O día 24 de febreiro conmemórase o DÍA DE ROSALÍA.
Durante esta semana en todas as aulas do noso Centro preparamos diferentes unidades didácticas sobre Rosalía e pretendemos  achegar ao noso alumnado moitas das poesías desta autora.
 Fixemos unha escolla de poemas nos que a autora nos fala do río, dos lavadoiros, das fontes... Recitaranse no Centro e nun acto que tera lugar o día 23 de febreiro no Concello de Ames. 
VER ENLACE
VER ENLACE
Segundo consta na biografía editada na web pola FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO: " Non se pode probar en que fogar -ou fogares- viviu antes de outubro de 1842. Na tradición da familia paterna asegúrase que foi coidada –sen precisar datas- polas tías María Josefa e Teresa Martínez Viojo na parroquia de Ortoño, na casa onde nacera seu pai, denominada Castro de Ortoño (lugar de Tarroeira)".
   Deixamos enlaces a diferente material web non sen antes dar as grazas a todos aqueles que tiveron a xentileza de compartilo.
 SE CLICAS NA IMAXEN TERÁS UN ENLACE A UN LIM PARA ED. INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA.

