Páginas

Páginas

luns, 28 de novembro de 2022

FALADOIROS NO MUÍÑO 2

 Nesta ocasión, viñeron Noa e Juan, pais de Alma e Clara, de 5 anos A, a facernos varios experimentos: maicena alucinante, choiva e neve! Foi estupendo!!

preme na imaxe




venres, 25 de novembro de 2022

25 N: QUE NON NOS PIQUEN OS OLLOS

 Para complementar as accións desenvolvidas nesta semana e adicadas o 25 N, e igual que outros anos, o alumnado, de xeito voluntario,  virá vestido de cor negra ou violeta e fotografiarémonos diante dun photocall: un mural resultado do traballo colectivo de todas/os. Farémonos unha foto coas lentes violetas para, como di a artista  á que queremos homenaxear, non “ser cómplices do medo”.

ESTE FOI O RESULTADO!!! PREME NA IMAXE


Algúns traballos realizados nas distintas aulas

preme na imaxe





xoves, 24 de novembro de 2022

25 N: Podcast: "Pícanme os ollos"

 Ao longo da semana do 21 ao 25 de novembro no CEIP Agro do Muíño conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A partires da canción “Pícanme os ollos” da artista Guadi Galego xunto a DePedro, fíxose unha reflexión sobre a violencia exercida contra as mulleres, pero tamén contra as nenas e os nenos, Isto foi posible a partir do visionado de curtas e lectura de contos, afondando nos estereotipos que a sociedade transmite ás crianzas en base ao xénero e como isto acaba desembocando nunha desigualdade de dereitos e oportunidades que sofren as mulleres. Como produto final, e en relación ao proxecto de centro deste curso, elaboramos un podcast onde cada aula gravou a frase “Pícanme os ollos” nos distintos idiomas dos países que se están a traballar. Deste modo reanudamos a actividade da radio e non se nos ocorre mellor xeito de facelo que lanzando unha mensaxe ao mundo: “Que o teu machismo non se converta no meu problema”. (ao fío da campaña do Concello de Ames, xogando coas palabras do lema e dándolles a volta).

PREME NA IMAXE



martes, 22 de novembro de 2022

25 N 2022

 Ao longo desta semana estamos a traballar sobre o tema do

Día Internacional contra a violencia cara as mulleres.

O equipo de biblioteca eleborou unha exposición de materiais.

venres, 18 de novembro de 2022

DÍA DO PIXAMA

 Chegou o DÍA DO PIXAMA!!!

Para celebralo, nos sumamos á iniciativa de ACOUGONENAS, NENOS E ADOLESCENTES do Sistema de Protección! 

Polo seu dereito a medrar en familia, ás súas orixes e todos os dereitos que teñen recoñecidos, e que non sempre son respectados.

 Ir en pixama ao cole quere representar ese momento que se vive ao ir para cama, cando se arroupan, se conta un contiño e falamos de como foi o día. Moitos nenxs que non poden vivir coa súa familia, precisan familias para poder vivir estes momentos como xs demais. 

Porque aínda que nos centros residenciais os coidan moi ben, non viven en familia... E como sabemos, vivir en familia é un dereito!!!


Ademais, o alumnado de 3º e 4º de Primaria, tiveron unha charla por unha representante da Asociaicón de Acougo. Moitas grazas por compartir a vosa labor!!!


PREME NA IMAXE PARA VERNOS EN PIXAMA




Portadas dos libros do Itinerario Lector

 Aquí temos as portdas dos libros que os equipos docentes xunto co equipo de biblioteca, seleccionaron para este curso!!!

xoves, 17 de novembro de 2022

DEREITOS DA INFANCIA

 Esta semana é unha das mais importantes do ano, a piques de chegar o día no que celebramos os Dereitos da Infancia e Adolescencia!

O 20 de novembro!!!

 

Mañá día 18, para celebralo, tamén nos sumamos á iniciativa de ACOUGO:

NENAS, NENOS E ADOLESCENTES do Sistema de Protección!

 

Polo seu dereito a medrar en familia, ás súas orixes e todos os dereitos que teñen recoñecidos, e que non sempre son respectados.

 

Ir en pixama ao cole quere representar ese momento que se vive ao ir para cama, cando se arroupan, se conta un contiño e falamos de como foi o día. Moitos nenxs que non poden vivir coa súa familia, precisan familias para poder vivir estes momentos como xs demais.

 

Porque aínda que nos centros residenciais os coidan moi ben, non viven en familia... E como sabemos, vivir en familia é un dereito!!!

mércores, 16 de novembro de 2022

COMEZAN OS FALADOIROS NO MUÍÑO

 Hoxe reinaguramos de novo a actividade

 "FALADOIROS NO MUÍÑO".

Neste FALADOIRO Nº 1: 

APRENDENDO CIENCIA CON IRENE

Neste mes da Ciencia en Galego, o alumnado de 6º de Ed. Infantil, realizaron o experimento "Carreira de cores", para explicar a capilaridade e viron varios seres vivos como un cabaliño do demo, un sapo, polilla de calavera, un escorpión, unha abella, a camisa dunha serpe, varios niños de paxaros e o cráneo dunha ave mariña.

Moitas grazas a Irene pola súa colaboración!!!

preme na imaxe




martes, 15 de novembro de 2022

As nenas e nenos do Consello sectorial de Ames participan no X Foro de Participación Infantil Parlamento de Galicia-Unicef

 O Parlamento de Galicia acolleu este mediodía a décima edición do foro infantil organizado coa colaboración de Unicef, contemplado expresamente no Pacto Galego pola Infancia rubricado polos grupos que integran a Cámara autonómica. En dito foro participaron nenas e nenos do Consello sectorial de Ames xunto con representantes dos consellos locais de participación infantil e adolescente de Moeche, Teo, Viveiro, Moaña, Ponteareas, Tomiño, Redondela, Nigrán, Castrelo de Miño, Cabanas e Burela. Xunto ás nenas e nenos de Ames acudiron a concelleira de Benestar Social, Luísa Feijóo, e mailo técnico da Oficina de Voluntariado de Ames, Rubén Ramos. A saúde mental e a non discriminación das nenas e nenos foi un dos aspectos abordados polos consellos locais de participación infantil e adolescente.

En representación do Consello sectorial de Ames a voceira foi Xiana Pousa Pazos. Xunto á Xiana estiveron sentadas/os no escanos do Parlamento de Galicia do noso centro:  Antón Oliveira Varela, , mentres que de público asistiron Helena Guillén Gil e Nerea Brión Arufe. 

Propostas das nenas e nenos de Ames

A voceira do Consello sectorial de Ames, Xiana Pousa Pazos, foi a encargada de poñer voz ás propostas de todos os seus compañeiros e compañeiras. Deste xeito, propuxo non consumir substancias tóxicas (coma o tabaco, alcol ou outras drogas) tanto nas casas, coma nos centros educativos e, en xeral, en toda a comunidade de Ames; e que nos anuncios e cartaces de Ames se amose a diversidade de corpos e persoas para que as nenas, nenos e adolescentes poidamos crecer nunha sociedade máis respectuosa, empática, e tolerante coa diversidade.

Tamén solicitou loitar contra aqueles modelos de comportamento que, trasladados dende diferentes medios de comunicación, amosan exemplos de irresponsabilidade e falta de respecto cara outras persoas, con modos de participar erróneos, termos malsoantes, e outros xestos incorrectos que as persoas poden acoller como modelo e chocan contra o interese das nenas e nenos do FoPIA de construír unha sociedade máis empática, respectuosa, e educada; e seguir apostando pola programación de actividades para a poboación infantil e adolescente de Ames.

Por último, propuxo crear un espazo para nós, para socializar e realizar outras actividades que nós solicitemos, como por exemplo charlas que nos interesen, ou outras; e que as nenas, nenos e adolescentes teñamos acceso en Ames a unha persoa psicóloga que nos axude a coidar a nosa saúde mental. Ademais, que esa persoa psicóloga sexa accesible a toda a infancia e adolescencia independentemente da condición de cada familia coidadora ou persoa.

A presidenta de Unicef Comité Galicia, Myriam Garabito, destacou da intervención de Xiana a mención que fixo ás palabras respecto, igualdade e educación para que se puidesen converter nunha realidade.

A concelleira de Benestar Social, Luísa Feijóo, destacou “a calidade e a claridade das propostas formuladas polos voceiros e voceiras dos Consellos representados”. Tamén puxo en valor “o gran traballo feito polos nosos nenos e nenas que demostran día a día e sesión a sesión a súa capacidade de traballo, a madurez das súas ideas e iniciativas, as leccións que nos dan en participación e democracia e máis se temos en conta que os nosos son nenos e nenas de primaria. Eles son o futuro e o futuro promete”.

preme na imaxe



sábado, 12 de novembro de 2022

MAGOSTO 22

 Boas! Onte o alumnado do cole disfrutou dunha festeira xornada de castañas e música. Pasárono xenial!!! Grazas á ANPA pola colaboración. Pasárono moi ben bailando rock co concerto de "A  CASA DO ROCK".

-


mércores, 9 de novembro de 2022

EXPERIMENTO 1º A

 EXPERIMENTO: "IMPRESIÓNS DIXITAIS"

O alumnado de 1º A, realizou este experimento comezando por explorar cos seus sentidos.

Ninguén no mundo ten unhas impresións dixitais como as túas. Somos máis de 7.000 millóns de persoas no mundo. Mais aínda que tiveras un xemelgo ou xemelga, non tería unhas impresións dixitais como as túas.

preme na imaxe





martes, 8 de novembro de 2022

FORMACIÓN: DISCIPLINA POSITIVA

 Onte, o claustro do noso centro asistiu a formación de "DISCIPLINA POSITIVA" na biblioteca da man de 

Lara Arribas e Eva Muñoz.

Déronnos varias ferramentas moi valiosas para o día a día co noso alumnado. 

Estivo moi interesante e abriunos unha nova mirada na nosa labor docente.

preme na imaxe



venres, 4 de novembro de 2022

MES DA CIENCIA EN GALEGO

 

Novembro, Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas  2022


"A ciencia está chea de momentos épicos coma este. Coñecelos e transmitilos é un deber no que todos, non soamente os que somos científicos, debemos participar. Amigos: temos unha historia da ciencia tan rica como descoñecida. Cando leades unha historia coma esta, facédea vosa e transmitídea, porque cada vez que a contedes estaredes sementando a curiosidade pola ciencia e contribuiredes a facer medrar no noso pobo unha cultura científica moi necesaria, que nos permitirá avanzar como sociedade e nos fará máis libres." José Tubío
 
Desde a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS. Iníciase esta actuación coa elección dunha imaxe e a difusión dun texto, a modo de  MANIFESTO, de José Tubío, profesor, investigador principal e divulgador na USC. Desde 2016 dirixe eogrupo de investigación Xenomas e enfermidade do CiMUS. En maio de 2022 recibíu o Premio Internacional de Investigación Oncológica Científica y Técnica Ramiro Carregal na modalidade de talentos emerxentes pola "súa contribución en varios dos descubrimentos máis importantes no campo da xenómica do cancro". 
 
O manifesto para este ano 2022, baixo o título "O deber de coñecer e transmitir a nosa historia científica" abrirá moitas rutas de traballo e investigación coas que poder berrar "Terra á vista" desde as nosas bibliotecas escolares.


Durante o mes, a ciencia será a protagonista e encheremos a nosa Agrobiblio de ciencia e "pequecientíficxs" de todas as idades.


Como o curso pasado, dispoñemos en Agrobiblio da "Maleta de primeiros experimentos de ciencia Snacklab" do CAFI.


xoves, 3 de novembro de 2022

TEMOS NOVOS XOGOS

 Nesta ocasión, presentamos os novos xogos que temos na biblioteca. 

Así que achégate a Agrobiblio nos recreos!!!


AS NOSAS CABAZAS DE SAMAÍN

 Este curso, en colaboración coas familias realizamos unha gran exposición de cabazas.

Este foi o resultado!!!


XA QUE O LEMA DESTE CURSO DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES É  "ESCRIBIR A BIBLII OTECA"  na festa pola tarde realizouse un conto colaborativo de samaín entre as familias que acudiron a festa!!! 

se queres saber como é...preme na imaxe


A CONTINUACIÓN, PODEDES VER ALGÚNS EXEMPLOS DOS TRABALLOS REALIZADOS NAS DISTINTAS AULAS POLO SAMAÍN!!!




mércores, 2 de novembro de 2022

AS MOCHILAS VIAXEIRAS

 O pasado venres 28 de outubro, iniciaron as viaxes das mochilas viaxeiras!!!

Este curso, unha vez mais, todo o centro desfrutaráas nas súas casas e , o mais importante de todo, compartirémolas coas familias.

Nas diferentes mochilas, os contidos escollidos fan referencia á temática do noso proxecto e mais temáticas, sendo seleccionados en colaboración co equipo de biblioteca e os propios titores e titoras adaptándose o máximo posible á idade, intereses e características dos nenos e nenas.

Preme na imaxe para ver como foi!!!