No programa da BIBLIOTECA ESCOLAR do centro temos un apartado ao que lle chamamos FALADOIROS NO MUÍÑO . A este proxecto están invitados todos os membros da Comunidade Educativa para que compartan as súas experiencias.
Mª Teresa Testa Pérez, avoa dunha alumna de 4º de primaria tivo a ben compartir con todo o alumnado de 4º todo o seu saber sobre o tema : A AUGA NOS TEMPOS DOS AVOS
Apoiada por unha presentación en Power Point elaborada por ela mesma e cedida ao Centro para a súa publicación, explicoulle aos nenos como quentaban a auga, que utensilios utilizaban para recollela, como lavaban e tendían a roupa, a importancia das fontes na época dos nosos avós... Os rapaces aprenderon un montón,escoitaron atentamente interesados polo tema e fixeronlle moitas preguntas. Vaia o noso agradecemento por compartir todo o seu saber
Amosamos a presentación titulada : A AUGA NOS TEMPOS DOS AVÓS e visionamos dous videos de todo canto con ela aprendemos.