL LOBO" e transfórmao en :

"A VERDADEIRA HISTORIA DOS SETE CABUXIÑOS E O LOBO"

para darllo a coñecer ao alumnado de Ed.Infantil do noso Centro.

Os nosos parabéns por este estupendo traballo, rapazas.


          

xoves, 28 de abril de 2016

JOSEFINA LING NO C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO

JOSEFINA LING



"EN TODAS AS ÉPOCAS DA HISTORIA ENCONTRÁMONOS CON ASTRÓNOMAS QUE ADICARON OS DÍAS E AS NOITES AO ESTUDO DOS CORPOS CELESTES"




VÍDEO DA VISITA

                    

  TEXTO REDACTADO POLO ALUMNADO DE 5º CO GALLO DA VISITA DE JOSEFINA LING AO C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO

                   Josefina Ling  é unha muller licenciada en matemáticas na universidade complutense de Madrid, que agora mesmo é astrónoma do observatorio astronómico do  Ramón María  Aller e profesora titular do departamento de matematiaca Aplicada da facultade de matemáticas da USC. Membro da comisión 26 de Estrelas Dobres e Múltiples da unión astronómica internacional e Conselleira Científica da Sociedade Astronómica de Francia.

ASÍ NOS ENTUSIASMOU


O día 27-4-2016 Josefina Ling veu ao cole de Agro do Muíño para contarnos aos nenos e nenas de 5º e  6º de primaria moitas cousas sobre o universo debido a que o tema da escola deste curso vai sobre iso. Unha desas historias que nos contou foi esta:

                      "O primeiro  observatorio astronómico de Galicia abriuse aos ministerios do universo o 27 de septembro de 1943 fai 70 anos.O edificio,coa máxica cúpula branca entre o verde do que agora se coñece como  Campus Sur de Compostela, fóra un logro de Ramón María Aller, o astrónomo aficionado do  Deza do que herdou o seu nome. Nos primeiros anos da súa posta en marcha, unha muller que superaba os 30 anos asomábase ao basto espazo dende os telescopios do lugar  absorbendo o coñecemento do mentor. Era Antoñita, Antonia Ferrín Moreiras (O Carballiño, 1914-Santiago, 2009), a que sería “A colaboradora máis fiel, disciplinada e  meticulosa" de Aller. Foi ela  estudante  e profesora universitaria que acabaría firmando un hito para as  ciencias en Galicia: realizar  fai 50 anos a  primeira tese lida na facultade de Matemáticas da  Universidade de Santiago.

Dita tese – a primera sobre Matemáticas e Astronomía en Galicia- versaba sobre as observacións  dos pasos das estrelas  por dúas verticais, e a convertiu na primeira astrónoma de Galicia, recorda José Angel Docobo, actual director do Observatorio Compostelano, quen  destaca a súa lucidez e memoria. O propio María Aller, quen  a  introduxera na  astronomía nos anos 40 recén  aberto o  Observatorio Astronómico,dirixiu o doctorado de Ferrín.

                         Como esta historia contounos moitas que nos gustaron e interesaron moitísimo.
                     
 Cando ía marchar, unha profesora chamada Luisa, fixolle a entrega dun diploma conforme foi a Faladoiros do Muiño, gustoulle moito e púxose contentísima pero todavía faltaban maís agasallos:uns pendentes de lúa e un colar moi bonito.
                          

luns, 4 de abril de 2016

UNIVERSO DE POEMAS

Durante todo o mes de marzo o alumnado do Centro preparou diferentes poemas nas aulas.

Este curso a maioría estiveron relacionadas co Universo por ser o eixo do Proxecto Interdisciplinar do Centro.

Logo de preparalas nas aulas expuxémolas nunha árbore no corredor principal do Centro para lectura e disfrute de toda a Comunidade Educativa.




Durante unha quincena, na volta do recreo, fixemos un intercambio de recitados entre as diferentes aulas.

É unha experiencia que levamos repetindo curso tras curso porque resulta moi gratificante e enche de satisfacción aos nenos/as.

Amosamos dous vídeos que amosan o recitado dalgúns poemas traballados






Se desexas ver o recitado dos poemas de Ed Infantil clica nos seguintes enlaces:

                                  - RECITADO DE POESÍAS

                                  -SEMANA DA POESÍA


domingo, 13 de marzo de 2016

MARCAPÁXINAS NO DÍA DA MULLER EN COLABORACIÓN CO CONCELLO DE AMES

O CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER CO GALLO DO DÍA DA MULLER CELEBROU  O 
1º CONCURSO DE MARCAPÁXINAS COA PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO DOS CENTROS EDUCATIVOS DO CONCELLO DE AMES. NORABOA A : 

 CAROLINA GUERRA GARCÍA (ED. iNFANTIL)

 DIEGO CACHEIRO GARCÍA ( 2º DE ED. PRIMARIA)

 GAÑADORES NAS SÚAS CATEGORÍAS.

 OS PREMIOS FORON OUTORGADOS NA CASA DE CULTURA DO MILLADOIRO NO DÍA DA MULLER.



OUTROS TRABALLOS REALIZADOS

xoves, 3 de marzo de 2016

8 MARZO DÍA DA MULLER

OUTRA DOCUMENTACIÓN QUE PODEDES CONSULTAR:

mércores, 2 de marzo de 2016

DÍA DA MULLER: MULLERES ASTRÓNOMAS

Ola chicos/as:

   Tal como vos informou Carmu, a coordinadora da biblio,  xa tedes  á vosa disposición o material preciso para o traballo que está previsto realizar co gallo do DÍA DA MULLER, que como ben sabedes este ano llo adicamos ás mulleres astrónomas. Fixádevos que escollemos mulleres que teñen un prestixioso estudo no eido da astronomía, que dúas delas son galegas e unha terceira é astrónoma no OBSERVATORIO ASTRONÓMICO RAMÓN Mª ALLER.

   LEMBRADE :   Os/as  participantes que teñan correctamente realizadas as actividades terán un selo para o pase ao LIBERESPAZO - Non vos esquezades que debedes consultar este documento-

                     

martes, 1 de marzo de 2016

DIA DE ROSALÍA 2016

UNÍNDONOS Á PROPOSTA DA A.E.L.G. O ALUMNADO ELABOROU UNHA POSTAL ILUSTRANDO ALGÚNS DOS  POEMAS DE ROSALÍA DE CASTRO. LOGO DE ESTAR EXPOSTAS NOS CORREDORES DO CENTRO MANDÁRONLLA ÁS SÚAS FAMILIAS PARA LEMBRAR CONXUNTAMENTE A IMPORTANCIA DE ROSALÍA NA CULTURA GALEGA.