mércores, 20 de novembro de 2024

FALADOIRO DO MUÍÑO 2

Nesta ocasión, tivemos a visita da nai de Manu que visitou a aula de 4 anos B.

"O MAR NUNHA BOTELLA"

A mamá de Manu, veu a clase e contounos un conto titulado: "A vella quenlla perde os dentes" Esta vella e despistada quenlla unha noite confundiu unha pedra cunha rica e saborosa madalena......

 Despois, (por se botamos moito de menos o mar, e o queremos ter máis preto de nós) fíxonos un precioso experimento: metemos unha morea de pedriñas e cunchas dentro dunha botella, e enchémola con agua, aceite e unhas gotiñas de colorante alimenticio. Ao axitala podiamos ver as ondas do mar e as burbullas.

Grazas pola túa colaboración.

Preme na imaxe








luns, 18 de novembro de 2024

CERTAME VÁKNER: CONTOS DE MISTERIO NO CAMIÑO

Estes días, a nosa alumna Iria, de 6° de Primaria logrou o 5° premio do certame literario Territorio Vákner. Esta é a 4a vez que Agro do Muiño consigue este premio. Hai moi boa canteira de literatos no cole. Parabéns, Iría! A por moitos triunfos máis.



mércores, 13 de novembro de 2024

CONTACONTOS DE 5º C ao alumnado de 4 anos A

 O alumnado de 4 anos A , recibiu a visita duns alumnos de  5º de Primaria C e levaron unha sorpresa xa que lles contaron un conto. Estiveron moi atentos e quedaron con gañas de máis.

Preme na imaxe



martes, 12 de novembro de 2024

Así investigamos coa maleta mariñeira do CEIDA

 Este mes tivemos a sorte de desfrutar, o 1º e 2º ciclo, da Maleta Mariñeira: Explorando os océanos do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA). Nela atopamos un montón de información relacionada co medio mariño para dar a coñecer e promover a cultura mariña e o coñecemento dos océanos na comunidade educativa, coñecida como 'cultura oceánica', así como as actuais problemáticas ambientais que ameazan a súa conservación, como a emerxencia climática ou o lixo mariño. 

Preme na imaxe



luns, 11 de novembro de 2024

CONTACONTOS DE 5º C ao alumnado de 5 anos B

 O alumnado de 5 anos B , recibiu a visita duns alumnos de  5º de Primaria C e levaron unha sorpresa xa que lles contaron un conto. Estiveron moi atentos e quedaron con gañas de máis.

Preme na imaxe




FALADOIRO DO MUÍÑO 8

 André García, realizou o Faladoiro “Adestramento e vixiancia das costas” co alumnado de 4º B e 6º B de primaria.

Moitas grazas pola túa colaboración.

Preme na imaxe



mércores, 6 de novembro de 2024

CONTACONTOS DE 5º C ao alumnado de 5 anos A

 O alumnado de 5 anos A , recibiu a visita duns alumnos de  5º de Primaria C e levaron unha sorpresa xa que lles contaron un conto. Estiveron moi atentos e quedaron con gañas de máis.

Preme na imaxe




xoves, 31 de outubro de 2024

Cabazas de Samaín

 Aquí tendes as fotos das cabazas tan sorprendentes e orixinais deste Samaín moi mariño...

Preme na imaxe para velas todas...



GRAZAS A TODAS AS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN!

martes, 29 de outubro de 2024

LECTURAS COMPARTIDAS TERRORÍFICAS

 Lecturas compartidas do alumnado de 4° á rapazada de 1°. Contos terrorificamente divertidos.

Preme na imaxe



venres, 25 de outubro de 2024

FALADOIRO DO MUÍÑO 1

 Para inagurar este curso a actividade de "Faladoiros do Muíño", contamos con Alejandro Fojo,  “En busca do tesouro" que visitou a aula de 4 anos A.  

PREME NA IMAXE


Mochilas Viaxeiras

 Hoxe saen as mochilas viaxeiras con moitas gañas de ir de onda en onda e casa por casa mergullándose nos vosos fogares, corazóns e emocións.