Páginas

Páginas

mércores, 17 de decembro de 2014

GUÍA DE LECTURAS DE NADAL (BOCADIÑOS DE LECTURAS)

UNS LIBROS POLO NADAL

Estimadas familias:
   Ben sabedes a importancia que ten a lectura na aprendizaxe, non só para o desenvolvemento das distintas capacidades lingúísticas e expresivas senon tamén como unha forma de lecer na que os nen@s se trasladarán a outros mundos de maxia, imaxinación e fantasía. Desexamos aproveitar estas datas para facer unhas recomendacións de lectura que poderedes visionar na guía  que vos ofrecemos.

martes, 16 de decembro de 2014

BO NADAL CON BOCADIÑOS SOLIDARIOS

O equipo de Actividades Complementarias do Centro, Normalización Lingüística, Biblioteca Escolar E ANPA  organizaron a campaña BOCADIÑOS SOLIDARIOS. Tratábase de concienzar ao alumnado sobre o valor da SOLIDARIEDADE. Fixemos un concurso de lemas solidarios, e realizouse unha campaña entre toda a Comunidade Educativa de recollida de alimentos  no Centro, que serán  xestionados para o seu reparto  por diferentes organizacións sociais do noso Concello. Desexamos que este Nadal compartido faga máis levadeira a situación económica pola que atravesan moitas familias. 


venres, 12 de decembro de 2014

PASEO POLA GASTRONOMÍA DO MUNDO NO NADAL

DENDE O EQUIPO DA BIBLIOTECA PROPÚXESE TRABALLAR DURANTE ESTE MES A RECEITA. LOGO DE INFORMARNOS E DE INVESTIGAR SOBRE AS COMIDAS TÍPICAS DE NADAL EN DIFERENTES PAÍSES DO MUNDO ,O ALUMNADO SELECCIONOU A QUE MÁIS LLE GUSTABA E DISPÚXOSE A FACER UN PEQUENO TRABALLO NO QUE ADMÁIS SE INCLUÍA ALGÚNS OUTROS ASPECTOS RELEVANTES: SITUACIÓN DO PAÍS, BANDEIRA, MONUMENTOS IMPORTANTES, FORMA DE VIDA, ETC . ALGUNHAS AULAS ELABORARON UN PEQUENO POWER POINT PARA METERSE EN MATERIA E OUTRAS CONTARON COA AXUDA DAS FAMILIAS DO ALUMNADO DE ORIXEN ESTRANXEIRO

   BO PROVEITO!!!!!!!!

                       

 AMOSAMOS UNHA PARTE DO TRABALLO FEITO PREVIAMENTE SOBRE NIGERIA


                         

mércores, 10 de decembro de 2014

TRADICIÓN ORAL EN NOVEMBRO E DECEMBRO

                        


A avoa de Andrés Barreiro alumno de 2º , a Sra. María, ten unha sabedoría infinita sobre o mundo da agricultura. De profesión coma ela mesma di agricultora adicou toda a súa vida ao traballo da terra e  froito da experiencia de tantos anos é unha enciclopedia viva nesta materia. Ela contestou amablemente á nosa chamada e visitounos no colexio. Previamente o alumnado de 2º preparou unha enquisa sobre todo o que desexaban saber  sobre o mundo das plantas ao que ela contestou cun sorriso amable e cheo de tenrura. Explicounos como se plantaban as cebolas, as leitugas, os tomates, as cenorias... cando se recollían, como tiña que estar preparada a terra, a época mellor para sementer "POLO SAN VICENTE BÖTASE A SEMENTE" repetía, a influencia da lúa, as ferramentas utilizadas... e toda unha chea de cousas que fixeron que o alumnado disfrutase unha hora escoitando todo o que tiña que transmitir. Recolleu finalmente o diploma de participación outorgado polo Centro brindándose a participar sempre que así o requeriramos. Moitas grazas Sra María por estar tan preto de nós e polas súas ensinanzas.




martes, 11 de novembro de 2014

V XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/redeBE/course/view.php?id=21
O venres e o sábado, días 7 e 8 de novembro tivo lugar no Pazo de Congresos de Santiago as V Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia. Contou coa asistencia dun milleiro de profesionais do ensino que tiveron a ledicia de compartir experiencias variadas realizadas dende as bibliotecas escolares dos diferentes Centros Educativos. Escoitamos tamén a  voz de expertos: Mónica Baró, Javier Guillar, José Manuel Pérez Tornero e Ricardo Gómez que abreu as Xornadas cunha deliciosa conferencia que levaba por título:
 "A Mazá Envelenada de Brancaneves". Deixounos a reflexión de  que outro mundo é posible no eido educativo.
   Se queres acceder aos materiais preme na imaxe.

mércores, 5 de novembro de 2014

BRUXAS E APÓCEMAS POLO SAMAÍN

Dende o Equipo da Biblioteca propuxemos a todas as aulas do Centro a realización dun traballo sobre BRUXAS E AS SÚAS APÓCEMAS tendo en conta os seguintes obxectivos:

  • TRABALLAR TEXTOS DE DIFERENTE TIPOLOXÍA
  • ELABORAR TEXTOS DESCRITIVOS SOBRE PERSOAS.
  • UTILIZAR AS APÓCEMAS COMO RECURSO PARA TRABALLAR A RECEITA.
  • DESENVOLVER A CREATIVIDADE DO ALUMNADO
  • DISFRUTAR DAS PRODUCIÓNS PLÁSTICAS PROPIAS
  • COÑECER AS FESTAS E TRADICIÓN PROPIAS DE GALICIA . 
Elaboramos un video co resultado final que podedes visionar.

                          

luns, 3 de novembro de 2014

PARABÉNS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA

PREMIADOS
 NO CONCURSO PARA O IMPULSO E RECOÑECEMENTO DE TRABALLOS POR PROXECTOS, NO CONTEXTO DO PLAN LÍA 2010-2015 DE BIBLIOTECAS ESCOLARES.

 A COMUNIDADE EDUCATIVA  do C.E.I.P. AGRO DO MUÍÑO sentímonos moi contentos e satisfeitos ao ser galardoados na Primeira Convocatoria do Concurso de Traballos por Proxectos, dentro da temática PROXECTOS DOCUMENTAIS INTEGRADOS, COORDINADOS DESDE A BIBLIOTECA ESCOLAR na temática CIENCIAS co proxecto desenvolvido no Centro no curso 2013-14 que leva por título :        
  RIADA DE LIBROS

http://www.slideshare.net/xistina/riada-de-libros-biblioteca-escolar-ceip-agro-do-muo-201314 

Queremos dar as grazas a todos vós rapaces e rapazas, titores, especialistas, auxiliares coidadoras,  pais, nais, e institucións (Anpa, Concello de Ames, Adega) por facelo posible.
Vaia tamén o noso agradecemento á Asesoría de Bibliotecas Escolares polo pulo dado ás Bibliotecas Escolares nos Centros Educativos de Galicia e por sementar a importancia educativa dos proxectos multiciplinares tendo como eixo a BIBLIOTECA ESCOLAR,  no contexto dun  traballo colaborativo

PARABÉNS A TODOS OS CENTROS GALARDOADOS
     

sábado, 1 de novembro de 2014

SAMAÍN (EN COLABORACIÓN COAS FAMILIAS)

Ao igual que nestes anos anteriores pedimos a colaboración das familias para a elaboración das cabazas para celebrar o SAMAÍN. Solicitamos que a ser posible tiveran relación co proxecto multidisciplinar deste curso BOCADIÑOS DE PALABRAS. Coma sempre fixeron gala dunha grande creatividade nos seus traballos: A horta, a alimentación e os alimentos estiveron presentes nas súas ralizacións plásticas. Fixemos unha pequena presentación con aquelas que entendíamos estaban máis relacionadas co Proxecto. Damos as grazas as familias por implicarse sempre nas tarefas educativas propostas.

venres, 31 de outubro de 2014

EXPOSICIÓN: MÁXICO MUNDO DOS COGUMELOS

EXPOSICIÓN NA BIBLIO : "MÁXICO MUNDO DOS COGUMELOS"

 A ASOCIACIÓN MICOLÓXICA SENDEIRIÑA "NICRARIA TAMARA" TIVO A XENTILEZA DE DAR A COÑECER AOS NOSOS CATIVOS A TRAVÉS DUNHA EXPOSICIÓN ITINERANTE O MUNDO DOS COGUMELOS. BELI, AUXILIAR COIDADORA NO NOSO CENTRO QUE PERTENCE A DITA ASOCIACIÓN, FIXO AS XESTIÓNS PARA QUE O NOSO ALUMNADO POIDERA DISFRUTAR DO COÑECEMENTO DAS DIFERENTES VARIEDADES DE COGUMELOS. ADEMAIS FOI A ENCARGADA DE TRANSMITIR TODO O SEU SABER SOBRE ESTA TEMÁTICA AOS RAPACES QUE DISFRUTARON UN MONTÓN ESCOITANDO O QUE LLES CONTOU SOBRE AS SÚAS PARTES, AS DIFERNTES VARIEDADES, A FUNCIÓN NA CADEA TRÓFICA, A IMPORTANCIA DO SEU COIDADO...DEIXOUNOS ULIR, TOCAR,CONTOULLE ALGÚN SINXELO E PEQUENO TRUQILLO PARA APRENDER A IDENTIFICALAS E PREGUNTARON TODO O QUE QUIXERON SABER. 
DENDE O EQUIPO DA BIBLIOTECA APROVEITAMOS PARA DARLLE AS GRAZAS A BELI, OLGA E BEGOÑA, AUXILIARES COIDADORAS NO NOSO CENTRO, POLA SÚA GRAN IMPLICACIÓN NESTA FERMOSA TAREFA DE ENSINAR.
 CO NOSO AGRADECEMENTO Á ASOCIACIÓN MICOLÓXICA SENDEIRIÑA POR FACELA POSIBLE

 

martes, 28 de outubro de 2014

GÚSTAME IR Á BIBLIOTECA

CANTO INXENIO A PARTIR DUNHA PEQUENA PROPOSTA!

 DENDE O EQUIPO DA BIBLIOTECA PROPÚXESE A TODAS AS AULAS UNHA PEQUENA MEDITACIÓN SOBRE OS MOTIVOS POLOS QUE AO ALUMNADO LLE GUSTABA IR Á BIBLIOTECA OU QUE ESPERABAN CONSEGUIR  AO ASISTIR A ELA O POR QUÉ OU O PARA QUÉ. O RESULTADO EXPUXOSE NO CENTRO CON MOTIVO DO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. PODEDES VELO NA SEGUINTE PRESENTACIÓN.


DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES on PhotoPeach

domingo, 26 de outubro de 2014

EXPOSICIÓN: LIBROS DE BRUXAS

Como cada ano as festas do SAMAÍN veñen cargadas de medo.

"A través de los cuentos, el niño se identifica con el protagonista,y siente, al empatizar con él, una tensión y ansiedad crecientes que ceden en el desenlace, aunque éste no sea tan bonito o triunfal como hubiera deseado. Luego, una vez conocido el cuento, gusta de repetirlo una y otra vez, y la emoción siempre crece y se resuelve, aunque puede que con matices distintos. Así va trabajando e interiorizando sucesos planteados y resueltos por otros; conoce situaciones imaginarias y cómo “otro” las ha afrontado, poniendo en juego una serie de recursos personales que, en la mayoría de los casos, desconocía por no haber necesitado utilizarlos hasta ese momento…"(Centro de Documentación e Investigación de Literatura Infantil y Juvenil Salamanca, 2006 Fundación Germán Sánchez Ruipérez)     Recomendamos a lectura deste P.D.F :   
                                   LOS MIEDOS INFANTILES EN LA LITERATURA PARA NIÑOS

Agradecemos a colaboración das familias de Ed.Infantil que contribuiron no deseño e na realización das bruxas que forman parte do decorado da exposición.


venres, 24 de outubro de 2014

QUE ALEGRÍA!!!! XA SAEN AS MOCHILAS

Pois si... Logo de realizar a formación de usuarios prevista neste mes, que xa comentamos na entrada anterior, saíron as mochilas para as casas cargadiñas de libros, revistas, películas... Ledicia para rapaces e familias que foron afortunados en iniciar esta nova andaina. Tranquis todos!!!!!! Logo vos tocará. 


luns, 20 de outubro de 2014

ABRIMOS A BIBLIO (FORMACIÓN DE USUARIOS)

ABRIMOS A BIBLIO


 DURANTE ESTA SEMANA ABRIREMOS AS PORTAS DA BIBLIOTECA . TODO O ALUMNADO DO CENTRO FARÁ A FORMACIÓN DE USUARIOS PARA LEMBRAR O FUNCIONAMENTO E AS NORMAS. REALIZARÁN ACTIVIDADES DESEÑADAS POLO EQUIPO DE BIBLIOTECA QUE LLE AXUDARÁN A COÑECER OS RECURSOS E AS POSIBILIDADES QUE ÉSTA OFRECE, TRATANDO DE PROPORCIONARLLE AUTONOMÍA NA BÚSQUEDA DE INFORMACIÓN.

domingo, 7 de setembro de 2014

BOCADIÑOS DE PALABRAS

Con moita ilusión escomezamos o novo curso escolar. O proxecto que imos traballar ao longo deste curso titúlase:
 BOCADIÑOS DE PALABRAS



O nome do proxecto ten unha doble intención. Dende o equipo da biblioteca propoñemos tratar o tema dos ALIMENTOS E DA ALIMENTACIÓN , a acción de inxerir alimentos por parte dos seres vivos para conseguir enerxía que nos permitira desarrollarnos, sen esquecer a responsabilidade da escola de contribuír ao proceso da aprendizaxe da lectura e da escritura durante todos e cada un dos niveis educativos. 
   Citando a  Jaime Balmes : " A LECTURA É COMA UN ALIMENTO, NON ESTÁ EN PROPORCIÓN CO QUE SE COME, SENON DO QUE SE DIXIRE."

  E para meternos un pouquiño en tema animámosvos a visionar o vídeo do conto 
 EL INCREIBLE NIÑO COME LIBROS


                          

martes, 24 de xuño de 2014

MEMORIA FOTOGRÁFICA RIADA DE LIBROS

E xa no remate non queda máis que darvos as grazas a toda a Comunidade Educativa pola vosa implicación ao longo de todo o curso no Proxecto RIADA DE LIBROS. Todas as actividades feitas con ilusión, cariño e a participación activa de alumnado, profesorado, pais e nais de alumnos/as, Concello e outros organismos...teñen como premio a fachenda do traballo ben feito. Dende o Equipo de Biblioteca moitas grazas a todos e todas.

MEMORIA FOTOGRÁFICA RIADA DE LIBROS


luns, 23 de xuño de 2014

MAQUETA DO RÍO SAR

Este proxecto foi realizado por todo o alumnado do Centro dende 3 anos ata 6º de Ed Primaria. Realizouse en colaboración co proxecto Voz Natura e co Concello de Ames na Aula da Natureza. Amosamos un video no que explicamos os pasos que se foron dando para a elaboración total da maqueta. Comezouna o alumnado de 6º de primaria que fixo un estudo do perfil do río, dos mapas, realizou a escala e proxectou toda a base. Logo os demais cursos foron facendo o relevo, as casas, as árbores e  pintárona. No remate final foi o alumnado de Ed Infantil o encargado de facer as decoracións para a súa exposición nos corredores do Centro. Esta actividade tivo un grao de valoración moi alto por parte do alumnado e implicáronse moito na súa elaboración. Damos as grazas a Patricia, técnico do Concello de Ames pola súa valiosa axuda e polo súa implicación nesta tarefa.


                 

domingo, 22 de xuño de 2014

GUÍA DE LECTURAS DE VERÁN 2014

Qué mellor maneira de disfrutar das vacacións mergullándonos na lectura dun libro co son da auga e os aloumiños da caloriña na pel?????

   Anímate e déixate querer por algunha destas recomendacións lectoras.

domingo, 8 de xuño de 2014

VISITA LIBRARÍA COUCEIRO

O alumnado de 2º ciclo realizou unha visita á LIBRARÍA COUCEIRO. Foi unha estupenda experiencia, seleccionaron libros, colléronos dos andeis, leron e comentaron...posteriormente asistiron a un taller de encadernación no que lle explicaron as técnicas da encadernación, os instrumentos utilizados, o material das cubertas e tapas, o cosido... Finalmente asistiron á presentación do libro O NENO E A ESTRELA . Toda a xornada foi de expectativa e emoción. Grazas libreiros por abrirnos as vosas portas e darnos a posibilidade de colarnos no voso recuncho lector.

 VISITA LIBRARÍA COUCEIRO on PhotoPeach 

domingo, 18 de maio de 2014

CONTO: RECUPERACIÓN DO RÍO SAR

O alumnado de 1º de Ed. Primaria, elaborou un conto no que dou peixiños, Lili e Colorín e a súa amiga Dona Garza, fannos deter a pensar no estado no que se atopa o río Sar, e a maneira de poder recuperalo entre todos. Cunha mirada infantil, pero con moita vontade e moitos ánimos, os pequenos atopan rápido a solución : LIMPAR O RÍO Agardamos e desexamos unha pronta recuperación para este río

           

sábado, 17 de maio de 2014

EXPERIMENTOS CON AUGA

Todo  alumnado do Centro realizou experimentación coa auga. Observou, fíxose preguntas, buscou respostas... Gustoulle moito experimentar, sentir, supoñer. Bonita forma de desenvolver a creatividade e a curiosidade e sentar as bases dun coñecemento científico.
Amosamos as experiencias realizadas por un aula de 6º de Ed Primaria


martes, 6 de maio de 2014

O CICLO DA AUGA (P.Interdisciplinar, Riada de Libros)

O alumnado e profesorado  de 2º nivel realizaron unha  presentación multimedia sobre o ciclo da auga.






Traballaron moito na experimentacion dos procesos de evaporación e condensación  e na  elaboración dunha maqueta e dun mural  sobre esta temática.



CICLO DA AUGA

                    
More PowerPoint presentations from xistina

luns, 5 de maio de 2014

RÍOS DE REFRÁNS (RIADA DE LIBROS)

Dende a biblioteca, a nosa mascota LEOPOLDO, embarcou ás familias nunha nova aventura. Nesta ocasión solicitáballe ditos e refráns que tiveran a auga coma protagonista. Centos foron os que chegaron ao noso cole, e que foron ilustrados polo alumnado dende 6º de ED Primaria ata 4º. Recompilamos todos e encadernámolos nun fermoso libro. Podedes visionar unha pequeniña mostra nesta presentación.

domingo, 4 de maio de 2014

"RIADA DE LIBROS" (PRESENTACIÓNS MULTIMEDIA)

AMOSAMOS DÚAS   PRESENTACIÓNS MULTIMEDIA REALIZADAS POLO ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA SOBRE O RÍO SAR  E OS DIFERENTES TIPOS DE EMBARCACIÓNS



sábado, 3 de maio de 2014

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ (PREMIO TRASALBA)



Nunca esqueceremos as palabras de Agustín Fernández Paz nas diferentes conferencias que escoitamos, que nos emocionaron, coas que sentímonos  tan identificadas en diferentes momentos da nosa  infancia. Tivo o poder de provocar en nós moitas lembranzas lembranzas e  recordos.
 Admiramos  a Agustín e por iso sentímonos  felices  da concesión deste novo recoñecemento,o
PREMIO TRASALBA
Grazas MESTRE por toda a túa adicación aos ensinantes a ao ensino. 

 Neste enlace de CANAL LECTOR hai unha conferencia de Agustín que a nós nos   encanta e que recomendamos  moito a todas as persoas que amamos e queremos o ensino. Sentádevos, pechade os ollos e escoitade con moita atención. No seu remate, de seguro que acabaredes amando máis a lectura e vendo o camiño para espertar o mundo dos soños no noso alumnado.

xoves, 1 de maio de 2014

RAPEANDO A ROSALÍA

MASIDE (1952)
O alumnado de 5º versionou en rap un poema de Rosalía relacionado cos ríos, dentro da obra CANTARES GALLEGOS.

NORABOA RAPACES!!!!!!!!

HAI QUE VER QUE RAP LLE BRINDACHEDES A ROSALÍA!

             

mércores, 30 de abril de 2014

O RÍO SAR CON MIRADA PERIODÍSTICA

Presentamos o dossier de prensa que o alumnado de 5º de Ed Primaria elaborou  con todas as actividades realizadas para o estudo do río Sar e as saídas realizadas ao longo do curso para o estudo medio-ambiental do río, a súa depuración e a súa recuperación.
Como decides nos vosos artigos ¡PASÁMOLO XENIAL!



Deixámosvos tamén unha presentación da visita realizada por este alumnado á Planta Depuradora de Bertamiráns, na que lles explicaron todo o relativo á depuración de augas e a potabilización.


martes, 29 de abril de 2014

POEMAS DE AUGA

Con motivo do día do libro fixemos unha escolla de poemas relacionados coa auga e co río, decorámolos e  ilustrámolos  nas aulas para facer un fermoso libro.

                  

sábado, 26 de abril de 2014

ESTUDO DO ESTADO DO RÍO SAR

O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA REALIZOU UN ESTUPENDO TRABALLO SOBRE UN TRAMO DO RÍO SAR QUE PASA MOI PRETO DO NOSO CENTRO. AGRADECEMOS A PATRICIA, TÉCNICO DE MEDIO-AMBIENTE DO CONCELLO A SÚA DESINTERESADA E VALIOSA AXUDA. O ESTUDO ESTIVO BASADO NOS SEGUINTES CONTIDOS:

SITUACIÓN SATELITAL DA ZONA DO RÍO. 
VISITA AO RÍO 
OBSERVACIÓN
ESTUDO CIENTÍFICO DO ESTADO DO RÍO SAR
BIODIVERSIDADE FAUNA, FLORA E BOSQUE DE RIBEIRA  
 DEPURACIÓN DE AUGAS
 ARQUITECTURA DO RÍO 
             

TRABALLO REALIZADO EN GRUPOS POLO ALUMNADO DE 6º DE ED. PRIMARIA

 


venres, 25 de abril de 2014

O MICROSCOPIO NA SEMANA DA CIENCIA (FALADOIROS NO MUÍÑO)

Mª Dolores Mouriz Cereijo e Xesús Prieto Blanco do Dpto. de  Física Aplicada da  USC son pais dunha alumna do noso Centro. Asistiron ao noso cole para contarlle aos alumn@s  de 5º de Ed Primaria a historia do microscopio, as súas partes, a función de cada un dos seus elementos. Aproveitaron tamén para ensinarlle diferentes mostras de sangue, almidón, bacterias...
Diexáronos para o Centro a presentación multimedia que prepararon.
MOITAS GRAZAS, LOLA E XESÚS


                         

mércores, 23 de abril de 2014

ARQUITECTURA DOS RÍOS NO CONCELLO DE AMES

Grazas ao traballo de investigación de LINO VILAS BARBEITO autor do blog HISTORIA LOCAL DE ORTOÑO E A MAÍA o alumnado de 1º de Ed Primaria elaboramos este pequeno resume algunhas  das fontes, muíños, lavadoiros e pontes que existen sobre os ríos no noso Concello- Ames.
Aproveitamos para facer un mural no que pretendemos dar a coñecer a toda a Comunidade Educativa  este aspecto, moi importante na cultura tradicional e hoxe en día  máis descoñecido,  dos nosos ríos.

Unha nena nunha fonte
por unha berza bebía
a berza estaba rachada
toda a auga lle verquía



                               

venres, 18 de abril de 2014

DEIXANOS GABO. CON FLORES AMARELAS.

"La nostalgia es la materia prima que forma el magma de mi literatura, y mi infancia es la fuente de todo lo que escribo, desde entonces no me ha pasado nada interesante. Mi vocación no es la de escritor, sino la de contador de cuentos... y sólo repito lo que me contaron mis abuelos". Nas súas memorias, baixo o título el título 'Vivir para contarla" Gabriel García Márquez deixa  claro a  importancia da infancia e  dos avós na súa vida.

Si alguien llama a tu puerta, amiga mía,
y algo en tu sangre late y no reposa
y en su tallo de agua, temblorosa,
la fuente es una líquida armonía.

Si alguien llama a tu puerta y todavía
te sobra tiempo para ser hermosa
y cabe todo abril en una rosa
y por la rosa se desangra el día.

Si alguien llama a tu puerta una mañana
sonora de palomas y campanas
y aún crees en el dolor y en la poesía.

Si aún la vida es verdad y el verso existe.
Si alguien llama a tu puerta y estás triste,
abre, que es el amor, amiga mía.
Gabriel García Márquez

martes, 15 de abril de 2014

ASÍ VEMOS OS PEQUES DE INFANTIL O CICLO DA AUGA



O alumnado de Ed Infantil traballou o PROXECTO : A AUGA . Unha das actividades que fixeron conxuntamente dende 3 anos ata 5 foi   este precioso mural no que representan os diferentes estados da auga, os lugares nos que hai auga, a descomposición da luz e o ciclo da auga.

martes, 8 de abril de 2014

AUGA E MULLER NA CULTURA TRADICIONAL

As presentacións multimedia que presentamos foron elaboradas polo alumnado de 6º e Ed. Primaria do noso Centro, logo de investigar na web. As imaxes foron recollidas de Google Imaxes.

O alumnado de 6º ofreceunos a tod@s, durante a semana da muller, o froito de todo o que aprenderan na investigación sobre a importancia da auga na vida dos seres humanos  e de  como obtela foi tarefa da muller durante moito tempo.
NORABOA RAPACES


A MULLER E A AUGA 1

More PowerPoint presentations from xistina

A MULLER E A AUGA 2

More PowerPoint presentations from xistina

domingo, 6 de abril de 2014

CONFERENCIA - Concienciación sobre o estado do río Sar (Xosé Manuel Penas Patiño)

XOSÉ MANUEL PENAS PATIÑO é membro da Plataforma pola defensa do Sar e coautor do libro
"GUÍA DE AVES DE GALICIA" 
Aceptou moi xentilmente a proposta de vir ao noso cole para darlle aos nen@s unha coferencia na que  abordou os seguintes temas:
Concienciación sobre o estado do río Sar
Estado actual no que se atopa o río
Alternativas de solución
Depuración de augas
Contaminación dos ríos e hábitos de coidado do medio


Amosamos unhas fotos sobre diferentes momentos da conferencia.
Moitas grazas, MESTRE.







mércores, 2 de abril de 2014

EXPERIENCIAS NA BEIRA DO RÍO ( FALADOIROS NO MUÍÑO)

EXPERIENCIAS NA BEIRA DO RÍO ( FALADOIROS NO MUÍÑO) 

 

 

Ángel Fernández Vidal é o pai de Rosana de 4º A e de María de 2ºA Naceu en Muros e veu ao cole a contarnos a súas vivencias á beira do río. Ditas experiencias marcaron a súa infancia e xuventude. Deixounos un montón de fotografías para a aula Moitas grazas, Ángel, en nome de todos os nen@s, profes e equipo da biblioteca. 

        

martes, 1 de abril de 2014

HERBARIO DAS VEIGAS DO SAR E VAL DA MAÍA

DENTRO DO PROXECTO INTERDISCIPLINAR RIADA DE LIBROS O ALUMNADO DE 4º A EN COLABORACIÓN COAS FAMILIAS LEVOU A CABO UN TRABALLO DE RECOMPILACIÓN DAS FOLLAS DE ÁRBORES DAS VEIGAS DO SAR E DO VAL DA MAÍA. LOGO DE SECALAS, CLASIFICÁRONAS ATENDENDO Á FORMA E AO BORDE DO LIMBO E ELABORARON O HERBARIO QUE VOS AMOSAMOS

luns, 24 de marzo de 2014

DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA



Poemas de ríos, de augas, de fontes, de regos, de pilóns e lavadoiros quedaron recollidas nestas pingas de auga que esvarán no ar multicolor. Grazas poesía por emocionarnos, por sentirte tan preto de nós, por comunicar tan sabiamente aquelo que sentimos pero non somos quen de decir.

martes, 18 de marzo de 2014

QUE VEÑEN OS MONSTROS!!!!! (P. ESCOLA CREACTIVA)

Amosamos o traballo  CREATIVO DESCRITIVO realizado polo alumnado de Ed Primaria sobre os monstros, algúns deles habitantes dos ríos e en concreto do río Sar. Esta actividade realizouse atendendo aos seguintes obxectivos:
 -Desenvolver a capacidade creativa
-Utilizar o texto descritivo na realización de composición escritas
 -Utilizar o texto descritivo na EXPOSICIÓN ORAL.
 -Utilizar ferramentas dixitais para a elaboración de videos.
 A actividade consistiu na realización dun texto descritivo sobre un monstro deseñado e creado por eles mesmos, a ser posible que vivira no río Sar. Podería elaborarse  de forma individual ou grupal colaborativo. Presentaron o traballo en cartolina e coa ilustración correspondente. Logo, expuxeron oralmente a descrición feita, a todo o alumnado do Centro.Finalmente realizouse un vídeo no que recollemos os seus creativos e vistosos traballos.
MONSTRUOSO TRABALLO RAPACES
 NORABOA!!!! 
 
                          

sábado, 15 de marzo de 2014

MULLERES CIENTÍFICAS (SEMANA DA MULLER)

MULLERES CIENTÍFICAS 
Na semana do 10 ao 14 de marzo traballamos no Centro A SEMANA DA MULLER . Este ano decidimos adicarllo a algunhas mulleres científicas que ao longo da historia da humanidade favoreceron o avance deste campo do saber e que contribuiron de forma notable ao coñecemento. A achega das mulleres á ciencia remóntase a hai 3200 anos. Os seus traballos e os seus logros foron, indubidablemente, decisivos para o coñecemento da Ciencia e para facer deste un mundo mellor. Magoa que durante moitos anos a repercusión e o coñecemento que tivemos sobre o seu traballo e sobre elas mesmas fora escaso, ou que mesmo pasase inadvertido. Adicámosllo tamén a Mª JOSÉ ALONSO e a ALICIA ESTÉVEZ que veñen de ingresar na ACADEMIA DA CIENCIA GALEGA

 

mércores, 5 de marzo de 2014

O RÍO LECTOR (Documento para familias)

O ALUMNADO DE 4º B PROPONNOS  NESTE FANTÁSTICO TRABALLO, ADAPTACIÓN DE  "LA CUENCA DEL RÍO LECTOR", FACER UNHA VIAXE POR UN RÍO DENDE O SEU NACEMENTO ATA A DESEMBOCADURA AO MESMO TEMPO  DISFRUTANDO DESTA  TRAVESÍA.  A VIAXE FARÉMOLA DA MAN DE JOAN PORTELL RIFÁ , PEDAGOGO E ESCRITOR DE CONTOS PARA NEN@S, QUE NOS EXPLICARÁ AS DIFERENTES PARTES DUN RÍO COMPARÁNDOAS CO CAMIÑO DE FORMACIÓN DOS LECTORES.
¡POÑÉDEVOS CÓMODOS, ENCHÉDEVOS DE FANTASÍA E A DISFRUTAR...!

                       

RÍO LECTOR

                        
More PowerPoint presentations from xistina 


martes, 4 de marzo de 2014

TALLER DE POESÍA NA SEMANA DE ROSALÍA

Como xa vos comentamos durante a semana adicada a Rosalía toda as aulas do cole prepararon unidades didácticas sobre Rosalía e sobre a poesía escollida, que logo recitáronse a todos os nenos/as do cole. O alumnado de 4º A  fixo un OBRADOIRO DE POESÍA centrado na flora e na fauna do río Sar que andaban a traballar. Como homenaxe a Rosalía e aos seus poemas sobre este río , este grupo recitou as súas propias composicións e que vos presentamos. ¡ Moi bo traballo rapaces!


martes, 18 de febreiro de 2014

ROSALIA DE CASTRO

O día 24 de febreiro conmemórase DÍA DE ROSALÍA.



Durante esta semana en todas as aulas do noso Centro preparamos diferentes unidades didácticas sobre Rosalía e pretendemos achegar ao noso alumnado moitas das poesías desta autora.
 Fixemos unha escolla de poemas nos que a autora nos fala do río, dos lavadoiros, das fontes... Recitaranse no Centro e nun acto que tera lugar o día 23 de febreiro no Concello de Ames.
VER ENLACE
  Segundo consta na biografía editada na web pola FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO: " Non se pode probar en que fogar -ou fogares- viviu antes de outubro de 1842. Na tradición da familia paterna asegúrase que foi coidada –sen precisar datas- polas tías María Josefa e Teresa Martínez Viojo na parroquia de Ortoño, na casa onde nacera seu pai, denominada Castro de Ortoño (lugar de Tarroeira)". 

   Deixamos enlaces a diferente material web non sen antes dar as grazas a todos aqueles que tiveron a xentileza de compartilo.

http://dl.dropboxusercontent.com/u/22431202/rosalia/rosalia.html

 SE CLICAS NA IMAXEN TERÁS UN ENLACE A UN LIM PARA ED. INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA.







martes, 11 de febreiro de 2014

TEATRO DE MONICREQUES (LENDAS DOS RÍOS GALEGOS)

                       "PROXECTO ESCOLA CREACTIVA"

 O alumnado de 5º e 6º de Ed Primaria coordinado polo profesorado de Ed.Física e os titores construiron este traballo que vos presentamos paso a paso.

  •  INVESTIGACIÓN NA WEB E ESCOLLA DE LENDAS SOBRE OS RÍOS GALEGOS ENLACE
            - AS FEITICEIRAS DO RÍO SIL
            - AS RAPOSAS DO RÍO MEANDRO
            - A CARREIRA DOS TRES RÍOS
  •   TRANSFORMACIÓN DAS LENDAS EN TEXTOS TEATRAIS.

  •    ELABORACIÓN DOS   MURAIS-ESCENARIO


          


  •   DESEÑO E CONFECCIÓN DOS BONECOS-MONICREQUES PARA A REPRESENTACIÓN 





  • REPRESENTACIÓN TEATRAL DE MONICREQUES PARA O ALUMNADO DE TODO O CENTRO NOS ACTOS CONMEMORATIVOS DO DÍA DA PAZ

 
                         
                                                                                 

martes, 4 de febreiro de 2014

NELSON MANDELA (TRABALLO AULAS PAZ 2014)

Co tema KOTHBIRO(cantado por Ayub Ogada) da banda sonora de "EL JARDINERO FIEL"(Alberto Iglesias) deixámosvos este video, mostra dunha parte do traballo realizado nas diferentes aulas para conmemorar o DÍA DA PAZ adicado neste ano 2014 á memoria de NELSON MANDELA

                    

xoves, 16 de xaneiro de 2014

mércores, 15 de xaneiro de 2014

A NOSA BIBLIOTECA DENDE UNHA MIRADA CREACTIVA

OS PROTAGONISTAS DESTES VIDEOS SON OS ALUMN@S DE 6º, QUE NOS PRESENTAN A BIBLIOTECA ESCOLAR DENDE UNHA MIRADA CREACTIVA, DENTRO DO PROXECTO "ESCOLA CREACTIVA" 


martes, 14 de xaneiro de 2014

GUÍAS PARA FAMILIAS FAVORECEMOS HABILIDADES DE SOCIALIZACIÓN

OS SERES HUMANOS SOMOS SERES SOCIAIS E POLO TANTO DEBEMOS ADQUIRIR HABILIDADES QUE NOS PERMITAN INTERACCIONAR CO NOSO ENTORNO MÁIS PRÓXIMO. DENDE O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN EDITAMOS A 1ª GUÍA DE FAMILIAS PARA O CURSO 2013-14 E QUE LEVA POR TÍTULO FAVORECEMOS HABILIDADES DE SOCIALIZACIÓN.



domingo, 5 de xaneiro de 2014

ESCOLA CREATIVA


 MANUEL MIGUÉNS, COMPAÑEIRO EN PRÁCTICAS NO NOSO COLE FOI O PROMOTOR DESTE PROXECTO INNOVADOR NO NOSO CENTRO


 
Pretendemos,a través  desta iniciativa, a exploración e experimentación doutras posibilidades de facer escola. Isto é, doutras formas de vivir o centro e a aula, que nos permitan coñecernos e entendernos mellor, aprender mellor, ensinar mellor e convivir mellor, a partires da creatividade, da reflexión, da diversidade de motivacións e intereses persoais, da transformación da realidade que nos rodea e de moitas ganas de pasalo ben. O proxecto escolacreactiva é, en resumo, unha pequena e humilde aproximación transversal cara a incorporación e integración curricular de aspectos tan importantes como a creatividade, a intelixencia emocional, a autonomía, o pensamento crítico ou a procura dunha utópica felicidade sostible, tentando de reactivar, se cabe aínda máis, a vida do noso centro, en base a reflexionar, actuar e, tamén, a divertirnos. Con este obxectivo, serán unha constante no desenvolvemento deste proxecto ferramentas pedagóxicas como:  
  • O uso das artes como vehículo para unha aprendizaxe interdisciplinar.  
  • A procura de comportamentos creativos, buscando a orixinalidade dentro das motivacións máis íntimas e persoais.
  • A fabricación e posta en marcha de situacións orixinais e insólitas que provoquen expectación, diversidade de reaccións e emocións, sobre as cales reflexionar.
  • A estreita colaboración entre mestr@s de distintas áreas curriculares (e mesmo de diferentes ciclos) co obxecto de desenvolver experiencias de ensino globalizado, fomentando as relacións interpersoais e a mellora da convivencia.(Texto e fotografías Manuel MIguéns)

venres, 3 de xaneiro de 2014

TRAÉDEME HISTORIAS FALADOIROS NO MUÍÑO

AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA MOSTRA DAS ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NO PRIMEIRO TRIMESTRE EN FALADOIROS NO MUÍÑO. ANIMAMOS A TODOS OS PAIS/NAIS AVÓS/AVOAS A CONTINUAR PARTICIPANDO NESTE FERMOSO PROXECTO, QUE ESTÁ TENDO UNHA ESTUPENDA ACOLLIDA. COLABORANDO TODOS OS RENDEMENTOS SON MOITO MÁIS ALTOS, OS NEN@S DISFRUTAN MOITÍSIMO DOS VOSOS RELATOS APORTÁNDOLLE UN GRAN ENRIQUECEMENTO PERSOAL E GRUPAL. DÁMOSVOS DE NOVO AS GRAZAS POLO VOSO ENTUSIASMO.

mércores, 1 de xaneiro de 2014

LENDO ESPERO E NON ME DESESPERO ( EXPOSICIÓNS BIBLIOGRÁFICAS)

Amosamos unha presentación das exposicións bibliográficas que levamos a cabo durante o 1º trimestre co fin de achegar a lectura a familias e alumnado, dar a coñecer a todos os membros da Comunidade Educativa os fondos relacionados co proxecto RIADA DE LIBROS e os libros  dos que dispoñemos na biblioteca escolar, que teñen como temática o relacionado con diferentes conmemoracións, neste caso O MEDO-SAMAÍN