O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA TRABALLOU DURANTE TODO O CURSO A PRENSA. O XORNAL É UN ELEMENTO PEDAGÓXICO NO PROCESO DE APRENDIZAXE. SERVE DE MEDIO PARA ADQUIRIR MAIOR COMPETENCIA LINGÜÍSTICA E ADEMAIS O ALUMNADO DESENVOLVE O SENTIDO CRÍTICO QUE CONTRIBUIRÁ DE AXUDA PARA A SÚA FORMACIÓN COMO PERSOAS
Páginas
▼
Páginas
▼
luns, 18 de marzo de 2013
domingo, 17 de marzo de 2013
MALVELA:ESPLENDIDAS, BOAS E XENEROSAS.
FOI UNHA INCREIBLE EXPERIENCIA. MULLERES BOAS E XENEROSAS, DESINTERESADAS, ALEGRES E DIVERTIDAS, MULLERES TRABALLADORAS QUE FORON QUEN DE IMPRIMIR NOS CATIVOS A NOSA MÚSICA E TRADICIÓN E QUE CO SEU EXEMPLO E A SÚA VOZ DEIXARON CONSTANCIA DE TODO O QUE SE LEVA FEITO POLA SAIDA CARA A LIBERDADE DAS MULLERES PERO TAMÉN LEMBRARON TODO O QUE AÍNDA QUEDA POR FACER
MIRADE O VIDEO CORRESPONDENTE AO FIN DA ENTREVISTA CO ALUMNADO DE ED. PRIMARIA. FOI UN HONOR PODER COMPARTIR CON ELAS ESTE DÍA QUE REMATOU CUNHA EMOCIONANTE E INESPERADA DESPEDIDA.
sábado, 9 de marzo de 2013
ANIMACIÓN Á LECTURA CARE SANTOS
Despois de lectura do seu libro " SE VENDE MAMÁ"CARE SANTOS NO NOSO CENTRO O alumnado de 3º de primaria fíxolle unha entrevista sobre a súa vida, os seus libros, as súas próximas publicacións ademais de facerlle entrega dos traballos que elaboraron sobre o seu libro.
SE VENDE MAMÁ é o último premio Barco de Vapor. A súa autora, Care Santos, nesta ocasión, camúflase tras un neno, Óscar, de 8 anos e cóntanos, de xeito divertida, próxima e moi real, os conflitos e as dúbidas que pode ter un neno acerca da súa nai
A CONTADORA CARLA CAPEÁNS RECREA:
DEZ PIRATAS Gloria Sánchez cóntanos nun ton moi humorístico e cheo de ritmo, a historia de dez piratas que saen en busca dun tesouro e que, polo camiño, van desaparecendo ata que só queda o loro.
LER PERMITE VIAXAR COA IMAXINACIÓN A MUNDOS QUE DOUTRA FORMA NON SE PODERÍA CHEGAR.
SE VENDE MAMÁ é o último premio Barco de Vapor. A súa autora, Care Santos, nesta ocasión, camúflase tras un neno, Óscar, de 8 anos e cóntanos, de xeito divertida, próxima e moi real, os conflitos e as dúbidas que pode ter un neno acerca da súa nai
A CONTADORA CARLA CAPEÁNS RECREA:
DEZ PIRATAS Gloria Sánchez cóntanos nun ton moi humorístico e cheo de ritmo, a historia de dez piratas que saen en busca dun tesouro e que, polo camiño, van desaparecendo ata que só queda o loro.
LER PERMITE VIAXAR COA IMAXINACIÓN A MUNDOS QUE DOUTRA FORMA NON SE PODERÍA CHEGAR.
martes, 5 de marzo de 2013
MALVELA NO COLE
E VAN VIR AO NOSO COLE .!!!!!!! É UN HONOR PARA NÓS PODER CONTAR NO DÍA DA MULLER CON OITO REPRESENTANTES DO GRUPO MALVELA. ESTAMOS ENCANTADOS, ABRAIADOS, ESTAMOS MOI "PIRIMPIMPIN"!!!!!!!
O ALUMNDO ESTÁ PREPARANDO UNHA ENTREVISTA PARA ENCHOUPARNOS DE TODA A EXPERIENCIA, A TRADICIÓN A MÚSICA E A CULTURA DESTAS MULLERES QUE LOITARON POLOS SEUS SOÑOS E POR PODERNOS ACHEGAR A FRESCURA DAS NOSAS CANTIGAS E TRADICIÓNS . XA VOS IREMOS CONTANDO DE MOMENTO TODOS A CANTAR O PIRIMPIMPIN.
Teño dentro do meu peito…
unha laranxa partida
para darlle o meu amor, o pirin pirimpimpin para darlle a miña vida pirimpimpin pim pim pim pim manolo vira pra ca, maria vira pra aqui, De Portugal me mandaron, tres peras nun ramaliño quen me dera a mi sabere
quen me ten tanto cariño
o pirin pirimpimpin pirimpimpin pim pim pim pim manolo vira pra ca, maria vira pra aqui,
do outro lado do rio
do outro lado meu ben do outro lado do rio o pirin pirimpimpin teño a quen lle quero ben pirimpimpin pim pim pim pim manolo vira pra ca, maria vira pra aqui, |
O entrar en sanguiñeda
hay un lexo de letreiro que sempre esta a dicir o pirin pirimpimpin portugal meu compañeiro pirimpimpin pim pim pim pim manolo vira pra ca, maria vira pra aqui, rebola o pai rebola a nai rebola a filla eu como son da familia tamen quero rebolar pirimpimpin pim pim pim pim manolo vira pra ca, maria vira pra aqui, rebola o pai rebola a nai rebola a filla eu como son da familia tamén quero rebolar pirimpimpin pim pim pim pim manolo vira pra ca,
María vira para aquí.
|