Páginas

Páginas

venres, 26 de abril de 2024

Faladoiros 23-24. Nº10. As emocións e como xestionalas

 Esta semana visitounos Daniela, nai de Hugo Barreiro, para falarnos das emocións, de como recoñecelas e sobre todo de como podemos xestionalas no noso día a día. Foi unha actividade divertida e moi emotiva na que a rapazada reflexou os seus medos con debuxos, puxolle nome a esas cousiñas que sinten, bailamos e tamén mostramos aos demáis as boas emocións de moitas formas. Para rematar recibiron un bonito agasallo pola sua parte.

Moitísimas gracias Daniela pola tua implicación e por ser como eres!





martes, 23 de abril de 2024

Mercado da semana do día do libro

 Como iniciativa para a semana da libro dende Agrobiblio organizamos un mercado para darlle unha segunda vida aos libros que estamos expurgando da biblioteca. "Conto, conta, gato" é unha colaboración coas colonias de gatos de Bertamiráns para recaudar artículos para gatos a cambio de eses libros de expurgo... e xa vedes, a iniciativa foi todo un éxito! Temos Agrobiblio a rebentar!

Xa sabes: Enraízate no Agro!



luns, 22 de abril de 2024

Faladoiros 23-24. Nº9. As células da sangue

Natalia, a nai de Lucía Arevalillo, é bióloga e traballa no laboratorio do CHUS. Explicounos un pouco en que consistía o seu traballo e trouxo a maqueta dunha arteria para explicar os distintos tipos de células que podemos atopar no sangue. Por último, trouxo mostras dos tipos de tubos, frascos e palomitas para facerlles unha pequena demostración.

Foi todo un éxito e aprendemos un montón sobre como funciona o noso corpo por dentro.



Conto conta gato

Que é "Conto, conta, gato"?

É un mercado de libros que organiza Agrobiblio onde o alumnado poderá trocar un libro de expurgo por un artículo para gatos que se donará ás colonias de gatunos de Bertamiráns.

Quédate a ver o vídeo e explicámosche polo miúdo!


Queres saber máis?

Aquí tes o noso tríptico explicativo.



luns, 8 de abril de 2024

2 de abril. Día do conto infantil

Con este motivo e formando parte do seu plan de traballo, os nenos e nenas de 5° de infantil A, inventaron con Iván Rey, alumno en prácticas, este fermoso conto titulado: "A princesa e o coello que se fixeron amigos". Unha creación feita 100% por eles e elas!. Uns artistas! Desfrutade del.


Enraízate no Agro!