Páginas

Páginas

martes, 5 de marzo de 2013

MALVELA NO COLE

E VAN VIR AO NOSO COLE .!!!!!!! É UN HONOR PARA NÓS PODER CONTAR NO DÍA DA MULLER CON OITO REPRESENTANTES DO GRUPO MALVELA. ESTAMOS ENCANTADOS, ABRAIADOS, ESTAMOS MOI "PIRIMPIMPIN"!!!!!!!
O ALUMNDO ESTÁ PREPARANDO UNHA ENTREVISTA PARA ENCHOUPARNOS DE TODA A EXPERIENCIA,  A TRADICIÓN A MÚSICA E A CULTURA DESTAS MULLERES QUE LOITARON POLOS SEUS SOÑOS E POR PODERNOS ACHEGAR  A FRESCURA DAS NOSAS CANTIGAS E TRADICIÓNS . XA VOS IREMOS CONTANDO DE MOMENTO TODOS A CANTAR O PIRIMPIMPIN.


Teño dentro do meu peito…
unha laranxa partida
para darlle o meu amor,
o pirin pirimpimpin
para darlle a miña vida
pirimpimpin pim pim pim pim
manolo vira pra ca,
maria vira pra aqui,
De Portugal me mandaron,
tres peras nun ramaliño
quen me dera a mi sabere
quen me ten tanto cariño
o pirin pirimpimpin
pirimpimpin pim pim pim pim
manolo vira pra ca,
maria vira pra aqui,
do outro lado do rio
do outro lado meu ben
do outro lado do rio
o pirin pirimpimpin
teño a quen lle quero ben
pirimpimpin pim pim pim pim
manolo vira pra ca,
maria vira pra aqui,
O entrar en sanguiñeda
hay un lexo de letreiro
que sempre esta a dicir
o pirin pirimpimpin
portugal meu compañeiro
pirimpimpin pim pim pim pim
manolo vira pra ca,
maria vira pra aqui,
rebola o pai
rebola a nai
rebola a filla
eu como son da familia
tamen quero rebolar
pirimpimpin pim pim pim pim
manolo vira pra ca,
maria vira pra aqui,
rebola o pai
rebola a nai
rebola a filla
eu como son da familia
tamén quero rebolar
pirimpimpin pim pim pim pim
manolo vira pra ca,
María vira para aquí.